domingo, 25 de abril de 2010


COMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA SAÚDA A DECISIÓN DO SEU GRUPO MUNICIPAL EN CAMBRE DE REXEITAR A CUESTIÓN DE CONFIANZA VINCULADA A APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS

PARA A EXECUTIVA NACIONAL DE EU RESULTA ESPERPÉNTICO QUE EN TEMPOS DE CRISE O GOBERNO MUNICIPAL BIPARTITO NON ACEDA A REDUCIR OS SEUS SALARIOS NIN A DIMINUÍR DIETAS PARA APROBAR OS ORZAMENTOS

ESQUERDA UNIDA NACIONAL SUBLIÑA Á POSICIÓN DOS SEUS CONCELLEIROS EN CAMBRE DE NON APOIAR NINGUNHA MOCIÓN DE CENSURA, O QUE DEMOSTRA A SÚA RESPONSABILIDADE, COHERENCIA E FIRMEZA

A Comisión Executiva Nacional de Esquerda Unida quere transmitir o seu total apoio ao Grupo Municipal de EU en Cambre e saudar a súa decisión de rexeitar a cuestión de confianza da alcaldía vinculada a aprobación dos orzamentos. O Grupo Municipal de EU Cambre amosase o máis activo do seu concello, como o demostra o feito da grande cantidade de mocións e iniciativas desenvolvidas na procura de mellorar o benestar da súa veciñanza.

Para Esquerda Unida Nacional resulta esperpéntico que en tempos de crise un Goberno Municipal bipartito, que se di de esquerdas, rexeite a proposta do Grupo Municipal de EU Cambre de reducir os salarios de dúas dedicacións exclusivas e cinco parciais, e as dietas do conxunto da Corporación pola asistencia a órganos colexiados, co fin de destinalos á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas más necesitados, destinándoos a emerxencias sociais ou aplicando medidas para a creación de emprego.

A nosa organización entende que o Goberno Municipal está a utilizar un xogo democrático perverso para conseguir aprobar os Orzamentos, xa que logo, sabe da condición “antinatura” dunha Moción de Censura pois a maneira de entender a política de EU e PP atópase nas antípodas. Así, en lugar de dialogar e chegar a un consenso que redundaría en beneficio da veciñanza, prefiren seguir paralizando a actividade do concello en plena crise, período no que ás institucións deberían mellorar a súa eficacia para desenvolver medidas que axuden a arranxar os problemas da cidadanía.

A Executiva Nacional de EU salienta a responsabilidade, coherencia e firmeza dos seus concelleiros ao deixar moi claro que non van a apoiar ningunha Moción de Censura, pois suporía a paralización do concello tendo en conta que falta un ano para as eleccións municipais.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios: