INICIATIVA DE "EU" APROBADA POR UNANIMIDADE
(Pleno do 30 de xaneiro)
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SOBRE A RECLAMACIÓN DAS “CLAUSULAS SUELO” DAS HIPOTÉCAS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Unha parte importante das entidades financeiras bancarias, e Caixas de Aforro foron rescatadas polo Estado debido a sua mala xestión.
Os rescates a estas entidades supoñen unha carga financeira para todas as persoas e familias do país, que ven disminuidos os seus ingresos e encarecido o seu nivel de vida, debido en parte aos impostos destinados a pagar os mencionados rescates.
As supostas refinanciacións e axudas que realizan as entidades cara aos seus clientes quedan moi lonxe do decreto de boas prácticas que suscriben, o que supón operacións co fin de facer negocio aproveitando a situación de desamparo dos seus clientes, así como a inclusión de novos avales que serán posteriormente desafiuzados xunto ao deudor principal no caso de non poder facer fronte á débeda.
As entidades rescatadas, en tanto sobreviven gracias aos impostos das persoas, deben ser especialmente sensibles ao sufrimento das mesmas, debido a que un dos motivos da crise económica que vivimos, entre outros, é a mala xestión de ditas entidades, polo que deben ofrecer solucións ás persoas, que lles permitan, ben sexa seguir pagando a sua hipoteca sin que supoña unha carga imposible de levar, ben sexa con solucións para garantizar o dereito á unha vivenda digna, así como o dereito a unha segunda oportunidade no caso da dación en pago e a condonación da deuda.
A sentenza do 20 de marzo do 2013 do Tribunal Supremo pronúnciase sobre as “cláusulas suelo” nas hipotecas.
O fallo da sentenza dispón a nulidade da conocida “cláusula suelo” nos contratos hipotecarios, vinculando dita nulidade, a la falta de transparencia.
Este tipo de prácticas bancarias afectan directamente a centos de miles de cidadáns e o seu carácter abusivo foi declarado polo Tribunal de Xusticia da Unión Europea, polo Tribunal Supremo, e antes, polos xulgados e audiencias provinciais de toda España.
Non se trata de accións puntuáis de determinada entidade financeira; son estratexias empresariais desenvolvidas pola maioría das entidades financeiras do país, que obraron durante anos impunemente, mentras mirábase cara outro lado por parte do Banco de España e do Consejo Nacional del Mercado de Valores, que non actuaron fronte a elas.
A a esta falta de actuación por parte dos organismos de control, temos que sumarlle a falta de respostas dos órganos de goberno, que acuden novamente na defensa da banca.
O efecto dos suelos hipotecarios notase especialmente nos momentos como o actual, cando a referencia sitúase en niveis históricamente baixos.
Por todo o exposto anteriormente, O Grupo municipal de Esquerda Unida de Cambre entende que existe unha gran desprotección dos cidadáns é que está nas mans dos poderes públicos, entre eles as corporacións locais o deber de plantar cara a esta mala praxis para conseguir a eliminación deste tipo de cláusulas, que determinan un mínimo a pagar incluso cando os índices hipotecarios son inferiores.
A proposta de EU, non é máis que poñer voz ao interés xeral de moitas familias que vense afectadas por condicións abusivas das entidades financeiras, que na maioría dos casos fóronlle impostas contribuindo á creación desta estafa que moitos chaman crisis.
POR TODO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
1º.- Que o Concello de Cambre inste mediante a remisión dunha carta ás entidades finaceiras situadas no municipio e que firmaron hipotecas con cláusulas suelo, a que procedan de inmediato á anulación de ditas cláusulas no caso de que aínda non fose realizado por elas mesmas.
2º.- Que esta corporación municipal inste ás entidades financeiras a que se absteñan de vender ou mediar este tipo de productos sen informar coa debida dilixencia e de forma clara aos compradores, de que este tipo de cláusulas pode supoñer unha merma económica variable en función do Euríbor.
3º.- Que o Concello colaborarará cos medios necesarios para informar e asistir ás persoas afectadas polas cláusulas suelo nas reclamacións ou queixas que tiveran que presentar para requerir a sua eliminación en defensa dos seus dereitos como consumidores.
4º.- Reclamar ao Goberno Central a modificación por vía de urxencia do R.D 1/2007 de 16 de novembro sobre defensa dos consumidores, no sentido de introducir a consideración das clásulas suelo como abusivas.
5º.- Dar traspaso do acordó aos efectos correspondentes ao Congreso dos diputados e ao Parlamento de Galicia.
GRUPO MUNICIPAL DE "EU" DE CAMBRE
No hay comentarios:
Publicar un comentario