lunes, 26 de enero de 2009


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU SOBRE A RESTAURACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE FONTES E LAVADOIROS, MEDIANTE UN OBRADOIRO DE EMPREGO. (pleno xaneiro)


XUSTIFICACIÓN:


En Cambre existen un número importante de fontes e lavadoiros públicos, que algúns destes elementos polo seu valor histórico, arquitectónico e cultural, son motivos inseparables e identificativos dos lugares onde se emprazan que, ademais, danlle personalidade como estampa representativa da nosa cultura e da nosa historia, que se debera conservar como símbolos e testimuñas das circunstancias que conforman o noso pobo.

Considera o noso Grupo Municipal que existe a necesidade de realizar no conxunto do concello un proxecto encamiñado a Recuperación, Rehabilitación e Acondicionamento de fontes e lavadoiros mediante a creación de un Obradoiro de Emprego, por tanto pertenecelle os responsables locais poñer en marcha iniciativas para rescatar estes valores da arquitectura popular, para o uso público e aproveitamento dos cidadáns.

Sendo importante as inversións que timidamente se veñen realizando no mantemento e conservación destas infraestructuras, non e menos importante o establecer un Plan para a recuperación dos elementos mencionados moito mais ambicioso, e que baixo o noso criterio sería mais eficaz e rentable para o conxunto dos cidadáns, baseado na construcción dun modelo turístico sostible, capaz de revalorizar o importante patrimonio de Cambre, a través do desenrolo de servizos vinculados a unha oferta de “turismo activo” potenciando os recursos histórico-culturais e ambientais do concello.

Para o Grupo Municipal de EU-IU a recuperación das tradicións, da arquitectura popular, e unha cuestión de notable importancia sobre todo para poder transmitirlles as futuras xeracións, a herdanza dos nosos devanceiros, poñendo en valor os elementos mais singulares do noso patrimonio. Pero a presente Moción intenta ir mais lonxe do que sería unha simple recuperación dos bens mencionados, centrandonos en este caso nas fontes e lavadoiros do concello, sin desbotar a posibilidade de ampliación deste proxecto o conxunto do patrimonio etnográfico do concello.


Polo tanto, podemos concluír a modo de resume dicindo que con este proxecto se tentarían acadar catro obxectivos fundamentais:

-Proporcionar formación e emprego coa posta en marcha dunha escola-obradoiro.
-Restaurar e recuperar a riqueza do noso patrimonio etnográfico.
-Poñer en valor a nosa riqueza cultural, creando e publicitando roteiros que discurran polas fontes mais significativas do concello.
-Fomentar o turismo favorecendo deste xeito a economía local e o emprego.


TENDO EN CONTA TODO O ANTERIOR, O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:


PRIMEIRO.- Co fin de realizar o proxecto para a rehabilitación de Fontes e Lavadoiros, o Goberno Municipal levará a cabo as actuacións necesarias para asegurar que, no transcurso do ano 2009, o concello conte con obradoiro de emprego, incorporando os orzamentos municipais do presente ano a partida económica imprescindible para o fin prantexado.

SEGUNDO.- Para realizar os traballos mencionados, establecerase unha prioridade nas actuacións das obras que se leven a cabo, en función das necesidades e do seu estado de deterioro, previo informe dos técnicos do concello.

TERCEIRO.- Diseño difusión e publicidade duns roteiros que incluian os distintos espacios de interese cultural para facilitar o seu coñecemento entre os veciñ@s e a cidadanía en xeral.


En CAMBRE, a 24 de xaneiro de 2009

Asdo: Grupo Municipal de “EU-IU” de Cambre

No hay comentarios: