INICIATIVAS PRESENTADAS O PLENO MUNICIPAL E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE XANEIRO
MOCIÓN DO GRUPO
MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA”, PARA A UBICACIÓN DA FEIRA DE CAMBRE NO SEU LUGAR
TRADICIONAL.
EXPOSICIÓN DE
MOTIVOS:
No ano 2007 o Concello de Cambre, presentou o Proxecto
ARUME financiado con recursos dos fondos FEDER, dentro do cal incluíase unha
partida de 450.801,20 euros, para a elaboración dun estudio e realización das
obras necesarias para a Rexeneración
Urbana do Campo da Feira de Cambre.
O Campo da Feira, é un espacio público de referencia no
centro neurálxico da capital municipal, onde temos que destacar os aspectos
socioculturais e históricos que o longo dos anos veñen desenrolandose no lugar,
e que o conxunto da Corporación ten a obriga de respectar, poñer en valor e
transmitirllo nas mellores condicións as vindeiras xeracións, recuperando
o seu carácter funcional como un
dos símbolos máis importantes do concello e dinamizador da económia local.
Neste lugar, (según consta descrito no Catastro do
Marqués da Ensenada) vense realizando a actividade da Feira dende o ano 1.752, e mais concretamente a
partir do ano 1.853 se celebra os días 2 e
terceiro domingo de cada mes.
Para o Grupo Municipal de EU, desatouse unha polémica, o
noso xuizo incompresible e carente de razoamentos obxectivos, pola ubicación da
actividade da Feira no seu lugar de orixe, ignorando antecedentes históricos,
económicos e culturais, que non obedecen o interés común e sentir da cidadanía
de Cambre, que é o que debería predominar nunha actuación tan relevante como a
que estamos a tratar.
O actual Goberno e o conxunto da Corporación, debemos
ter presente que entre os obxectivos extratéxicos da
intervención, o proxecto en cuestión, contempla consolidar o sentimento
identitario da poboación cara a praza, referente histórico no municipio pola
tradicional celebración da feira, conocida en toda a Comarca, a que concurre
numerosa poboación; por consiguinte, un dos USOS é a celebración de feiras (dúas mensuais) así
como outros eventos.
En base ó anteriormente exposto,
O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO DA
CORPORACIÓN A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- Encomendar o Goberno Municipal inicie de inmediato as actuacións necesarias para proceder o traslado e reubicación das dúas feiras mensuais que se celebran en
Cambre, ó seu lugar de orixe, é decir, ó Campo da Feira.
SEGUNDO.- Tendo en conta a diferente configuración da Praza,
trala súa remodelación, e aproveitando o maior espazo dispoñible, encomendar o
Goberno a realización dun estudo que permita unha organización armónica dos
postos segundo as necesidades e prioridades da propia actividade comercial, co
obxecto de que a feira estea organizada e ordenada.
TERCEIRO.- Sopesar a posibilidade de dotar un espazo
diferenciado para aqueles postos que xeneren residuos así como poñer a
disposición deles elementos de destrucción dos mesmos, tales como contenedores
ou bolsas de lixo para evitar o deterioro da praza, e conservala nas mellores
condicións posibles.
CAMBRE, a 24 de xaneiro de 2013
Asdo: Grupo Municipal de EU
ROGOS:
1.- Ante a situación creada polo
recente temporal e intensa choiva, que provocaron inundacións e desbordamento
do rio Mero, sobre todo no lugar da Ponte en Cela, causando danos e perigro para persoas e os seús bens materiais.
-Por esto o Grupo de EU,
PREGA o Goberno proceda a tomar as
medidas necesarias para realizar unha avaliación sobre as zonas afectadas e
determinar accións preventivas para as
zonas inundables co fin de evitar futuros danos.
2.- Coa finalización das obras de Remodelación
do Campo da Feira, existen o noso xuizo
varias deficiencias correxibles, unha
destas é a carencia de bancos para poder sentarse.
PREGAMOS o Goberno realice un
estudo técnico e se proceda a instalación deste tipo de mobiliario
urbano, tentando non alterar o entorno
nin as actividades habituais do propio
campo.
3.- En varios lugares do Concello, existen contenedores
ubicados cerca dos pasos de peóns que impiden unha visión clara da calzada, tanto a conductores
como as persoas que cruzan a rúas ou
estradas, supoñendo un perigro e risco de accidentes que se agrava no caso de
personas maiores con dificultade de movilidade, sobre todo as que circulan en
cadeiras de rodas; acentuandose o
perigro de atropello nas esquinas e intercesións.
Esta denuncia xa ten sido tratado con anterioridade, sin que se teña
realizado un estudo e se tomaran as medidas para correxir a situación de risco permanente
sobre todo nas zonas mais urbanizadas e de maior circulación.
-Por esto o nso Grupo PREGA, que
con urxencia se proceda a tomar as medidas correctoras para dar solución o
grave problema.
PREGUNTAS:
1.- Pode informarnos o Goberno
do motivo ou motivos, que impiden levar a cabo o proxecto de acondicionamento da
ponte de O Burgo e da Glorieta do Paraguas?
2.-¿Ten previsto o Goberno algún proxecto de
actuación, co fin de correxir o problema pola carencia de alumeado público no
acceso a rúa Freixo na parroquia de Cela?
3.- Transcurridos dous meses do lamentable accidente dun neno na praza Manuel
Lugrís, na actualidade non se
teñen tomado medidas para correxir a situación de perigro pola deficiente
protección da baranda situada en dita praza.
-Que
determinación pensa tomar o Goberno respecto a seguridade en dita praza?
COMISIÓN INFORMATIVA DE
RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA.
PREGUNTAS:
1.- Según informacións dos medios de comunicación, o
Consorcio das Mariñas anunciou que está traballando na promoción do
cooperativismo e na economía social, co fin de xenerar emprego, para este fin
abriuse unha oficina para asesoramento dos veciñ@s que conforman o Consorcio.
-Pode informarnos o Goberno
sobre a iniciativa presentada?
2.-
¿Pode informanos o concelleiro responsable dos incidentes acontecidos na
tramitación do obradoiro de emprego, según as informacións transmitidas a unha
representante sindical do persoal laboral do concello?
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO
PREGUNTAS:
1.- O
pasado 10 de decembro, o noso Grupo presentou un escrito no rexistro municipal, solicitando información sobre o deficiente funcionamento do alumeado público na
rúa Pintor Pablo Manzano. Con data 22 de xaneiro recibimos notificación da
concellería de Obras e Servizos, comunicando que a responsabilidade e da
empresa promotora o non estar a obra urbanizadora recepcionada polo Concello;
asi mesmo informan que se ten comunicado o promotor a existencia do problema
para que proceda a solucionalo o antes posible,”estando a dia de hoxe prácticamente solucionado”
-Poden
informarnos da actual situación?
CAMBRE a 25 de xaneiro de 2013
Asdo: GrupoMunicipal de EU