INICIATIVAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DO MES DE MAIO
MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE
EU DE CAMBRE INSTANDO A QUE A
CORPORACION LOCAL DE CAMBRE MANIFESTE A TELEPERFORMANCE E GAS NATURAL FENOSA O
SEU REXEITAMENTO ÓS 43 DESPEDIMENTOS DA CAMPAÑA UNION FENOSA COMERCIAL
EXPOSICION DE MOTIVOS:
A empresa Iberphone SAU, co nome comercial de Teleperformance presta servizos de telemarqueting no seu
centro de A Coruña a diversas empresas de telecomunicacións, electricidade,
banca e seguros, contando cun plantel de máis 700 traballadores en A Coruña.
Teleperformance ven de anunciar o despido de 43 traballadores, cifra
que podería alcanzar a mais de 105 persoas, tras a decisión de Gas Natural
Fenosa de prescindir dos seus servizos para a realización do servizo de
atención telefónica de Unión Fenosa Comercial.
Os catastróficos efectos da crise nos sectores productivos e as consecuencias nefastas da reforma laboral están propiciando
peches empresariais, e unha grande facilidade para os empresarios á hora de
prescindir dos seus traballadores, que derivan en mais de 6 millóns de parados,
e situacións sociais dramáticas consecuencia directa das nefastas políticas
laborais adoptadas polo actual goberno do Estado. Neste contexto non podemos
permitir ningún despedimento mais, sobre todo aqueles que poden ser evitados,
xa que derívanse do afán deslocalizador de empresas como Gas Natural Fenosa, de
servizos que perfectamente poden seguir manténdose en Galiza.
Esta decisión, ademais, non só afecta @s traballador@s despedid@s,
senón que tamén supón un grave perxuízo para os usuarios do servizo eléctrico
que, a partires do 1 de xuño non poderán ser atendidos en Galego, nin disfrutar
dunha atención que foi alabada en todo momento pola propia compañía Gas Natural
Fenosa, aínda que despois esquencera a profesionalidade do persoal para
proceder a despedilos.
O servicio de atención telefónica prestado dende o centro da Coruña
para Gas Natural Fenosa conta na actualidade con 311 empregados (un número moi
importante somos veciñ@s de Cambre) distribuidos en tres compañías, Union
Fenosa Distribución, Gas Natural S.U.R e Unión Fenosa Comercial, sendo, esta
última a que Gas Natural Servicios decidiu deslocalizar e pasar a prestarse a
súa atención telefónica desde Barcelona.
Esta decisión foi a que fixo tambalear o futuro das 105 persoas que
prestaban este servizo dende A Coruña. Tampouco hai nada que garanta que
progresivamente sexan trasladadas as outras dúas compañías para Cataluña, algo
que sería catastrófico para o emprego na nosa cidade, xa de por sí moi danado
pola crise e a reforma laboral.
Aínda que, finalmente, non foro 105 ós despedimentos, 43 persoas de
forma directa e moitas outras de forma indirecta viron e están vendo
finiquitada a súa relación laboral con Teleperformance.
De forma directa, 43 persoas ás que, seguindo criterios de antiguedade
na empresa, foron despedidas utilizando como argumento o Artigo 17 do Convenio
de telemarqueting no que queda recollido
que a indemnización no caso de “Disminución do volumen da campaña contratada”
será de 8 días por ano traballado. Deste xeito, por menos de 1.000 euros pode
ser despedida unha persoa que leve 3 anos traballando.
De forma indirecta estánse producindo despedimentos dentro doutras
campañas de telemárqueting prestadas por Teleperformance, de persoal eventual e
con contratos temporais para poder encher os seus lugares con persoal de Unión
Fenosa Comercial. Esta é unha estratexia da empresa para non ter que despedir a
105 persoas vinculadas a Unión Fenosa Comercial, facendo un lavado de cara
manifestando que só se depiden 43, cando en realidade son moitas persoas das
que se está prescindindo para recolocar nos seus postos ó persoal que non foi
despedido. Toda esta situación ven producida por unha decisión que podería
chegar a ser reversible, si Gas Natural Fenosa non derivara o servicio a
Cataluña, algo polo que temos obriga de loitar, defendendo que o traballo non
escape de Galicia.
É neste punto onde temos cabida os poderes públicos, que estamos
obrigados a defender ós nosos traballadores, á nosa industria, e, en
definitiva, á nosa terra, da que nos arrancan empresas tan importantes como o
foi para A Coruña Unión Fenosa, que tras a súa venda, vemos como os nosos
recursos naturais seguen xenerando beneficios e dividendos fora de Galiza, e
agora tamén nos arrebatan os postos de traballo das empresas colaboradoras.
EN BASE Ó ANTERIORMENTE
EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU PROPON Ó PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES
ACORDOS:
PRIMEIRO: Solicitar a Gas Natural Fenosa que abandone
a súa decisión de prescindir do servizo de atención ó cliente prestada dende A
Coruña para Unión Fenosa Comercial.
