lunes, 12 de septiembre de 2016

ACdC REQUIRE Ó GOBERNO DO ESTADO PARA QUE SE PERMITA GRAVAR AS VIVENDAS BALEIRAS DE BANCOS E PROMOTORAS CUN 50% MAIS DE IBI.

Dende a ACdC, somos especialmente sensibles coa situación de desprotección que actualmente moitas familias sofren con respecto a un dereito fundamental, como é o dereito a unha vivenda digna.
Ó mesmo tempo dase a paradoxa de que moitas familias non teñen acceso a dita vivenda, habendo moitas baleiras en mans de bancos, promotoras ou constructoras que non sofren ningún tipo de presión fiscal que os leve a buscar fórmulas que permitan sacar esas vivendas ó mercado de venta ou aluguer.
É desde a clave social do dereito constitucional a unha vivenda digna e adecuada que os poderes públicos deben garantir a idea de que toda vivenda desocupada de xeito permanente incumple flagrantemente a súa función social.
Actualmente xa está regulado no artigo 72.4 do TRLRHL, a posibilidade de que os Concellos poidamos recargar ós inmobles urbanos de uso residencial desocupados con carácter permanente, ata un 50% do IBI, "exclusivamente" a aquelas vivendas en mans de entidades financieiras, promotoras e constructoras.
Dende a ACdC, instaremos no vindeiro pleno ordinario do 14 de Setembro, a que se esixa ó Goberno da Nación o necesario desenvolvemento reglamentario por parte do Estado das condicións que se deben cumprir para que un concello poida gravar as vivendas baleiras.
A día de hoxe, aínda que está contemplada esta posibilidade dentro das competencias dos Concellos na Ley de Haciendas Locales (TRLRHL), e se pode establecer nas Ordenanzas fiscais municipais, non pode esixirse ata que exista ese desenvolvemento reglamentario do Estado, ao non atoparse esta posibilidade entre as potestades reglamentarias dos Concellos.
 — con Asemblea Cidadá de Cambre.

No hay comentarios: