miércoles, 26 de mayo de 2010

MOCIÓN PARA A REPROBACIÓN DO DECRETAZO DO GOBERNO E REDUCCIÓN DO COSTE ECONÓMICO DA ESTRUCTURA POLÍTICA NO CONCELLO DE CAMBRE.

XUSTIFICACIÓN:

O pasado 12 de maio, o Presidente do Goberno do Estado presentou un Plan de Axuste no Congreso dos Deputados co obxectivo de reducir o déficit nas administracións públicas. O devandito plan comprende, entre outras medidas, a conxelación das pensións, redución do soldo dos empregados públicos, a retroactividad das axudas á dependencia, a redución do investimento público ou a modificación do réxime de xubilación anticipada, etc.
As medidas do Goberno, son antisociais encamiñadas ao fracaso claramente contrarias ao interese xeral, xa que en lugar de poñer en valor a loita contra a fraude fiscal; recortar os grandes salarios e controlar os grandes beneficios da banca como medidas para superar o déficit, serán os mais débiles os que teñan que sufrir os recortes.

En relación a rebaixa de salarios de altos cargos do Goberno, Esquerda Unida entende a conveniencia de que esta medida teña tamén o seu reflexo no concello de Cambre, cuestión que xa ten plantexado o noso Grupo no pleno dos orzamentos, sendo un dos puntos de discordia e desencontro co Goberno local.

As razóns para rexeitar a devandita proposta foron diversas, pero tras a posta en marcha do Plan de Axuste plantexado polo Goberno, a administración local non pode permanecer allea, e os representantes municipais teñen o deber e a responsabilidade de dar exemplo deixando claro que as medidas plantexadas tamén deberán ter o seu reflexo nos salarios da estructura política do concello de Cambre.

EU-IU en consonancia co manifestado no pleno dos orzamentos, propón que os cargos públicos do concello deben dar exemplo de solidariedade ante unha cidadanía escéptica e cada vez máis distanciada da clase política.

POLO EXPOSTO O NOSO GRUPO PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES DE ACORDOS:

PRIMEIRO.- O concello de Cambre rexeita as medidas propostas polo goberno: reducción da inversión pública, conxelación das pensións, conxelación e reducción do salario dos empregados públicos, modificacións das condicións para a xubilación parcial, etc...

SEGUNDO.- O concello de Cambre procederá a reducción do 20% das dietas por asistencia a membros da Corporación a órganos colexiados (plenos, comisións informativas, xuntas de goberno, xunta de voceiros, xuntas de coordinación e mesas de contratación).

TERCEIRO.- O concello de Cambre procederá a reducir as retribucións dos cargos públicos municipais do Concello con dedicación exclusiva e media dedicación, nun 10% como mínimo.

CUARTO.- A corporación municipal insta ao Goberno a que de forma urxente convoque aos representantes das forzas políticas para acordar un paquete de medidas de reforma fiscal progresiva, na que paguen máis os que máis teñen ou gañen, e incorporen medidas para incrementar a recaudación fiscal procedente das institucións financeiras e das operacións especulativas.

QUINTO.- O concello de Cambre dará traslado do presenta acordo, os grupos parlamentarios do Congreso, e os ministros de economía e facenda, e traballo.

CAMBRE, a 21 de maio de 2010

No hay comentarios: