INICIATIVAS PRESENTADAS AO PLENO ORDINARIO DO MES DE MARZO POLA "ACDC"
MOCIÓN PARA QUE A
CONTRATACIÓN PÚBLICA DO CONCELLO INCLÚIA CRITERIOS SOCIAIS E AMBIENTAIS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Un dos principais mecanismos cos que contan as
administracións públicas para conseguir o benestar dos cidadáns e cidadás é a
contratación pública. O seu peso económico cífrase en máis dun 15% no PIB do
Estado Español.
A contratación pública é unha ferramenta xurídica ao servizo
dos poderes públicos para o cumprimento dos seus fins e valores fundamentais:
cohesión social, redistribución da riqueza, igualdade e xustiza. Débese evitar,
como viña ocorrendo ata agora, que a maior ponderación do criterio prezo, entre
os tidos en conta para adxudicar os contratos, incida negativamente no mercado
laboral, destruíndo emprego e empeorando as condicións dos traballadores.
Os obxectivos das administracións municipais neste ámbito
deben estar dirixidos á consecución dunha contratación pública estratéxica,
sustentable e socialmente responsable que teña en conta non só a calidade,
eficacia e sustentabilidade ambiental na prestación de servizos públicos e nas
compras públicas, senón tamén a necesidade de non incidir negativamente sobre
as condicións nas que se desenvolve a prestación laboral ou sobre o propio
emprego. A oferta economicamente máis vantaxosa non ten por que identificarse
coa do prezo máis baixo.
O marco normativo da contratación pública viuse modificado
coa aprobación dunha nova Directiva sobre contratación Pública -Directiva
2014/24/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 26 de febreiro de 2014- que
incide na aplicación doutros criterios de adxudicación, como os criterios
sociais, ambientais, ou de innovación, prioritarios tamén en aras a un
crecemento intelixente, sustentable e integrador que persegue a Estratexia
Europa 2020, e na que a contratación pública desempeña un papel crave.
De acordo co disposto no Considerando 90 da Directiva, a
adxudicación dos contratos debe basearse en criterios obxectivos que garantan o
respecto aos principios de transparencia, non discriminación e igualdade de
trato co fin de garantir unha comparación obxectiva do valor relativo dos
licitadores que permita determinar, en condicións de competencia efectiva, que
oferta é a economicamente máis vantaxosa.
Doutra banda, tal e como recoñece a Directiva Europea sobre
contratación pública 24/2014, para ccalidade, eficacia e sustentabilidade
ambiental na prestación de servizos públicos e nas compras públicas, senón
tamén a necesidade de non incidir negativamente sobre as condicións nas que se
desenvolve a prestación laboral ou sobre o propio emprego. A oferta economicamente
máis vantaxosa non ten por que identificarse coa do prezo máis baixo.
Doutra banda, tal e como recoñece a Directiva Europea sobre
contratación pública 24/2014, para contratos de prestacións directas a cidadáns
no ámbito sanitario ou social resulta necesario un tratamento máis afastado do
mercado, dado o carácter estratéxico das necesidades para satisfacer e, por
iso, deben ser prestados desde unha estrita perspectiva de calidade.
É fundamental conseguir que a prestación de servizos
públicos e as compras públicas sexan de calidade, estratéxicas, sustentables e
socialmente responsables, e que deixe de ter efecto a obrigatoriedade de que o
prezo máis baixo sexa o que determine a elección da empresa que prestará os
servizos públicos cando se utilice máis dun criterio de valoración. Deste xeito
poderá evitarse, como se sinalou antes, que a contratación pública incida de
forma negativa no ámbito laboral.
Ha de terse en conta que naqueles contratos nos que o
compoñente económico fundamental vén constituído polo custo da man de obra, a
maior ponderación do criterio prezo entre os tidos en conta para a súa
adxudicación pode incidir negativamente no mercado laboral e ser utilizado de
forma impropia para xustificar numerosas actuacións que acaban destruíndo emprego
e empeorando as condicións laborais dos traballadores.
POLO ANTERIORMENTE EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DA “ACDC”
PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
1.- Que nos pregos de contratación que se realicen desde o
Concello, se incorporen cláusulas
sociais e ambientais (criterios como a calidade das condicións de emprego, a
inserción socio laboral de colectivos desfavorecidos, a diversidade funcional, políticas
de xénero, ambientais e de comercio xusto,). Devanditos criterios tenderán a
valorarse nun mínimo do 60% sobre a puntuación total.
2.- Naqueles supostos en que os órganos de contratación
utilicen máis dun criterio para a valoración das proposicións e a determinación
da oferta máis vantaxosa, deberán incluírse criterios que permitan identificar
a oferta que presente a mellor relación calidade-prezo, tales como a calidade,
accesibilidade, características sociais, ambientais ou innovadoras, entre outros,
sempre que estean vinculados ao obxecto do contrato e formulados de forma
obxectiva con pleno respecto aos principios de igualdade, non discriminación,
transparencia e proporcionalidade.
3.- Os contratos de prestacións directas a cidadáns no
ámbito sanitario ou social serán considerados desde unha estrita esixencia de
garantías de calidade do servizo en relación ao obxecto do contrato con
criterios tendentes á maior especificidade posible.
4.- Non prorrogar os contratos vixentes, redactando cando
expire cada un deles un novo prego que incorpore ditas cláusulas.
ROGOS:
1º.- O pechamento da pista de skate presenta roturas e
desperfectos no peche metálico do seu perímetro. PREGAMOS se procedan a reparar estas deficiencias, co fin de evitar riscos e
posibles accidentes na instalación deportiva.
