viernes, 27 de septiembre de 2013

      REUBICACIÓN
     DA FEIRA XA!!

       BASTA DE   

       ENGANOS



miércoles, 25 de septiembre de 2013





NOTA INFORMATIVA

ASUNTO: Mesas de consulta sobre o ensino público




Compañeiros e compañeiras

O vindeiro xoves,    DÍA 26 DE SETEMBRO  ÁS  18:30 H., na explanada do Obelisco a Plataforma en Defensa do Ensino Público, e dentro dunha campaña de ámbito estatal,  constituirá a mesa de consulta da comarca da Coruña

DENDE A SECRETARÍA XERAL E A COMISIÓN EXECUTIVA DA U.C. DE A CORUÑA, FACEMOSVOS  UN CHAMAMENTO A VOSA PARTICIPACIÓN


A Coruña, 25 de setembro  de 2013


Continua privatización da sanidade

Correo-eImprimirPDF
Novo paso cara a privatización da sanidade pública coa contratación da Plataforma para a teleasistencia sanitaria. 
Alternativa Galega de Esquerda denuncia o novo paso que a Xunta de Galicia acaba de dar cara a privatización da sanidade púbica coa contratación para a elaboración dunha plataforma tectnolóxica de asistencia a domicilio de doentes por vía telemática. Esta contratación por unha banda que consultas de atención promaria e especializada se vaian suplir por unha consulta ao traverso de medios informáticos, incompatibles cunha correcta anamnese e, por outra, implica unha nova contratación con empresas privadas para a proporción de servizos sanitarios.
Os deputados de AGE consideran que os medios sanitarios telemáticos poden ser importantes é útiles como complemento dos servizos sanitarios, pero nunca deben ser empregados como sustituto. As e os doentes precisan ser escoitados e explorados en persoa para unha correcta anamnese e unha adecuada relación co profesional sanitario, semella unha tolemia domiciliaria de primaria e especializada. De realizarse esta sustitución ao único ao que favorecería sería aos recortes en materia de sanidade pública, precisando menos persoal para os servizos.
Paralelamente suporía que as grandes empresas continuasen a absorber parte da atención sanitaria no noso país, continuando coa sangría privatizadora que xa de inicio e somentes neste proxecto vai supor un gasto de preto de 2,5 millóns de euros que deberán investirse en cubrir as vacante do persoal e facer máis contratacións para manter e mellorar a calidade asistencial , moi perxudicada dende o inicio dos recortes.
Por outra banda, semella algo fantasioso pretender o acceso a estes medios telemáticos nas condicións económicas, sociais e de acceso ás novas tecnoloxás, en todo o país, pero sobor de todo, no rural galego.

A non-normalidade do inicio de curso

Correo-eImprimirPDF
”Situación límite”  do ensino público. Os deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron aseguran que a Consellaría de Educación está a someter “a sociedade a unha purga”.
O ensino público galego atópase “nunha situación límite”. A voz de alarma dérona en rolda de prensa os deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron, quen avisaron, ademais, de que se non se toman medidas, “levará decenios reverter este proceso”. Os ataques da Xunta do señor Núñez ao ensino público forman parte central da súa estratexia de devaluación xeral da existencia das galegas e dos galegos. Para este curso -2013-2014- fano con durísimas medidas que cuestionan o dereito á educación pública das cativas e cativos, estabelecen o repago nos comedores escolares e precarizan –aínda máis- os empregos do profesorado pola vía de aumentar as interinidades.
“A Xunta asegura que o curso comeza con normalidade”, afirmou Xabier Ron, “pero iso é un embuste, de non ser que entendamos por normalidade un país en que 93.000 fogares están no desemprego e o paro xuvenil afecta a máis do 50% das persoas. Cun 33% de familias en situación de exclusión, non podemos falar de normalidade”. Nese contexto, a consellaría de Educación discorre un infame decreto sobre os comedores escolares para que as familias paguen por este servizo. Cando antes o 92% dos alumnos tiñan este dereito de balde, agora unha familia en que os pais cobren 825 euros de salario cada un deberá pagar 20 euros ao mes polo comedor. Se o soldo é de 1.125 euros, a tarifa que se lles aplica será a máxima, 45 euros ao mes. “Isto é o que Feijóo chama rendas altas, nin máis nin menos”, indignouse Ramón Vázquez, quen prognosticou que ese decreto fará que moitos nenos non poidan usar o comedor.
No deseño do Goberno do PP para a escola pública todo está planificado para destruír un dereito universal que só se conseguiu logo anos e anos de loita. Por iso tamén inclúe a precarización do profesorado mediante o mecanismo de facer aumentar os interinos. Só en primaria, medraron un 30% respecto do curso pasado –de 547 a 825. Mentres financia con subvencións colexios ultrarreaccionarios que segregan o alumnado por sexo, a Consellaría de Educación pecha 15 colexios públicos –case todos no rural- e deixa os sistema  con 57 aulas menos. Iso si, concerta 40 novas aulas con empresas privadas e 18 unidades de Formación Profesional. Os recortes nos cartos públicos para axudar a mercar os libros de texto –logo de eliminar a súa gratuidade- son do 10%. “O PP está a dar pasos para aclimatar o ensino á denominada Lei Orgánica de Mellora da Calidade do Ensino [Lomce]”.
Faino tamén pola vía da españolización dos itinerarios educativos e coa redución do galego nas aulas, algo inaudito na historia da autonomía ate que o señor Núñez chegou co seu discurso contrario á lingua propia de Galicia. Aínda hoxe o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de lle dar un ultimátum á Xunta para que elimine dunha vez a enquisa sobre linguas en que fundamenta o trato discriminatorio ao galego (haberá nota específica).
Os plans do PP para escola pública descartan, a maiores, a proposta que onte defendeu AGE na correspondente comisión parlamentaria de elaboración dun plan destinado a evitar carencias nutricionais no alumnado. Estas, que mestres e orientadores cadora detectan con máis asiduidade, fan preciso que a Administración pública actúe e para non deixar, así, todo en mans da caridade. A caridade e a beneficiencia foi exactamente a resposta que Alternativa obtivo do Partido Popular á súa proposta. “O PP négase e logo aproba un plan contra a obesidade, que está directamente relacionada cos problemas nutricionais”. A creación de aulas de castigo recollida no decreto que desenvolve a lei de convivencia é outro elemento máis da brutal ofensiva da dereita contra o ensino público e galego e de calidade. “Están a someter a sociedade galega a unha purga”, concluíu Ramón Vázquez.

domingo, 8 de septiembre de 2013




 INICIATIVAS PRESENTADAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO ORDINARIO DO DIA 5 DE SETEMBRO, CORRESPONDENTE AS SESIÓNS ORDINARIAS DO MES DE AGOSTO


MOCIÓN DE SOLIDARIDADE COAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DA PLANTA DE NOSTIÁN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 28 de xullo os traballadores e traballadoras da empresa privada Albada víronse abocados a comezar unha folga para defender os seus dereitos laborais, debido as condicións numantinas que a concesionaria do servizo de tratamento de refugallos pretendía aplicarlles  aproveitando a lesiva reforma laboral aprobada polo PP.

Albada, unha UTE na que participa Urbaser, empresa que obtivo millóns de beneficios  e pertence á multinacional ACS de Florentino Pérez, pretende extorsionar aos seus traballadores e traballadoras reducindo un 25% o seu salario e incrementado a xornada de traballo en tres hora e media.

A concesionaria, cando precisamente máis está a cobrar máis que anos anteriores, polo canon argumenta a súa extravagante proposta en que se reduce a súa carga de traballo debido a unha insignificante redución do lixo producido pola cidadanía por mor da crise.

Peregrino argumento da avariciosa empresa, porque o nivel de reciclaxe do lixo nunca estivo a altura do canon que o concello está a pagar.

Este ataque frontal aos traballadores por parte da concesionaria, coincide coa drástica e decidida política de redución de persoal o que ven a demostrar a súa intención de desmantelar o servizo de reciclaxe de refugallos, para converter Nostián nunha planta de transferencia de lixo. Así no último ano o cadro de persoal descendeu dende prácticamente 130 traballadores e traballadoras a 106, entre os 11 despedimentos, finalización de contratos, non renovacións ou falta de cobertura nas baixas. Agora coa intención de incrementar o horario dos traballadores pretende o despedimentos de outros 18 empregados, si xa non se reciclaba adecuadamente coa eliminación de postos de traballo a reciclaxe será mínima.

O Concello, como subministrador final do servizo á cidadanía xa que está obrigado legalmente a desenvolvelo, ten suficientes argumentos xurídicos para intervir no conflito e evitar que se manteña esta situación que prexudica fondamente á cidadanía. Os poderes públicos deben pular por asegurar a calidade medioambiental do servizo de tratamento de refugallos, así como preservar o emprego por riba dos intereses empresariais.

Non debemos esquecer que este é un servizo público pagado con cartos de todos e todas do que a empresa concesionaria está a obter beneficio.

Diante dunha folga que está a provocar graves molestias á veciñanza, provocada pola avaricia da concesionaria que pretende recortar dun plumazo unha cuarta parte do salario dos seus traballadores e traballadoras, incrementarlles a xornada laboral e despedir a máis traballadores dos 11 que xa despediu neste ano, Esquerda Unida propón os seguintes ACORDOS:

Primeiro.- O Pleno do Concello de Cambre insta ao goberno municipal a non pagar o canon por tratamento de refugallos durante os días da folga pola incapacidade da concesionaria Albada para desenvolver un nivel mínimo aceptable de reciclaxe de refugallos.

Segundo.- O Pleno do Concello de Cambre insta ao goberno municipal a descontar do recibo do lixo a parte correspondente ao tratamento de refugallos durante os días que dure a folga.

Terceiro.- O Pleno do Concello de Cambre solidarízase cos traballadores e traballadoras da planta de Nostian que levan máis dun mes en folga loitando polos seus dereitos con dignidade e determinación.

Cuarto.- Darase conta da parte resolutiva desta moción ao Comité de Empresa de Albada, así como as centrais sindicais participantes na Folga Xeral do sector do lixo do 27 de agosto de 2013, CCOO, CIG, STL e UGT.


                                   En CAMBRE, a 30 de agosto de 2013


 ROGOS:

1.- En días previos á celebración do Rock in Cambre, dende o Gabinete de Alcaldía fíxosenos chegar a comunicación de que os concelleiros, xunto con un acompañante, tiñamos dereito a acceder ó backstage a aparcar no Campo da Feira e a un cátering. O Grupo Municipal de EU decidimos non disfrutar dese dereito a cátering por coidar que comer a conta dos veciños é unha mostra de tan mal gusto que non merece nin sequera ser comentada.
Aínda así, e co ánimo de esclarecer a intención do goberno PREGAMOS:

-Se nos informe das persoas que foron invitadas a este catering, cantas asistiron, e cal foi o seu custe.

2.-  Según recentes informacións en prensa, a Feira de Cambre, voltará a celebrarse no seu emplazamento orixinal, na primeira feira de Outubro, debido á falta de documentación dos solicitantes e a que o volumen de solicitudes superan as prazas dispoñibles.

PREGAMOS:

-Que se nos informe sobre o emplazamento que se lles vai a dar ós mais de 20 solicitantes que quedaron fora do reparto das 98 prazas así como si se lle solicitou informe á Policía Local sobre o lugar mais apropiado para dito emplazamento.
3.- A recuperación, vixilancia e mantemento do público é unha das bases do noso Grupo Municipal, a obrigación de manter recuperar e vixiar o noso patrimonio unha obrigación desta Corporación

A ploriferación cada vez maior  de maleza é obstáculos,  fragmentan  sen dereito   camiños públicos do noso término municipal,

O caso que nos ocupa e que traemos hoxe a este pleno, trata de un camiño que discorre entre a rúa Freande e Pumar Méndez,  considerado como vial público nas vixentes Normas Subsidiarias de Planeamento; o camiño en cuestión encontrase invadido pola abundante maleza  dificultando o seu uso.

-Por isto PREGAMOS o Goberno local proceda a tomar as medidas correspondentes para proceder a súa limpeza e acondicionamento.   



PREGUNTAS


1.- O  Grupo Municipal de EU ten denunciado en varias ocasións as necesidades de baños públicos portátiles ó longo do Concello e dotar ditos lugares con servizos ecolóxicos. Xa no mes de Xullo, concretamente, para o parque Ramón Barba, o noso Grupo Municipal solicitara que se instalara un servizo público portátil, debida a afluencia de persoas de avanzada idade que frecuentan dito parque. O Concelleiro responsable indicara que nuns días estaría instalado, e como ven sendo habitual, xa pasaron case dous meses e segue sen instalarse.
Ante esta situación o Grupo Municipal de EU,
PREGUNTA:
 -¿Ten o Goberno intención de dotar de ditos servizos nos lugares necesarios e van a facer un estudo para delimitar onde serían necesarios? ¿Van a instalar no Ramón Barba un servizo público tal e como se comprometeron e en qué data?

2.- Xa hai algún tempo o Grupo Municipal de EU interesámosnos pola situación na que se atopaba o parque interior da urbanización que se atopa a altura do número 12 da Costa da Tapia. Dito parque correspóndese cun espazo público que, sorprendentemente, se atopa pechado por un portal que impide o paso a calquera veciño/a alleo á urbanización. Neste intre este espazo atópase en obras e reformas, supoñemos que para mellorar ou eliminar algunhas deficiencias detectadas.
Ante esta situación o noso GM, PREGUNTA:
 -¿Ten coñecemento o Goberno da realización desta obra? De ser así, ¿Podería informarnos en que consiste, quen a executa e quen se fai cargo dos custes da mesma, e por suposto, cando poderán os veciños da Tapia desfrutar deste espazo público?
 3.- Para Esquerda Unida a democracia  fundamentase nun dobre compromiso: o dos cidadáns cos asuntos públicos e o dos poderes públicos coa cidadanía. Este dobre compromiso débese basear nun reforzamento da participación, o control e a garantía da crítica da sociedade civil sobre as administracións públicas, as cales deben favorecer a participación directa dos cidadáns na xestión dos asuntos públicos, posto que se trata dun dereito dos veciñ@s.

É un obxectivo político de Esquerda Unida a posta en funcionameto do RPC  que impulse o asociacionismo  a participación social e a profundización e  fortalecimiento das estruturas democráticas, sendo a intención do noso Grupo Municipal  potenciar a creación e funcionamento dos Consellos Sectoriales, tal e como están establecidos nos artigos 130 e 131 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais e no RPC aprobado polo pleno do concello.

En base o exposto Unha vez mais  PREGUNTAMOS:

-¿Qué medidas ten tomado o Goberno para  facer efectiva a democracia participativa,  según o contemplado no RPC, aprobado no ano 2011?



COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS URBANISMO

ROGOS:

1.- A recuperación, vixilancia e mantemento do público é unha das bases do noso Grupo Municipal, a obrigación de manter recuperar e vixiar o noso patrimonio unha obrigación desta Corporación

A ploriferación cada vez maior  de maleza é obstáculos,  fragmentan  sen dereito   camiños públicos do noso término municipal,

O caso que nos ocupa e que traemos hoxe a este pleno, trata de un camiño que discorre entre a rúa Freande e Pumar Méndez,  considerado como vial público nas vixentes Normas Subsidiarias de Planeamento; o camiño en cuestión encontrase invadido pola abundante maleza  dificultando o seu uso.

-Por isto PREGAMOS o Goberno local proceda a tomar as medidas correspondentes para proceder a súa limpeza e acondicionamento.   


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS URBANISMO

PREGUNTAS:

1.-  Ante as distintas denuncias presentadas polos veciños da rúa Travesía da Coutelana nº 1, en relación as graves molestias provocadas pola actividade da panadería situada no baixo do edificio, e sendo unha competencia do concello defender o dereito dos cidadáns a unha convivencia tranquila e por conseguinte aplicar as Ordenanzas municipais  e Lexislación vixente:

-O  Grupo municipal de Esquerda Unida PREGUNTA que medida ou medidas se teñen tomado para dar solución o problema.

2.- Según informacións dos medios de comunicación, a Xunta de Galicia pretende deixar sin efecto a continuidade da Vía Artabra dende a autoestrada AP-9 ata a autovía A-6, a paralización desta  infraestructura,  resulta contraria os intereses colectivos da nosa Comarca e choca frontalmente  coas   alegacións presentadas polo conxunto dos Grupos municipais da Corporación en xuño do 2008 (Alegación ao “proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra: Vía Ártabra. Treito: AC-221 (polígono de Cambre) - autoestrada AP9 - autovía A6.”),   rectificados  na presente lexislatura nunha Moción presentada polos Grupos da oposición. Tamén coas reclamacións plantexadas polo Consorcio das Mariñas, sobre a planificación viaria metropolitana.

A decisión da Xunta de Galicia, obedece según criterio da nosa organización, a intereses que pouco ou nada teñen que ver cos intereses dos cidadáns da área metropolitana en xeral e cos veciñ@s de Cambre en particular. O Goberno municipal  debe implicarse cos problemas  derivados da construcción da nova infraestructura,  o papel do concello entende o noso Grupo, debe ser o de contribuir a que se dea un verdadeiro equilibrio entre os intereses, por un lado, da construcción dunha obra pública que trata de beneficiar os cidadadáns e á económia da zona en xeral, e, por outra, a que os intereses concretos dos veciñ@s de Cambre afectados por isa obra sexan defendidos e respetados ó máximo.

EU mostrase preocupada pola transcendencia e importancia que supón está decisión, polo que presentamos a seguinte PREGUNTA:

-¿Pode informarnos o Sr. Alcalde sobre da situación actual do proxecto de construcción da Vía artabra?


COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES, XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL.

PREGUNTAS:

1.- En varias ocasións,  O noso Grupo municipal ten plantexado a carencia na sinalización nas instalacións deportivas de titularidade pública do concello. A pesar  do tempo transcurrido e das promesas dos responsables do goberno,  na actualidade ainda non se procedeu a dar cumprimento o solicitado.

Unha vez mais EU pon de manifesto o abandono dos responsables do Goberno no cumplimento do seu deber, o ser este un problema de competencia municipal, e unha necesidade  importante, demandada pola cidadanía.

 -¿Pode informarnos o responsable cando teñen previsto a instalación de carteis informativos indicando as instalacións deportivas  que carecen das mesmas?

                          
                              En CAMBRE, a 31 de agosto de 2013

                                     Asdo: O Voceiro do Grupo