martes, 10 de diciembre de 2013

         

   


D. Luis Miguel Taibo Casás voceiro do grupo de Esquerda Unida do Concello de Cambre e en representación deste grupo político, con enderezo a efectos de notificación en Parque Europa nº 7 15.660 Cambre, enterado da RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS, pola que se somete ao trámite de información pública o Proxecto de trazado da obra de actuacións no ámbito metropolitano da Coruña Conexión DP 1706-AP 9 en A Barcala e San Pedro de Nós-AP-9 (clave AC/09/029.01) publicado no Diario Oficial de Galicia nº 208 do 30/10/2013 presenta a seguinte


ALEGACIÓN


No proxecto de trazado da obra de actuacións no ámbito metropolitano da Coruña Conexión DP 1706-AP 9 en A Barcala e San Pedro de Nós-AP-9 (clave AC/09/029.01) proponse unha solución no viario de nova creación que non ten en conta a realizade do núcleo urbano de O Temple e produciría un efecto nada beneficioso aos cidadáns deste núcleo de poboación e de todo o Concello de Cambre, ao tempo que non se cumpre con toda a normativa de apliación. Son varios os motivos que levan a estas afirmación e que se relacionan a continuación:

-          Con respeto á normativa de aplicación non se ten en conta o Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba ou Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade Autónoma de Galicia nin a Orde VIV/561/2010, do Ministerio de Vivenda, de 1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidad e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados (BOE núm 61, 11 de marzo de 2010), que establecen como ancho mínimo de beirarrúas 1,8 metros libres de todo obstáculo que non aparece reflectido no proxecto e que empeoraría a situación creada pola contrución da cubrición do polideportivo do CEIP de Portofaro.


-          Tampouco se aplicou o Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Evaluación de Impacto Ambiental de proxectos (BOE 26 de enero de 2008), modificado pola Lei 6/2010, de 24 de marzo (BOE 25 de marzo de 2010) que establece no seu artigo 3.1. que “Los proyectos, públicos y privados, consistentes en la realización de obras, instalaciones o cualquier otra actividad comprendida en el anexo I deberán someterse a una evaluación de impacto ambiental en la forma prevista en esta ley.” Este proxecto estaría incluido no Anexo I do Grupo 6.a.1. “Construcción de autopistas y autovías, vías rápidas y carreteras convencionales de nuevo trazado” polo que ten que someterse á avaliación do impacto ambiental.


-       Non se ten en conta como se afecta con este proxecto á zona incuida no ámbito do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia que é de aplicación..


-    entronque entre o novo viario e a DP-1706 realízase no medio do solo urbano polo que seguiranse mezclando tráficos de circulación interna con aqueles outros que son de recorrido máis amplio o que mermaría a eficacia da proposta.


-      No proxecto non se ten en conta a incidencia no tráfico provocado pola proximidade do Colexio CEIP de Portofaro. Este colexio ao estar nun borde do núcleo urbano e dar servizo a todo o Concello fai que nesta zona á hora de deixar e recoller aos nenos prodúcense grandes retecións que afectan todos os días de colexio á estrada DP-1706. Coa implantación da rotonda ao carón deste Colexio este problema vai empeorar e mais se temos en conta que se vai expropiar e ocupar parte do aparcadoiro que utilizan os pais dos nenos para deixar o vahículo mentras os acercan ás aulas.


-          No CEIP de Portofaro realizouse no ano 2013 a obra de cubrición da pista polideportiva que parece estar afectada pola expropiación que se vai a realizar na parcela na que se localiza o colexio polo que se modifica o proxecto ou se expropia a totalidade da obra executada.


-          Non se ten en conta con esta rotonda ao carón do colexio o tráfico peonil nesta zona urbana pois é interrompido pola rotonda plantexada.


-          Non se tivo en conta no diseño ao usuario de bicicleta ao non dar unha alternativa a este tipo de vehículos tendo que utilizar o mesmo que os vehículos a motor.


-          O impacto da trincheira producida polos taludes que se formarán ao carón do colexio é demasiado grande e o efecto non é nada desexable na imaxe da cidade.


-          Estase afectando a unha área de oportunidade, que xa ten en conta o Plan Xeral de Ordenación en tramitación, na zona da contorna da ligazón de O Temple coa AP-9 pois nesa zona conflúen iniciativas tanto públicas como privadas de transformación da natureza do polígono industrial de O Temple baseadas en procesos de terciarización e integración urbana que é necesario compatibilizar coa incorporación como espazo verde dunha zona contigua que se vería afectada pola expropiación e que se sinala na seguinte imaxe adxunta en cor verde.






  

No Plan Xeral de Ordenación en tramitación plantéxase un novo Sistema Xeral
Viario no que se xustifican parte dos novos desenvolvementos e áreas de oportunidade, apóiase na rede das grandes infraestruturas de comunicacións, e na realidade física e orográfica do territorio. Para a posta en valor de novos solos na contorna de Cambre e A Barcala é imprescindible reforzar a estrutura viaria actual coa creación dun novo viario que circunvale ditos núcleos e os conecte tanto con O Temple como coa AP-9. Deste xeito, esta nova infraestructura nacerá na confluencia do vial de conexión da Vía Ártabra coa DP-1704 e disporá dun enlace coa estrada DP-1706, ao sur de A Barcala, núcleo que é circunvalado polo este ata confluir de novo coa DP-1706. Con esta actuación transformaríase o eixo de tráfico que é hoxe día a estrada O Temple - Cambre nun verdadeiro eixo urbano. Por iso hai que humanizar a estrada, semaforizala, domesticala, alfombrala de verde e convertela nunha rúa, nun bulevar urbano. E á calor urbana dese bulevar é onde deben localizarse novas dotacións e equipamentos e novos crecementos residenciais, sen que o anterior implique unha conurbación estrita e lineal. Para iso é necesario desviar o tráfico pasante, de modo que o espazo urbano o sexa para a localización e a interacción de actividades urbanas, sacando cara ao exterior do devandito espazo as funcións estritamente ligadas ao transporte, desviando desta maneira as externalidades negativas derivadas de tales actividades. Para iso proponse a disposición dunha Vía Colectora externa ao núcleo que desvíe o tráfico pasante, enlazando o acceso á Vía Ártabra desde o núcleo de Cambre até o núcleo de O Temple, nas proximidades da nova solución incorporada para o acceso á AP-9 desde á DP-1706. Na seguinte imaxe aparece reflectido este novo viario que debería de terse en conta no proxecto en exposición en cor morada.

-








 


 Por todo o dito con anterioridade, este grupo político, considera que se debería de modificar o trazado do viario proposto debéndose trasladar o enlace coa 
DP-1706 cara o sur, fora do solo urbano tendo en conta as previsións do Plan Xeral de Ordenación Municipal en tramitación. Proponse a seguinte solución baseada na proposta de data de Setembro 2004 do Plan sectorial da rede viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo que era máis adecuada que a actual e que se adapta máis ás necesidades do presente e do futuro do Concello de Cambre.





                                                                                                               Proposta para a zona


Por todo o exposto SOLICITAMOS que se teña en consideración o indicado para modificar o Proxecto de trazado da obra de actuacións no ámbito metropolitano da Coruña Conexión DP 1706-AP 9 en A Barcala e San Pedro de Nós-AP-9 (clave AC/09/029.01) en exposición pública.

Cambre, 5 de decembro de 2013



Asdo.: Luis Miguel Taibo Casás


AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

XUNTA DE GALICIA

No hay comentarios: