Asemblea de Cambre dice que el Concello incumple el acuerdo de no usar herbicidas
11.09.2016 | 01:40
Asemblea Cidadá de Cambre (ACdC) denuncia que el Gobierno local "incumple el acuerdo que prohibe usar herbicidas en los espacios públicos" del municipio. Recuerda que el pasado julio el pleno aprobó una moción presentada por ACdC para prohibir que se usen herbicidas pero hace poco el Concello aseguraba que usaría "glifosato", un potente herbicida, para eliminar plumachos de fincas, lo que incumple el acuerdo, así que pedirá explicaciones.
Olga Santos 669 796 995 Antonio Bruquetas 620 540 061
|
NOTA INFORMATIVA DA
ASAMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE
O GOBERNO NON CUMPLE O ACORDO QUE PROHIBE USAR
HERBICIDAS NOS ESPAZOS PUBLICOS DO CONCELLO
No Pleno ordinario do mes de xullo de 2016, a Corporación de Cambre aprobou unha moción presentada pola ACdC pola que por unha banda "deberase prohibir a aplicación de herbicidas químicos para todos os usos non agrarios nos espazos de uso público, estradas ou redes de servizo na totalidade do territorio do término municipal", por outra, que esta práctica de usar glifosatos ou herbicidas "sexa substituída por métodos non químicos, que non danen a saúde nin o medio ambiente, por exemplo os métodos mecánicos e térmicos" e por último "tome as medidas oportunas para sensibilizar e informar á poboación dos riscos para a saúde e o medio ambiente que supón o uso dos herbicidas químicos tamén no referente aos seus usos agrarios a fin de fomentar unha redución do seu uso agrario e unha aplicación en condicións de seguridade."
Con
posterioridade a aprobación desta moción co voto favorable de todos os grupos,
o Goberno presidido por Oscar García Patiño, afirmaba que O Concello de Cambre
retirará plumachos e limpará 1500 metros cadrados de fincas públicas. Dentro
desta afirmación debemos facer fincapé na declaración que determina un
incumplimento do acordo plenario. Concretamente
se manten por parte do Goberno que
"para eliminar os plumachos o concello pulverizará glifosatos sobre as
plantas cando broten tras
desbrozar".
Ante a gravidade
desta afirmación dende a ACdC solicitaremos no vindeiro pleno do 14 de Setembro
que por parte do Alcalde ou Concelleiro responsable se nos informe das
previsións ou actuacións que se están a levar a cabo pola empresa que acomete
esta actuación, no referente ó uso de glifosatos, prohibidos expresamente no
Concello de Cambre. Do mesmo xeito, solicitaremos se nos informe cal é a
actuación concreta que se está levando a cabo para a eliminación dos plumachos
e requeriremos o firme compromiso do goberno de dar cumplimento a un acordo
plenario adoptado por unanimidade dos membros da corporación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario