jueves, 29 de abril de 2010



INICIATIVAS DE "EU-IU" PARA O PLENO MUNICIPAL DO DIA 29 DE ABRIL


ROGOS:

1.- Nos últimos tempos ven sucedendo un aumento de accidentes nas nosas estradas. Son moitos os factores que inciden na seguridade viaria e nos accidentes de tráfico; uns imputables os condutor@s: velocidade, incumprimento das normas, distracción, etc., e outros imputables aos poderes públicos: estado das estradas, sinalización, etc.
De todos é sabido que a titularidade das principales estradas do noso termo municipal depende na súa maioría do Goberno Central, Xunta de Galicia ou Deputación Provincial.

Tendo en conta que o aumento de accidentes fai necesario tomar medidas urxentes.

Por isto:

-O noso Grupo prega se nos informe, das decisións tomadas en relación oasunto, e si ten posto en coñecemento das administracións responsables das estradas co fin de eliminar os problemas.

2.- Según informacións nos medios de comunicación, o Ministerio de Fomento licitou as obras de supresión de tres pasos a nivel no concello, sin atender as alegacións efectuadas dende o goberno local, causando ademais a conseguinte preocupación e incertidume nos afectados.

-O noso Grupo prega se nos informe da situación actual do problema, e das medidas adoptadas.

3.- Ante as noticias sobre alternativas sobre a conexión do Tren de Alta velocidade Coruña-Ferrol, mediante un tunel submarino anunciadas polo grupo Ártabros.

-Pregamos o Goberno nos informe se ten coñecemento do proxecto proposto por este colectivo.



PREGUNTAS:

1.- Veciños do Temple mediante un escrito manifestaron o concello os distintos problemas que se atopa o calexón situado nas inmediacións dun centro comercial na Costa da Tapia, que como consecuencia da abundante maleza provoca a existencia de alimañas e acumulación de auga, dando sensación de abandono cos perxuizos conseguintes para os veciñ@s. Outro dos problemas que denuncian é a avundante vexetación nas cercanías do colexio do Graxal próximo a rúa Alvaro Cunqueiro, que de non remedialo pode convertirse en un vertedeiro incontrolado de residuos e maleza..

-Para cando pensa o Goberno proceder a limpeza e acondicionamento de ditos lugares.

2.- Sobre o Regulamento de Participación Cidadá.

Dende comezos da lexislatura leva o noso grupo esixindo algo que consideramos un piar fundamental da democracia, que non é outra cousa que facilitar a participación dos cidadáns nas decisións que lles afectan diariamente.

Quedou sobradamente demostrado en múltiples ocasións que é necesario e urxente elaborar e poñer en funcionamento un documento destas características. Este documento como é sabido foi prometido aos grupos municipais para decembro de 2007, sen que ata o de agora saibamos nada sobre a situación do tema.

Por isto o noso grupo fai a seguinte pregunta:

-¿Cree o concelleiro responsable que se elaborará o dito regulamento antes de que remate lexislatura?

3.- Veciñ@s de Meixigo denunciaron ante a nosa organización a perigrosidade que supón para a circulación, a profundidade das cunetas da marxen esquerda da estrada de Cela en dirección San Lourenzo.

-Ten previsto O Goberno dar solucción o problema.


CAMBRE, abril de 2010

Asdo:Grupo Municipal

domingo, 25 de abril de 2010


COMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA SAÚDA A DECISIÓN DO SEU GRUPO MUNICIPAL EN CAMBRE DE REXEITAR A CUESTIÓN DE CONFIANZA VINCULADA A APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS

PARA A EXECUTIVA NACIONAL DE EU RESULTA ESPERPÉNTICO QUE EN TEMPOS DE CRISE O GOBERNO MUNICIPAL BIPARTITO NON ACEDA A REDUCIR OS SEUS SALARIOS NIN A DIMINUÍR DIETAS PARA APROBAR OS ORZAMENTOS

ESQUERDA UNIDA NACIONAL SUBLIÑA Á POSICIÓN DOS SEUS CONCELLEIROS EN CAMBRE DE NON APOIAR NINGUNHA MOCIÓN DE CENSURA, O QUE DEMOSTRA A SÚA RESPONSABILIDADE, COHERENCIA E FIRMEZA

A Comisión Executiva Nacional de Esquerda Unida quere transmitir o seu total apoio ao Grupo Municipal de EU en Cambre e saudar a súa decisión de rexeitar a cuestión de confianza da alcaldía vinculada a aprobación dos orzamentos. O Grupo Municipal de EU Cambre amosase o máis activo do seu concello, como o demostra o feito da grande cantidade de mocións e iniciativas desenvolvidas na procura de mellorar o benestar da súa veciñanza.

Para Esquerda Unida Nacional resulta esperpéntico que en tempos de crise un Goberno Municipal bipartito, que se di de esquerdas, rexeite a proposta do Grupo Municipal de EU Cambre de reducir os salarios de dúas dedicacións exclusivas e cinco parciais, e as dietas do conxunto da Corporación pola asistencia a órganos colexiados, co fin de destinalos á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas más necesitados, destinándoos a emerxencias sociais ou aplicando medidas para a creación de emprego.

A nosa organización entende que o Goberno Municipal está a utilizar un xogo democrático perverso para conseguir aprobar os Orzamentos, xa que logo, sabe da condición “antinatura” dunha Moción de Censura pois a maneira de entender a política de EU e PP atópase nas antípodas. Así, en lugar de dialogar e chegar a un consenso que redundaría en beneficio da veciñanza, prefiren seguir paralizando a actividade do concello en plena crise, período no que ás institucións deberían mellorar a súa eficacia para desenvolver medidas que axuden a arranxar os problemas da cidadanía.

A Executiva Nacional de EU salienta a responsabilidade, coherencia e firmeza dos seus concelleiros ao deixar moi claro que non van a apoiar ningunha Moción de Censura, pois suporía a paralización do concello tendo en conta que falta un ano para as eleccións municipais.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

miércoles, 21 de abril de 2010

NOTA INFORMATIVA (Pleno cuestión de confianza)

O Grupo Municipal de EU-IU ante o sometemento por parte do Alcalde a unha cuestión de confianza vinculada a aprobación dos orzamentos do presente ano quere por medio do presente comunicado deixar claro o seu posicionamento respecto o tema:

O Goberno en un xesto de intransixencia política non cambia o seu posicionamento respecto a proposta do noso Grupo en relacción a reducción de salarios de dúas dedicacións exclusivas e cinco parciais, nin tampouco accede a disminuir as dietas do conxunto da Corporación pola asistencia a órganos colexiados, co fin de que foran destinados a Emerxencias Sociais, Creación de emprego…etc.

Fan uso dun mecanismo para a aprobación dos Orzamentos, convencidos da dificultade dos Grupos da Oposición para presentar unha Moción de Censura, e siguén sin cambiar os seus plantexamentos, sin establecer un diálogo para a aprobación das contas. Cuestión que xa tiñan estudiada coas posibles consecuencias.

EU-IU lamenta a situación producida provocada polo Goberno, carente de humildade e sobrado de prepotencia, actuando con desprecio o non tratar de facilitar o diálogo para negociar coa oposición.

O noso Grupo que rexeitou a dita Cuestión de Confianza , deixou moi claro que non vai suscribir nin apoiar ningunha Moción de Censura polos motivos que a continuación sinalamos:

1º) Por responsabilidade e coherencia política
2º) Porque non queremos nin desexamos contribuir a paralización do concello, tendo en conta o tempo que resta para o fin da lexislatura
3º) Porque non vamos apoiar co noso voto nada que vaia en contra dos acordos do Código Ético de Conducta Política en Relación o Pacto Antitransfuguismo.

EU-IU, non vai a caer en ningún tipo de chantaxes nin provocacións, que a estas alturas da lexislatura obedecen simplemente a intereses partidistas, que nada teñen que ver cos intereses dos veciñ@s; buscando así réditos electorais para as próximas eleccións municipais.

En calqueira caso e tendo en conta o anterior, queda pouco mais de un ano para que o pobo de Cambre, poña a quen decida libremente, no lugar que lle corresponde.


Asdo: Grupo Municipal de EU-IU de Cambre