SEGUNDO: Solicitar a Teleperformance que reconsidere a súa
decisión de proceder ó despedimento dos 43 traballadores vinculados á campaña
de Unión Fenosa Comercial e dos vinculados a outras campañas.
TERCEIRO: Mostrar a súa preocupación pola destrucción do
emprego e manifestar o seu apoio e
solidariedade ós traballador@s
da empresa Teleperformance, ante a situación que afecta a mais de 70
familias, moitas delas do noso concello, na sua loita contra unha realidade
cada dia día máis
palpable na sociedade, como é o PARO.
CUARTO:Dar traslado do seguinte acordo ós grupos políticos
con representación no parlamento de Galicia, a Gas Natural Fenosa, a
Teleperformance así como ó comité de empresa de Teleperformance.
ROGOS:
1.- En Cambre, do mesmo xeito que no resto do Estado, prodúcense casos de cidadáns que se ven obrigados a abandonar as súas
vivendas habituais por insolvencia sobrevenida que lles imposibilita facer
fronte ao pago das súas débedas hipotecarias.
En numerosas
ocasións, as entidades bancarias están ofrecendo a estas persoas a dación en
pago regulada no artigo 140 da Lei Hipotecaria, de tal xeito que, a elección da
persoa deudora poida cancelar, sen execución hipotecaria, a totalidade da
débeda pendente coa entrega da vivenda aínda que iso non se pactou ao
constituirse a hipoteca.
A dación en
pago, así como o desahucio e a perda da vivenda trala correspondente subasta
xudicial, presentan unhas repercusiones fiscais pouco coñecidas pola cidadanía
en xeral, e polas propias persoas que se quedaron sen fogar, en particular. A
primeira delas é a obrigación de pagar ao Concello o Imposto sobre o Incremento
de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, coñecido popularmente como
"Plusvalía". A pesar da sua denominación, este tributo debe satisfacerse
aínda que o prezo do inmoble disminúa desde a sua adquisición. A sua cuantía depende,
basicamente do valor catastral do chan, do número de anos transcorridos desde que
se adquiriu e das porcentaxes e tipos de gravame aprobados por cada Corporación
Local.
É certo que o
Real Decreto-lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de
deudores hipotecarios sen recursos, establece que as persoas desafiuzadas pola
vía da dación en pago por entidades adheridas ao mal chamado 'Código de Boas Prácticas' quedarán
exentas de pagar todos os impostos relacionados coa 'transmisión' da súa vivenda, salvo o da plusvalía, que se
sometería a pacto entre ambas partes. Pero analízando detidamente a súa redacción,
conclúese que se aplicará a moi poucos casos, posto que se esixen dous
requisitos acumulativos moi restrictivos: por unha banda, que o deudor atópese
no umbral da exclusión estipulado pola propia norma e, por outra, que o prezo
polo que comprou a vivenda non supere uns determinos valores. E no caso
concreto da plusvalía, establece que terá que facelo a entidade de crédito, en
lugar da persoa que se queda sen vivenda.
Debido a iso son
maioría as ocasións en que as persoas deudoras que aceptan a dación en pago
seguen facendo fronte ao pago da plusvalía, algo que en EU consideramos inxusto e inmoral.
Por todo o
anteriormente exposto PREGAMOS ao goberno Municipal:
-Que proceda a
modificar con carácter de urxencia a Ordenanza Municipal número 5 Reguladora do
Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana engadindo o
párrafo seguinte:
”Nas
transmisións realizadas polos deudores comprendidos no ámbito de aplicación do
artigo 2 do Real Decreto- Lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de
protección de deudores hipotecarios sen recursos, con ocasión da dación en pago
da súa vivenda prevista no apartado 3 do Anexo de devandita norma, terá a
consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuinte a entidade que
adquira o inmueble, sen que o sustituto poida esixir do contribuinte o importe
das obrigacións tributarias satisfeitas”.
2.- Tendo en conta as múltiples
iniciativas presentadas polo nso Grupo, ante
os problemas derivados da falta de seguridade vial, sobre todo nas zonas
mais urbanizadas e de maior tráfico do concello en relación aos pasos de peóns,
lamentamos que a dia de hoxe non exista
unha resposta satisfactoria para aplicar e correxir as carencias existentes,
nin se teñan realizado actuacións para
dotar dunha maior seguridade en estes lugares conflictivos na circulación, producindose con demasiada frecuencia atropellos. Por citar algún exemplo,
recentemente teñen ocurrido accidentes en lugares que o noso Grupo xa ten
denunciado e posto en coñecemento do actual Goberno sin que se teñan tomado
medidas para solucionar ou atenuar o grave problema
A situación non
sólo non cambiou nada, sinón que se ten
agravado. O feito da ausencia de medidas e abandono institucional fai
especialmente perigroso cruzar por estes
lugares, que de non remedialo os
cidadáns terán que seguir arriscando diariamente a súa vida.
En base o anterior, PREGAMOS, que coa maior urxencia se proceda a tomar as medidas
correctoras co fin de dar solución a
situación de inseguridade e perigro
existente na actualidade.
3.- Varios usuarios do Parque das Palmeiras no Temple,
teñen trasladado ó noso Grupo Municipal as múltiples deficiencias que presenta,
poñendo en grave risco a seguridade dos mais pequenos. De feito, tamén nos
teñen comunicado algún accidente sufrido por nen@s, derivados do estado de dito
parque. Deficiencias tales como tornillos sin tapar, as barandas de madeira
carcomidas, columpios rotos ou xogos con fisuras que poden provocar feridas.
En base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal PREGA:
-Se realicen con carácter
inmediato as accións e reparacións necesarias para garantir a seguridade dos
nenos usuarios do parque.
PREGUNTAS:
1.- Poden informarnos das previsións do
arranxo do camiño situado entre a vía do ferrocarril e a ponte do Noceiro, según
o manifestado polo concelleiro responsable nas Comisións Informativas do pasado
mes de febreiro, ante a petición do noso Grupo?
2.- Pode informarnos o Goberno, si na actualidade existe algunha deuda
municipal polos suministros de
enerxía eléctricos coa empresa
ou empresas responsables da prestación do servizo?. De ser afirmativa a resposta a canto ascende
o importe con ditas entidades?
3.- Case un ano despois de que o Grupo Municipal de
Esquerda Unida, presentáramos unha moción solicitando que se realizara un censo
de bens inmobles rústicos e urbanos que estean censados e rexistrados a nome da
igrexa en Cambre, así como das súas entidades e asociacións afins, e doutras confesións relixiosas. O Voceiro do
equipo de goberno, comprometeuse a solicitar dita información ó catastro e á
Deputación coa maior “brevidade posible”.
En base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal, PREGUNTA:
-¿Teñen xa a información
solicitada sobre o censo de bens a nome da Igrexa? En caso positivo, ¿a qué
esperaban para facilitarnos dita información?. En caso negativo ¿A qué
esperaban para informarnos? En calquer outro caso, ¿Coidan que sexa algo normal
que despois de un ano de aprobar unha iniciativa en pleno, non teñamos
información nin pronunciamento algún, sexa no sentido que sexa?.
COMISIÓN INFORMATIVA DE
OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
ROGOS:
1.- Varios veciños puxéronse en contacto con oso Grupo
Municipal para manifestar as suas queixas sobre o estado de suciedade e
deixadez no que se atopa o entorno da rúa María Mariño, con lixo tirado polo
chan, contenedores sin recoller e con bolsas tiradas nas beirarrúas por non
coller o lixo nos mesmos.
Esta situación fai
que a imaxe e salubridade do noso Concello sexa moi negativa polo que, en base
ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal PREGA:
-Se proceda á solicitar do
Consorcio a instalación dos contenedores necesarios, co fin de evitar as situacións de suciedade e acumulación de
lixo fora dos recipientes.
COMISIÓN
INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE E TURISMO
PREGUNTAS:
1.- Según información publicada en prensa o
Goberno de Cambre ven de levar a cabo unha serie de reunións coa empresa
ASICASA e con responsables da XUNTA coa intención de mellorar o servicio de
autobuses no Concello.
-¿Poden informarnos sobre o
contido das conversas mantidas e si existirá algunha modificación ou ampliación
das rutas?
COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES, XUVENTUDE E BENESTAR
SOCIAL
ROGOS:
1.- Pais e nais dos nen@s que utilizan o transporte
escolar, residentes nos lugares de
Armental, Carballás e Fabás na parroquia de Pravio, manifestaron o noso Grupo o seu malestar e indignación,
pola eliminación (sin previa comunicación) da ruta que transcurre entre
Armental e Fabás, coa eliminación de
paradas e o seu conseguinte perxuizo para os usuarios, o ter que desplazarse
distancias considerables, sobre todo en tempo de choiva.
Sendo o anterior un problema importante, a alternativa a ruta eliminada
consiste en circular pola estrada CP.-1707, un dos viales con mais perigro
dentro do término municipal, motivado as abundantes curvas, limitado espacio para a circulación, con
desniveis de mais de 50 metros, carente de beirarrúas, limitada visibilidade e densa circulación que acentúa o risco
permanente de accidentes.
O marxe da administración a quen corresponden as competencias no
transporte escolar, o concello de Cambre e os seus responsables non poden ser
alleos a este problema, e deben dar unha
resposta inmediata para solucionalo co fin de evitar posibles consecuencias graves.
-Polo exposto, PREGAMOS o
Goberno municipal proceda a dar as instrucións oportunas os Servizos técnicos e
Policia local do concello e demais organismos competentes, co fin de elaborar
un informe sobre a peligrosidade e seguridade da ruta actual e anterior do
transporte escolar nos lugares mencionados, do mesmo xeito SOLITAMOS que se
repoña o percorrido establecido con anterioridade como as correspondentes paradas, según as peticións dos afectados.
En Cambre, a 25 de maio de 2013
Asdo: Grupo Municipal