ESQUERDA UNIDA
PARTICIPARÁ NA MANIFESTACIÓN CIDADÁ QUE TERÁ LUGAR O DÍA 10 DE
DECEMBRO DENDE A CASA DO MAR ATA O KIOSCO ALFONSO ÁS
20:00H
“ANIMAMOS A TODA A POBOACIÓN A ACUDIR Á
MANIFESTACIÓN DO DÍA 10 POLA DEFENSA DUNHA SANIDADE PÚBLICA, GRATUITA,
UNIVERSAL E DE CALIDADE”
A Xunta de
Galicia e o Goberno central están impulsando todo tipo de privatizacións; nunca un
goberno en tan pouco tempo fixo tanto dano á Sanidade Pública e as súas usuarias e
usuarios.
O Partido
Popular ataca de cheo á Sanidade Pública e o seu persoal con privatizacións, con repagos nos
medicamentos e cos continuos recortes salariais, de días libres, coberturas de
baixas médicas, minguando os cadros de persoal, non repoñendo as xubilacións;
non contratan, e priman a voluntariedade en atención primaria, as horas extras en
atención especializada e a concertación coa sanidade privada. Evidentemente o PP pula polo
beneficio privado.
Esquerda apoia e difunde a folga xeral na Sanidade
Pública Galega os días 9 e 10 de decembro convocada polos sindicatos. Asemade, facemos un chamamento á veciñanza en
apoio a esta folga.
Lembramos que o
desmantelamento da sanidade xa está poñendo barreiras ao acceso da poboación aos
servizos asistenciais, obrigando a pagar os medicamentos a pensionistas, a pacientes
tratados por enfermidades graves como o cancro, as próteses, ambulancias ou alimentos
especiais. O seguinte paso recoñecido pola Xunta é que os enfermos paguen unha
parte da asistencia que reciban no momento de ser atendidos e por último a privatización
mediante as áreas de xestión clínica o que repercutirá moi negativamente
no doente.
Estamos en
tempos de excepción nos que cómpre loitar conxuntamente polos dereitos adquiridos e
que se empeñan en despoxarnos. Por iso, Esquerda Unida participará na manifestación
cidadá que terá lugar o día 10 de decembro dende a Casa do Mar
ata o Kuiosco
Alfonso ás 20:00h. Creemos que
debemos saír manifestarnos en toda Galicia, xunto
cos traballadores e traballadoras da sanidade en folga, pois é tempo de promover unha
grande alianza entre poboación e traballadores da sanidade.
Coa coartada de
reducir o gasto público para pagar a bancos e especuladores internacionais
a Xunta de Galicia está pechando hospitais, centros de saúde, laboratorios, servizos de
ambulancias, reducindo persoal sanitario e precarizando as condicións de traballo nos
centros sanitarios. Temos que defendernos por medio da mobilización social, sindical e
institucional coma resposta ante as políticas que tentan lucrar a uns poucos a costa de privar
dos seus dereitos ao conxunto da sociedade.
Finalmente “animamos a toda a poboación a acudir á
manifestación do día 10 pola defensa dunha Sanidade Pública, gratuíta,
universal e de calidade”.
Esquerda Unida de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario