lunes, 22 de junio de 2009

MOCIÓN RELATIVA A EXECUCIÓN DOS ACORDOS ADOPTADOS POLO NOS PLENOS MUNICIPAIS


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Dende o Grupo Municipal (EU-IU) estamos comprobando que a diario e por diversos motivos, non se están executando moitos dos acordos que se adoptan no Pleno desta Corporación.

Despois dun pequeño analise e avaliación por parte do noso Grupo, sobre os dous últimos anos, e decir dende o comenzo da lexislatura ata hoxe, observamos e lamentablemente podemos constatar a existencia de numerosos acordos municipais, respostas afirmativas a rogos formulados, e compromisos adquiridos como consecuencia de múltiples mocións e propostas, moitas delas aprobadas por unanimidade, que foron ninguneadas e relegadas o mais absoluto olvido.

Con toda a modestia podemos dcier que fomos o Grupo Municipal que mais iniciativas presentou nestes dous anos, pero posiblemente o mais esquencido e olvidado pola desidia amosada polo Goberno Municipal. Ademais e altamente desmotivante, non só para o Grupo de EU, senón para os propios veciñ@s do concello, o contemplar como as propostas que fan os grupos da oposición, son aprobadas para logo non ser executadas.

Isto entre outras cousas é o noso entender, o que está xenerando entre a cidadanía unha desconfianza, alonxamento e desencanto da vida municipal, que fortalecen a aqueles que opinan que as institucións teñen mermada a súa utilidade, ou creen que a política sirve mais ben para pouco, e se cadra soio para acadar un incremento do patrimonio persoal de cada un.

Parécenos grave esta actitude de incumprimento por parte do Goberno Local, e así o temos reiterado en múltiples ocasións, sirvan como exemplo as iniciativas que a continuación detallamos e que ao noso entender, non se executaron, o que supón unha actitude de menosprecio os acordos plenarios.




Exemplos claros de incumplimento:

-MOCIÓN PARA O ACONDICIONAMENTO DO CAMPO DA FEIRA DE CAMBRE E A SÚA ARBOREDA

-MOCIÓN PARA DOTAR DE TRANSPORTE OS ALUMNOS UNIVERSITARIOS RESIDENTES NO CONCELLO ATA O CAMPUS DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

-MOCIÓN SOBRE A CONSTRUCCIÓN DE INSTALACIÓNS PARA APRÁCTICA DE DEPORTES DE DESLIZAMENTO (Skate)

-MOCIÓN SOBRE A ELABORACIÓN DUN ESTUDO PARA BUSCAR SOLUCCIÓNS ÓS PROBLEMAS DE APARCAMENTO NO GRAXAL

-MOCIÓN SOBRE A ELABORACIÓN DUN CÓDIGO ÉTICO DE INCOMPATIBILIDADES DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN LOCAL.

-MOCIÓN PARA O ACONDICIONAMENTO DE DE UNHA ZONA DE BAÑO E ESPARCEMENTO NAS INMEDIACIÓNS DA PONTE DAS INSUAS.

-MOCIÓN SOBRE OS PARQUES INFANTÍES ADAPTADOS.

-MOCIÓN SOBRE A POSTA EN FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL.

Como xa manifestamos con anterioridade, ésta indiferencia e consciente deixadez das súas obrigas, están provocando un grave perxuizo o pobo de Cambre, pedimoslle e esiximoslle que actúen con responsabilidade, e ainda que nada mais sexa que por saúde democrática e respeto a institución que representan, cumplan o que vostedes mesmo aproban.

Desexamos firmemente que a presente Moción sexa apoiada e aprobada por unanimidade, pero dadas as circunstancias moito nos tememos que unha vez mais, sexa incorporada a longa lista de compromisos adquiridos polo Grupo de Goberno, e non executados o conxunto da oposición dende o comenzo da lexislatura.


POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADCIÓN DO SEGUINTES ACORDOS:


PRIMEIRO.- Instar ao Sr. Alcalde a que no menor prazo posible, dea cumprimento aos acordos que, sendo aprobados polo Pleno, non foron executados ao día de hoxe.

SEGUNDO.- Que, dentro da orden do dia dos plenos ordinarios, ben como punto especifico ou ben dentro de informes da Alcaldía, se incluia información periodica e concreta sobre o estado de execución dos acordos tomados en plenos anteriores, non soio para coñecemento dos Grupos municipais, senón para a información xeral dos veciñ@s.



CAMBRE, a 20 de xuño de 2009

Grupo Municipal de EU-IU

No hay comentarios: