NOTA INFORMATIVA DE "EU-IU" DE CAMBRE
O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, quere poñer de manifesto que ante a carencia no noso concello dun PXOM, e con vixencia dunhas Normas Subsidiarias de Planeamento, en vigor dende o ano 1994, sin ser modificadas nin homologadas a toda unha serie de normas posteriores que afectan o municipio. O amparo das mesmas estanse presentando convenios urbanísticos para o seu desenrolo, que baixo o criterio da nosa organización non obedecen en absoluto as necesidades do desenrolo municipal que precisa o concello, no momento presente.
EU-IU e consciente que existen determinados convenios que terán que adaptarse os cambios lexislativos producidos con posterioridade e non crear entre os veciñ@s situacións de agravios comparativos e de indefesión. En EU-IU queremos transpariencia e solicitaremos informes dos técnicos municipais, e non dudaremos en poñer en mans da Fiscalía os convenios que poidan presentar irregularidades administrativas e que non se axusten a legalidade vixente nin á situación de desenrolo sostible que precisa Cambre.
Os convenios urbanísticos en tramitación, teñen a súa base xuridica nas Normas Subsidiares de Cambre aprobadas no ano 94. Estas Normas clasifican amplias extensións do termino municipal como “Suelo Apto para Urbanizar”. O noso Grupo Municipal considera que están “absoletas” e son unha “reliquia da planificación incosciente e desordenada da etapa pasada”, que nada ten que ver coa realidade actual do noso concello en relación os tempos en que se aprobaron as mencionadas Normas. Cambre precisa con urxencia un PXOM que ten que ser o eixe articulador da política urbanística do futuro do concello.
Asdo: Grupo Municipal de “EU-IU” de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario