MOCIÓN SOBRE A CREACIÓN DUN CÓDIGO ÉTICO DE INCOMPATIBILIDADES DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN.
XUSTIFICACIÓN:
Cada dia mais, manifestase a enorme importancia que ten na actividade política a transpariencia no desenrolo no exercicio do cargo público para o desempeño das súas funcións, velando por respetar os dereitos dos cidadáns. En repetidas ocasións teñen surdido debates nos Plenos Municipais sobre a necesidade de dar resposta eficaz ós acuiciantes problemas derivados de supostas situacións de incompatibilidade dos membros das Corporacións Municipais.
A Lei de Administración Local de Galicia establece (artigo 230) que: “No exercicio do seu cargo, os membros das corporacións locais observarán, en todo momento, as normas sobre incompatibilidades establecidas no ordenamento vixente e asteranse de participar na deliberación, votación, e execución de calquera asunto, se concorren nel algunhas das causas ás que se refire a lexislación sobre procedemento administrativo e de contratos das administacións públicas”
Como sucede con tantas outras normas, o problema do seu cumprimento efectivo está, por unha banda, na posibilidade de burlalas a traveso de innumerables trapalladas que infrinxen o espíritu da Lei, ainda que cumpran a súa letra; e, por outra banda, en que calquera actuación, de non ser recoñecida e sancionada pola propia Corporación á que pertenece o infract@r, non deixa mais camiño que o dos tribunais, que non son un modelo de eficacia e rapidez. O resultado é que, en moitos casos estas situacións son de dominio público pero non chegan formalmente a denunciarse ou a correxirse directamente polos órganos competentes, extendendo un ha falsa imaxe de xeneralización na corrupción na vida pública.
Considera o Grupo Municipal de EU-IU que un órgano democrático coma é a Corporación Municipal de Cambre, debería elaborar e aprobar unhas normas propias que permitan evitar (e, no seu caso detectar e correxir) estas situacións, sempre potencialmente posibles.
POLAS RAZÓNS EXPOSTAS, O GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” PROPÓN Ó PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTE ACORDO:
ÚNICO.- Creación dunha comisión de estudio, informe, integrada polos grupos políticos presentes na Corporación, que terá como función a elaboración e aprobación de un Código Ético que, complementado as normas legais sobre incompatibilidades, impida amparar na léxitima discrepancia política actuacións discordantes coa honestidade coa que debe ser exercido todo cargo público.
CAMBRE, 26 de xullo de 2008
Asdo: Grupo Municipal de “EU-IU”
No hay comentarios:
Publicar un comentario