viernes, 19 de junio de 2009


CONDENA O ATENTADO DE ETA

O Consello Local de EU-IU de Cambre e o seu Grupo Municipal, queren expresar a máxima condena e repulsa ante o atentado que costou a vida ao inspector do Corpo Nacional de Polícia, Eduardo Antonio Puellas Garcia.

Con accións terroristas como as de hoxe o único que xenera ETA é un drama humano e unha familia rota máis no noso país. Neste contexto, trasladamos a nosa solidariedade a súa familia do polícia asasinado, os seus amigos e compañeiros de traballo.

Queremos expresar tamén o apoio pleno ao Estado de Dereito, que é o único ámbito no que deben resolverse todos os litixios para alcanzar a convivencia democrática como instrumento de relación entre os seres humanos. Tamén queremos manifestar o noso convencemento de que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado con todos os defectos e todos os erros que se poidan cometer seguirán actuando para defender o principio fundamental da Democrácia.

Mostrar unha vez mais a nosa confianza na unidade dos partidos políticos, dos axentes sociais e de todo o tecido social na resposta aos terroristas, porque isto é o que en definitiva desexa a inmensa maioría das cidadáns que repudian o terrorismo.



Asdo: Esquerda unida-Izquierda Unida de Cambre

No hay comentarios: