miércoles, 25 de junio de 2008

NOTA INFORMATIVA DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” DE CAMBRE. (Plazas escolares no Temple)


O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre presentará unha iniciativa no próximo Pleno Municipal do dia 26, relativa a carencia de prazas escolares para nen@s de tres anos nos colexios do Graxal II e Portofaro.

O crecemento demográfico a falta de planificación e previsión por parte do Goberno Municipal, está plantexando serios problemas de escolarización para nen@s de primeiro curso de educación infantil, de maneira que varias familias residentes na parroquia do Temple veranse obligadas a efectuar considerables desplazamentos a outros lugares alonxados do seus domicilios para poder escolarizar os seus fillos.

Iste feito supón un esforzo tanto para os propios nen@s como para as súas familias, que pode chegar a impactar negativamente na conciliación da vida laboral e familiar, o que resulta impropio en unha sociedade chamada moderna.

O desenrelo urbanístico na mencionada zona demostra unha vez mais a falta de prvisión na dotación de servicios, que indudablemente teñen que ir paralelos o crecemento demográfico e os auténticos problemas plantexados polos cidadáns.

EU-IU anima os pais e nais a ser esixentes e non ceder no nivel de esixencia de calidade que debe ter a educación dos seus fill@s, como o dereito a escolarización nas mellores condicións. Así mesmo a nosa organización solicitará o Goberno Municipal realice as xestións necesarias para solucionar o grave problema.




Asdo: Grupo Municipal de Cambre
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU REXEITANDO A XORNADA LABORAL DE 65 HORAS

Os ministros de Traballo da Unión Europea aprobaron unha proposta da presidencia eslovena que permitirá a cada Estado membro modificar a súa lexislación para elevar a semana laboral vixente de 48 horas ata 60 horas en casos xerais e a 65 para certos colectivos como os médicos.
Está proposta que ten que ser tramitada en segunda volta no Parlamento Europeo, representa unha grave involución do dereito do traballo. Ameaza con rematar cunha conquista laboral de casi un seculo de duración, como é a semana laboral máxima de 48 horas, un dereito social consagrado pola Organización Internacional do Traballo (OIT) fai 91 anos. Ademaís, o texto vulnera o dereito constitucional español a negociación colectiva e introduce a posibilidade de que o traballador/a renuncie os seus dereitos. A proposta da Directiva é a seguinte:

1) Establece a posibilidade de incrementar a xornada laboral mediante un simple acordo individual entre o empresario e traballador/a, o marxe de toda negociación colectiva.

2) Pretende non considerar como “tempo de traballo” os periodos nos que, ainda permanecendo no lugar de traballo ou estando disponible non se realice traballo efectivo, como no caso das guardias médicas.

Esta proposta aberrante choca frontalmente co obxetivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PPLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:


O Pleno do concello de Cambre insta o Goberno de España a:



RIMEIRO.- Reixeitar a revisión da Directiva Europea de ordenación do tempo de traballo que pretende a ampliación da semana laboral hasta 60 ou 65 horas, a súa imposición por acordo individual o marxe da negociación colectiva e a redefinición a baixa do tempo de traballo

SEGUNDO.- Manter a primacía da negociación colectiva contemplada no artigo 37 da Constitución Española, e avanzar na reducción da xornada de traballo co obxetivo de conciliar a vida familiar e laboral. TECEIRO.- O presente acordo remitirase a:


-Comisión Europea

-Os gobernos dos 27 países membros da Unión Europea.
-O Parlamento Europeo



CAMBRE, a 20 de xuño de 2008

Asdo: Grupo Municipal de EU-IU de Cambre
MOCIÓN PARA ADAPTACIÓN DOS PARQUES DE RECREO PARA ACTIVIDADES DE PERSOAS MAIORES



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:



Actualmente en moitos pobos da nosa Comunidade comezan a crearse parques adaptados para as persoas maiores, con aparellos que posibiliten a realización de exercicio físico cun claro carácter terapéutico.

No noso municipio carecemos de lugares con ditas características, mentres podemos contemplar como en outros concellos se están creando os primeiros desta modalidade. En Cambre corresponde a Corporación é a súa vez o Grupo de Goberno, de buscar alternativas de lecer para os nosos maiores, que sexan á vez un elemento favorable para a súa saúde.

Os Parques de Maiores, son equipamentos adaptados que unen a posibilidade de realizar exercicio saudable dunha forma entretida, coa creación de espazos que facilitan a relación persoal e social entre os maiores. Estes espacios públicos, estan formados por unha serie de elementos modulares adaptados para o seu uso ao aire libre.

Os diferentes aparellos permiten realizar exercicios de mantemento adaptados ás persoas maiores para extremidades superiores, inferiores e tronco. Estes aparellos están baseados nos exercicios de rehabilitación que empregan os fisioterapéutas para mellorar a forma física e a saúde das persoas.



POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN O PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:




PRIMEIRO.- No prazo máximo de tres meses o Goberno Municipal elaborará e someterá a aprobación do Pleno, un Plan de Acondicionamento dos Parques Públicos, de duración cuatrienal, coa finalidade de que todas as parroquias do Concello dispoñan, alomenos de unha destas instalacións.

SEGUNDO.- O acondicionamento dos Parques para persoas maiores dispoñerán de unha zona especifica para a instalación dos aparellos adecuados para a realización de exercicios físicos e terapéuticos. O tamaño dos Parques adaptarase a entidade de poboación da que se trate.

TERCEIRO.- En canto á distribución do espacio, realizarase en función da posibilidade de distintos usos simultaneos, tanto para adultos como para nen@s, primando como elemento básico a seguridade das persoas e a súa limpeza diaria.

CUARTO.- O concello destinará unha partida presupostaria específica para o presente exercicio (2008) e os seguintes tres anos, para levar adiante a presente iniciativa.



CAMBRE, a 20 de xuño de de 2008

Asdo: Grupo Municipal de EU-IU de Cambre

miércoles, 4 de junio de 2008

NOTA INFORMATIVA DE “EU-IU” DE CAMBRE (Recollida do lixo)

O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, presentou unha iniciativa no pleno do pasado dia 29, relativa o incremeto na recollida do lixo, cuio servizo corresponde o Consorcio das Mariñas, a mencionada taxa terá un incremento do 4,2 % correspondente o IPC, tendo como consecuencia que nos últimos catro anos o incremeto do servizo supuxo un 94%.
EU-IU rexeita o incremento, e critica a actitude dos representantes do concello de Cambre no ente supramunicipal, que non son capaces de manifestar as carencias derivadas da calidade do servizo prestado, sobre todo en varios lugares do concello onde non poden acceder os camións polo difícil acceso, tendo que desplazarse os veciñ@s para depositar o lixo nos contenedores, resultando que están pagando por un servizo que non se lles presta.
Así mesmo o noso Grupo Municipal quere manifestar a falta de información relativa os acordos tomados nos plenos do Consorcio, demandando unha vez mais o dereito que teñen os cidadadáns en xeral, e os seus representantes en particular, a estar informados das xestións realizadas polos representantes da Corporación nos distintos organismos, demostrando unha falta de sensibiliade diante dun problema que precisa unha solución urgente e adecuada.

Asdo: Consello local de Cambre