martes, 17 de diciembre de 2013

EU ESIXE A RIVAS QUE NON SACRIFIQUE A CONSTRUCCION DO CENTRO DE DÍA EN CAMBRE.

De cara ó Pleno que se celebrará o vindeiro 19 de Decembro, EU vai solicitar ó Goberno presidido por Manuel Rivas, deixe novamente enriba da mesa a firma do Convenio coa fundación Amacio Ortega para a construcción dunha escola infantil no Temple.

A cesión do terreo no que a está proxectada a ubicación da escola infantil, está suxeta a un acordo plenario de 2008 no que, se acordara que nese solar ubicaríase ademais dunha escola infantil, un centro de saúde e un centro de día.

A construcción do centro de saúde segue entre os plans do equipo de Goberno, e a da escola infantil tamén, grazas á aportación da Fundación Amacio Ortega, pero o centro de día queda excluído deste proxecto, polo que o que, aparentemente é un proxecto beneficioso para Cambre, esconde o sacrificio dun moi necesario centro de día no Concello.

En opinión de EU, é necesario que se volva a replantear a configuración dos servizos que van ser ubicados e construídos no terreo destinado ó efecto. Na proposta que prantexará o executivo cambrés no vindeiro Pleno, proporase a modificación do acordo plenario de 30/10/2008, o que significará que a construcción do centro de saúde e do centro de día non se incluirá neste proxecto.

A petición de EU, non pasa polo rexeitamento da construcción da escola infantil, coa que estamos totalmente a favor, senón a consideración e cumprimento do acordo plenario no que quedou plasmada a necesidade que actualmente ten o concello de dotar dos servizos de centro de día e centro de saúde.


Afirmamos dende EU de Cambre,que o actual goberno municipal, non está a defender os intereses dos veciños senón que aceptan, sin rechistar, o proxecto que a Fundación Amacio Ortega prevé para construir unha escola infantil, uitilizando todo o terreo para dito usa, cando un solar de 2000 metros cuadrados, sería suficiente para albergar dita gardería como o centro de saúde e o centro de día. Coidamos que é obriga do Goberno, loitar por defender que se cubran as actuáis necesidades existentes no Concello, entre as que é prioritaria a consideración da dotación dun lugar onde os nosos maiores poidan disfrutar dun espazo onde poidan cubrir necesidades propias da súa idade, que non poden ser, na maioría dos casos, facilitadas de xeito individual nas súas casas.

No hay comentarios: