ROGOS
1.- Dende a “ACdC” querenos denunciar unha vez mais a carencia de medidas de seguridade e situación de perigro na estrada CP.-1707, no tramo que comprende dene o núcleo de Armental a Castellana, motivado a carencia de beirarrúas, que fai imposible que as persoas poidan circular coas necesarias medidas que garantan mínimamente a integridade fisica dos viandantes.
Urxe unha actuación prioritaria por tratarse de un vial que une o centro de Oleiros con Cambre, onde existe gran intensidade de circulación rodada, que se acentúa cada pola carencia de outras vías alternativas que desconxestionen os viales tradicionais.
Lamentamos que o concello, a administración mais próxima os veciñ@s e a propia Deputación provincial (titular da estrada) non sexan capazes de darlle unha solución o problema, poñendo de manifesto a situación de indefesión dos cidadáns que con mais frecuencia ven mais difícil o seu desplazamento e desenrolo das súas activididades diarias ante a situación que teñen que soportar.
E unha vergoña, que unha estrada que une as capitales municipais de Oleiros e Cambre, presente esta situación. Tratase mais de vontade política que do gasto que pode ocasionar esta actuación. Parece que o nivel de protección dos peóns e suarios de bicicletas non parece ser una prioridade para concello e Deputación”.
E unha vergoña, que unha estrada que une as capitales municipais de Oleiros e Cambre, presente esta situación. Tratase mais de vontade política que do gasto que pode ocasionar esta actuación. Parece que o nivel de protección dos peóns e suarios de bicicletas non parece ser una prioridade para concello e Deputación”.
Mentras os cidadans observan, como tanto administración Local e Deputación Provincial non dan resposta a unha necesidade fundamental en materia de seguridade viaria, unha demanda reclamada polo noso Grupo en dúas ocasións no Pleno do concello.
“ACdC”, quere denunciar a falta de interese do concello hacia os veciñ@s e usuarios en xeral da mencionada estrada, por considerar que debe ser unha actuación prioritaria e urxente para o Goberno municipal e tamén para a administración Provincial, que non son capaces de poñerse de acordo en un tema tan importante coma a seguridade das personas, e así atenuar a insostible situación de desamparo que están a sofrir.
Por todo o anterior PREGAMOS que se inicien do xeito mais apremiante posible, as actuacións precisas coas administracións que proceda, para dar solución a este problema.
2.- Dende o comezo da lexislatura, vimos en distintos plenos ao longo do tempo (outubro de 2015) denunciando diversos focos onde se acumulan lixos e desperdicios, unhas veces de obras, outras basuras ou restos vexetais. Sempre se deron rápida solución menos un, un dos mais perigosos ao noso paracer, xa que conten uralitas. Falamos do situado en Meixigo. En reiteradas ocasions o noso grupo viu facendo reclamacións ao respecto de como axudar aos veciños e veciñas do noso concello, a desfacerse correctamente do amianto que conteñen eses lixos, e a dia de hoxe e vindo como se seguen acumulando neste sitio, non podemos mais que PREGAR que procedan a establecer un convenio coa empresa que proceda para proceder a retirar eses residuos perigosos do noso concello.
3.- Nas derradeiras obras de mellora do campo do Dani Mallo, cando se cambiou o cespede, deixaronse os lixos resultantes amoreados fora do campo, constituindose nun herbideiro de culebras e animais que poden resultar dañinos para as nosas menores, tendo en conta a proximidade co campo de futbol e a alta probabilidade de que os rapaces vaian a buscar por ali un balon perdido.
Polo tanto o noso grupo PREGA que se proceda coa limpeza da zona dun xeito seguro e compatible co normal desenrolo das actividades que se levan a cabo nas inmediacións.
Polo tanto o noso grupo PREGA que se proceda coa limpeza da zona dun xeito seguro e compatible co normal desenrolo das actividades que se levan a cabo nas inmediacións.
PREGUNTAS:
1.- Tendo en conta como foron as enteriores tempadas de desbroces de cara ao periodo estival o noso grupo, con tempo de abondo para atopar un xeito de xestionar esto dunha forma efectiva, se PREGUNTA: ¿como afronta o departamento de obras este tema de cara a este ano?