viernes, 11 de noviembre de 2011

ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE RECLAMARA MEDIDAS PARA EVITAR DESHAUCIOS NO MUNICIPIO


O Grupo de EU de Cambre presentará unha moción no Pleno do vindeiro día 17 para solicitar da Corporación Municipal que “aprobe unha modificación da regulación hipotecaria que inclúa a figura de dación en pago, de maneira que, nos casos de vivenda habitual, se o banco executa a hipoteca e queda coa vivenda, a totalidade da débeda quede liquidada.”


Ademais dende EU instarán ó Goberno Municipal a creación dunha comisión especial mixta na que participen representantes do pleno municipal e das asociación de afectados, veciñais así como outras organizacións sociais coñecedoras da problemática. Dita comisión terá como obxectivo buscar alternativas que eviten os desfiuzamentos por motivos económicos e nos casos que non sexa posible, garantir o reacollo digno das familias afectadas.

EU de Cambre reivindica a necesidade deste tipo de medidas ante as consecuencias do que califican como crise do capitalismo, que está levando a inusitados niveis de crueldade dos bancos, con desfiuzamentos das familias que non poden pagar as súas hipotecas por ter perdido ós seus empregos e atoparse sen recursos. Sen esquencer, por outra banda, a necesidade e obrigatoriedade dos poderes públicos de defender e facer efectivo o dereito constitucional de todos a unha vivenda digna.

Asdo: Grupo Municipal de “Esquerda Unida”

No hay comentarios: