MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” EN APOIO OS TRABALLADORES DA EMPRESA “MOLDURAS DO NOROESTE. S.L”
XUSTIFICACIÓN:
Molduras do Noroeste e unha empresa industrial da Madeira ubicada no concello de Cambre dende fai 35 anos, que ben precedida de unha longa historia no sector. E un dos exemplos da actividade industrial que existe no noso termino municipal e unha fonte importante de riqueza e emprego para a zona, xerando 83 postos de traballo directos e moitos mais indirectos, a maior parte deles ocupados por veciñ@s do concello. Todo esto sin esquencer as distintas colaboracións por parte da empresa, con entidades preocupadas polo fomento do deporte e a cultura no noso municipio, sendo estes algúns dos motivos polos que a Corporación Municipal concedeulle a medalla de ouro do concello no ano 1.999.
Os actuais propietarios da empresa teñen presentado ante a Delegación de Traballo un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) por un periodo de tres meses afectando a 63 traballador@s, sin ter presentado ante os seus representantes legais un Plan de Viabilidade suficientemente explicativo sobre as causas que o motivan, e establecendo unhas condicións económicas desfavorables para os afectados co consiguinte perxuizo económico pola perda de poder adquisitivo.
Esta decisión por parte da dirección da empresa, pon en risco a continuidade de unha parte da plantilla na empresa madereira, ademais das consecuencias negativas para actividade productiva no noso concello, tendo en conta a preocupante situación de emprego na Comarca, cuxas cifras se incrementaron nos últimos meses.

A preocupación dos traballador@s, e, por extensión, das súas familias e da propia sociedade cambresa e grande, xenerando pesimísmo e incertidume na poboación, o non existir garantias suficientes sobre o mantemento dos postos de traballo e do seu futuro na empresa.
Diante da situación que se aveciña, e a xuizo do Grupo Municipal de EU-IU, compre que o Concello de Cambre por ser a administración mais cercana a cidadanía amose a súa solidariedade cos traballador@s, e actúe consecuentemente na procura dunha solución o poroblema.

POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO DO CONCELLO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- O Pleno Municipal, mostra a súa preocupación polo futuro do emprego en Cambre, e manifesta o seu apoio e solidariedade aos traballadores e Comité de Empresa de Molduras do Noroeste, nas súas lexítimas reivindicacións en defensa dos seus postos de traballo, e na sua loita contra unha realidade cada dia mais palpable na sociedade, o PARO.
SEGUNDO.- Que o Alcalde, no nome do Pleno Municipal, se dirixa aos máximos responsables da empresa e realice un chamamento o dialogo entre as partes, co fin de acadar acordos que permitan manter a actividade productiva deste centro de traballo e ó emprego que ocupa.
TERCEIRO.- O concello de Cambre comprometese a non aprobar ningunha recalificación ou reclasificación do uso do solo onde se localizan as instalacións e a fabrica de Molduras do Noroeste S.L.
CUARTO.- Asimesmo o acordo anterior será trasladado o Comité de Empresa da Fabrica, a propia Dirección de Molduras do Noroeste S.L, e a Delegación Provincial de Traballo.
CAMBRE, a 3 de xaneiro de 2009
Asdo:. Grupo Municipal de EU-IU

No hay comentarios:
Publicar un comentario