jueves, 30 de julio de 2009


MOCIÓN SOBRE ADHESIÓN A PROPOSTA DA UNIVERSIDADE DE GRANADA PARA A CONCESIÓN DO “PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS DA CONCORDIA 2009” AO POETA MARCOS ANA


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O premio Príncipe de Asturias da Concordia concédese a aquelas persoas, ou institucións cuxa labor contribúia á loita contra a inxustiza, a pobreza, a enfermidade, a ignorancia ou á defensa da liberdade.

A Universidade de Granada acordou en xaneiro de 2009 a presentación da candidatura ao Premio Príncipe de Asturias da Concordia a D. Fernando Macarro Castelo, por toda unha vida dedicada á loita polos Dereitos Humanos, por contribuír de forma exemplar e relevante ao entendemento e á convivencia en paz entre os homes e as mulleres e, polo seu empeño na reconciliación entre todos os españois e españolas. Marcos Ana (pseudónimo formado cos nomes dos seus pais) é unha lección viva de humanidade e dignidade.

POR ESTAS RAZÓNS O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO MUNICIPAL A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O Pleno do concello de Cambre ACORDA adherirse a proposta realizada polo Consello de Goberno da Universidade de Granada o día 26 de xaneiro de 2009, para que lle sexa concedido o Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2009, ao poeta MARCOS ANA.

SEGUNDO.- Trasladar o presente acordo á Universidade de Granada, á Fundación Príncipe de Asturias e ao poeta Marcos Ana.



Asdo: Grupo Municipal

No hay comentarios: