NOTA INFORMATIVA SOBRE O PLENO DOS ORZAMENTOS 2009
O Grupo Municipal de EU-IU VOTA EN CONTRA DOS ORZAMENTOS e así o manifestou na Comisión Informativa celebrada o dia de onte; por considerar que non se recollen minimamente as pretensións plantexadas pola nosa formación. Non é serio que os responsables municipais estean aprobando diversas iniciativas presentadas polo noso grupo, e logo non se transformen en realidade, e por outra banda observando como se vai invertir o diñeiro en mais dedicacións e aumentar as dietas por asistencias a órganos colexiados (plenos, comisións, xuntas de goberno, etc.); convertindo os cargos de representación pública en postos de traballo excelentemente retribuidos, observando como non se fai un mínimo esforzo orientado a combatir o desemprego mediante o desenrolo de plans locais. Lonxe de todo isto, algúns ignoran antecedentes políticos e electorais que, por honestidade, coherencia ou vergoña ouberan aconsellado unha maior contención salarial.
Para EU-IU non é menos importante a falta de confianza nos actuais gobernantes, que teñen o concello inmerso nunha convulsión política, onde a desconfianza e o desgoberno están sendo a dinámica existente, polo que para o noso grupo abondan razóns mais que suficientes para votar en contra do documento orzamentario.
Se nos presentan uns orzamentos en un momento de crise global, cuia característica mais relevante e a falta de partidas para investimentos, o que provoca que sexan tremendamente continuistas na súa práctica: escasos investimentos, simplemente gastos comprometidos, descendendo os gastos por inversións o 37% respecto o ano anterior.
De ningún xeito podemos asumir a responsabilidade de apoiar un goberno no cal non creemos e que é incapaz de gobernar. As propias negociacións mantidas polos actuales responsables do concello é un exemplo mais da falta de capacidade política para chegar a acordos, e sobre todo nos da unha visión xeral do desgoberno e da crises interna existente no PSOE, que busca a través das negociacións os apoios que non encontraba nos seus propios integrantes.
Estes orzamentos son o fiel reflexo da situación política da propia institución, que se pode resumir “na historia de dous fracasos: a dos partidos maioritarios na búsqueda de estabilidade”; a do partido do goberno, que non foi capaz en dous anos de ter un equipo cohesionado para dar resposta as múltiples necesidades de Cambre, e a do partido maioritario da oposición que en vez de buscar alternativas para reconducir a situación dedicouse a difamar e mentir, olvidandose da relación cordial que debe existir entre os grupos políticos o marxe das propias e lóxicas discrepancias que poidan existir coas demais forzas representadas no concello.
ACLARACIÓN SOBRE AS MANIFESTACIÓNS DO PP.
As manifestacións os medios de comunicación realizadas polo responsable do PP de Cambre hacia a nosa formación política son intolerables e tendenciosas, polo que deberían ser mais cuidadosos a hora de emitir xuizos de valor infundados. En EU-IU aceptamos todo tipo de críticas, pero difamacións e mentiras ningunha.
Asdo: O Grupo Municipal

No hay comentarios:
Publicar un comentario