2º.- No
mes de outubro de 2015, aprobouse por unanimidade unha moción do noso Grupo
Municipal, na que se chegou ó compromiso de emitir os plenos para que as
veciñas e veciños interesados poideran acceder ás sesións plenarias dende as
súas casas, e facer a política municipal mais cercana para todos. O Sr. Leirós,
voceiro de UXC, manifestou a súa intención de celebrar unha Xunta de Voceiros
para falar do tema e sobre todo informarse ben para poñelo a funcionar.
A xunta de Voceiros non se celebrou
nunca, e do tema non se volveu falar, polo que 6 meses despois da aprobación da
iniciativa, sin que teñamos ningunha información ó respecto,
PREGAMOS: Se nos remitan os
informes acadados e comprometidos polo goberno e se nos xustifiquen verbal e
documentalmente todas as accións levadas a cabo para poder dar cumplimento ó
acordo unánimemente aprobado polo conxunto desta corporación. Do mesmo xeito,
pregamos se nos informe da partida orzamentaria reservada nos orzamentos
pendentes de aprobar de 2016 para dar cumplimento a este acordo.
3º.- O
acordo alcanzado entre a UE e Turquía permite
expulsar, sen posibilidade de solicitar asilo, ás persoas chegadas a costa de
Grecia dende países en conflicto é de
dudosa legalidade por violar os dereitos humanos fundamentais, como ten
expresado a propia ONU.
Este
acordo viola todos os dereitos humanos consagrados nos tratados internacionais,
incluída a propia Convención de Xenebra, que é un texto que foi escrito para
dar cobertura legal ós refuxiados e refuxiadas creados polos horrores do fascismo
e da Segunda Guerra Mundial.
A
cuestión é que a fórmula que parecía valer para os europeos hay cincuenta anos,
non vale cando son persoas doutros continentes as que chegan a Europa.
Este
acordo é asinado para poder dotar dunha aparente lexitimidade ante a mirada da
xente unha serie de actuacións que rompen completamente coa legalidade
internacional vixente e acadar, por 6.000 millóns de €, que Turquía sexa o
sicario da UE e evite que os nosos gobernos manchen as súas mans de sangue e non cumplan coa súa obriga, que é dar
protección a quen o necesita.
Este
acordo incumple, ademais, o Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos,
a Carta Social Europea, o Convenio Europeo de Dereitos Humanos, o Tratado da
Unión Europea, a Carta de Dereitos Fundamentais e o dereito internacional
marítimo.
Este
acordo, na práctica supón a devolución a Turquía de todas as persoas
interceptadas no mar e incluso das que cheguen ás illas gregas, xa que as
demandas de asilo serán resoltas en poucos días e tras eso as persoas serán
devoltas a Turquía.
Tamén
se nos quere facer ver que Turquía é un país seguro cando, según Amnistía
Internacional, o goberno turco está a introducir a centos de persoas
demandantes de asilo en autobuses para levalos a centros de detención onde se
reclúen en réxime de aíllamento. Existen denuncias que poñen de manifesto que
neses centros de detención pasan días e son suxeitos a palizas e torturas ata
que, finalmente, son devoltos ó país do que fuxiran. Falamos de centos de
persoas que arriscaron a súa vida e gastaron os seus aforros para chegar a
Europa e tras ser torturados os devolven a Siria ou Irak.
Resulta
intolerable e muy perigrosa esta deriva ética que, en lugar de avanzar hacia
unha Europa da solidariedade, pode conducir hacia unha Europa xenófoba, racista
e contraria os máis básicos dereitos humans.
Dende a “ACDC” entendemos que o concello de Cambre non pode
permanecer alleo ou indiferente ante unha decisión que condena cruelmente aos
refuxiados que fuxen dos seus países en condicións inaceptables.
-Por isto PREGAMOS ao
Goberno do Concello a retirada da bandeira da Unión Europea (UE) dos espazos
oficiais do Concello e edificios municipais, mostrando así o noso rexeitamento como un xesto simbólico, ante unha institución que maltrata os
refuxiados.
PREGUNTAS:
1.- No noso Concello aprobouse unha iniciativa para dar carácter institucional ó dia da “Festa do árbore”. O pasado día 21 de marzo foi o “Día Forestal Mundial” denominado tamén “Dia internacional dos bosques”, dende o noso grupo non tivemos coñecemento de ningunha iniciativa por parte do concello encamiñado a promover valores de respecto á natureza e o indispensable papel das árbores no mantemento do ecosistema. Tampouco se levaron a cabo actos sobre a recuperación e celebración da festa tradicional do “Día do árbore”.
-¿Poden informarnos dos motivos para non realizar ningún acto nestas datas?
2.- No vial que
transcurre dende A Cruz a Amil, un poste do tendido eléctrico instalado na súa
marxe, supón un perigro para a circulación. Neste sentido entendemos que,
independentemente das accións que se poidan realizar é de inmediata necesidade
a sinalización do mesmo.
-¿Qué accións ten previsto o goberno realizar ou ten
realizadas, no seu caso, para proceder á súa retirada ou retranqueo?
3.- Son moitos os viales do concello que polo seu perigo
carecen de biondas ou gardarrailes de protección.
Tendo coñecemento deste feito e das queixas que os
veciñ@s fan chegar ó noso Grupo municipal, queremos dar traslado
ó Goberno do estado de inseguridade que se produce no camiño que transcurre
entre a estrada CP.-1704 Brexo a Sta. Mª de Vigo CP.- 1704, presentando zonas
que comportan perigo para a circulación rodada e peonil (sobre todo na
proximidade do río Brexa), Coidamos se debe correxir esta situación para non
ter que lamentar ningún accidente.
En base ó anteriormente exposto o GM da ACDC PREGUNTA:
-¿Ten o Goberno
prevista algunha acción ou medida de seguridade no citado camiño?
25 de MARZO de 2016
Asdo: Olga Santos López.Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre-
Son