lunes, 26 de enero de 2009

MOCION SOBRE DOTACIÓNS DE INFRAESTRUCTURAS PARA OS VECIÑ@S DA PARROQUIA DE CELA (pleno xaneiro)


XUSTIFICACIÓN:


Xa non é a primeira vez que o noso Grupo presenta unha iniciativa nos términos que imos a prantexar no pleno do dia dia de hoxe, sendo ésta unha clamorosa demanda dos veciñ@s e o mesmo tempo unha deuda histórica que o noso concello ten coa parroquia de Cela.

Tendo en conta que un elemental principio de equiedade obliga as Administracións Públicas equilibren minimamente as dotacións de infraestructuras dos seus distintos territorios, de tal xeito que se eviten discriminacións entre veciñ@s residentes en distintas zonas.

Partindo de tal principio, compre recoñecer que a parroquia de Cela constituie, hoxendía, unha das zonas mais desfavorecidas no reparto de infraestructuras públicas no ámbito do noso Concello, que tan necesarias resultan para que as persoas poidan desenvolver dentro do seu ámbito de residencia unha calidade de vida minimamente digna; o que nos obriga como representantes veciñais do conxunto do noso territorio, a levar a cabo unha política solidaria que permita o equilibrio territorial a que antes aludiamos.

Nas repetidas ocasións que o Grupo de EU-IU plantexou iste problema, alegouse como obstáculo a carencia de terreos na zona para poder atender a cobertura dista necesidade. Por iso o noso Grupo entende que se fai preciso sumar esforzos tanto dos distintos grupos municipais como dos propios veciñ@s, para darlle unha solucción satisfactoria o tema.

POR ISO O NOSO GRUPO MUNICIPAL PROPÓN Ó PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:


PRIMEIRO.- O pleno da Corporación encomenda o Goberno Municipal, a tarefa de conseguir e solucionar a falta de terreos imprescindibles para dotar a parroquia de Cela dunha infraestructura recreativa e deportiva para uso veciñal.

SEGUNDO.- Tendo en conta o punto anterior, o Goberno Municipal poderá requerir para levar adiante os seus traballos, a colaboración dos veciñ@s da parroquia e das entidades sociais representativas, tanto para recoller suxerencias sobre os posibles terreos como para posibles contactos, conversas e outras actuacións relacionadas coa finalidade que se pretende.

TERCEIRO.- Que nos orzamentos para o presente exercicio 2009 se destine unha partida presupostaria especifica para o fin exposto na presente moción.



En CAMBRE, a 24 de xaneiro de 2009

Asdo: Grupo Municipal de “EU-IU”

No hay comentarios: