NOTA INFORMATIVA DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” DE CAMBRE. (Plazas escolares no Temple)
O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre presentará unha iniciativa no próximo Pleno Municipal do dia 26, relativa a carencia de prazas escolares para nen@s de tres anos nos colexios do Graxal II e Portofaro.
O crecemento demográfico a falta de planificación e previsión por parte do Goberno Municipal, está plantexando serios problemas de escolarización para nen@s de primeiro curso de educación infantil, de maneira que varias familias residentes na parroquia do Temple veranse obligadas a efectuar considerables desplazamentos a outros lugares alonxados do seus domicilios para poder escolarizar os seus fillos.
Iste feito supón un esforzo tanto para os propios nen@s como para as súas familias, que pode chegar a impactar negativamente na conciliación da vida laboral e familiar, o que resulta impropio en unha sociedade chamada moderna.
O desenrelo urbanístico na mencionada zona demostra unha vez mais a falta de prvisión na dotación de servicios, que indudablemente teñen que ir paralelos o crecemento demográfico e os auténticos problemas plantexados polos cidadáns.
EU-IU anima os pais e nais a ser esixentes e non ceder no nivel de esixencia de calidade que debe ter a educación dos seus fill@s, como o dereito a escolarización nas mellores condicións. Así mesmo a nosa organización solicitará o Goberno Municipal realice as xestións necesarias para solucionar o grave problema.
Asdo: Grupo Municipal de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario