lunes, 27 de febrero de 2017



Resultado de imagen de a peste da pataca en comarcas de galiciaResultado de imagen de a peste da pataca en comarcas de galicia

Esquerda Unida critica a ineficacia do PP e a súa improvisación ante a crise da praga da pataca que asolaga Galicia

A crise que está a vivir o sector agrario galego coa praga da pataca provocada pola polilla guatemalteca demostra que o PP non é capaz de xestionar algún tipo de acción efectiva para intentar paliar os danos das colleitas, así como diminuír os graves problemas que están a padecer as persoas produtoras, que carecen de información ou dun plan de acción coherente, e non improvisado, ante unha praga desta características.
A executiva nacional de Esquerda Unida cualifica de nefasta a actuación do PP dende a consellería de Medio Rural, xa que simplemente leva a cabo unha resolución de urxencia totalmente improvisada e insuficiente para atallar o grave problema que abafa ao rural e que precisa de un control máis rigoroso da praga, así como tomar medidas compensatorias ante as previsibles perdas dos produtores.
Dende Esquerda Unida reiteramos a necesidade de pular por un rural vivo e con futuro a través de medidas que fomenten a sustentabilidade do noso sector primario.
Para Esquerda Unida, o PP non é capaz de darlle un futuro digno ao rural, procurando un novo modelo baseado nunha agricultura e gandaría ecolóxica e de proximidade, sustentable tanto de maneira medioambiental como económica. É por iso que, dende Esquerda Unida, reiteramos a necesidade de pular por un rural vivo e con futuro a través de medidas que fomenten a sustentabilidade do noso sector primario.

viernes, 24 de febrero de 2017


IN
INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DA "ACDC" AO PLENO DO MES DE FEBREIRO

MOCIÓN PARA APLICAR O GRAVAME ÁS EMPRESAS ELECTRICAS E DE GAS POLA UTILIZACIÓN DO DOMINIO PÚBLICO.
Existen varias Sentenzas do Tribunal Supremo que avalan as ordenanzas municipais dos Concellos de Arteixo (A Coruña), Serradilla (Cáceres) e Villalcampo (Zamora) que establecen un gravame ás empresas eléctricas e de gas pola utilización do dominio público das súas instalacións de transporte de enerxía.
O Alto Tribunal falla contra as empresas, que non pagaban a taxa que fixan os concellos por atravesar os seus territorios, porque non recoñecían o gravame ou o consideraban desproporcionado.
A Lei Reguladora das Facendas Locais estableceu que as eléctricas deberían pagar aos municipios aos que fornezan por aire, chan ou subsuelo un 1,5 % da sua facturación no término local e que tamén están obrigadas a pagar por atravesar os municipios aínda que non lles fornezan unha taxa que debe fixar un informe técnico-xurídico.
Nas citadas Sentenzas o Tribunal Supremo acepta e valida as Ordenanzas Fiscais destes concellos que establecen e regulan dita taxa e que incorporan á valoración as construcións das liñas eléctricas de alta tensión e as canalizaciones de gas para o cálculo da base imponible da taxa por utilización do dominio público local.
Por todo iso, o Grupo Municipal de Asamblea Cidadá de Cambre propón para a súa aprobación en Pleno o seguinte Acordo:
PRIMEIRO.- Realizar un estudo técnico-económico sobre o estado destas infraestructuras no Concello de Cambre.
SEGUNDO.- Proceder ao seu gravame segundo a Jurisprudencia do Tribunal Supremo. Para elo proporase a creación ou modificación, según proceda, das ordenanzas fiscais do Concello de Cambre, para permitir dito gravame.

 Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son

MOCION EN APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE E Á MOBILIZACIÓN DO 25 DE FEBREIRO NA CORUÑA.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
As Marchas da Dignidade son un movemento social que en Galicia aglutinan no seu seo a mais de sesenta organizacións e colectivos sindicais, culturais, sociais e políticos do País.
As MMdD levan mais de tres anos mobilizándose nas rúas para esixir o remate das políticas que agrecen á maioría social golpeada pola chamada crise. As MMdD diríxense ao grupo Municipal da ACdC para presentar esta moción no Pleno Municipal coa intención da súa aprobación previa deliberación.
Esta corporación municipal debe ser consciente da situación dramática que están a padecer as persoas maiores que dependen dunha pensión para poder vivir despois de toda unha vida de traballo. Dada a situación dramática de moitas familias, a pensión é o único sustento que teñen para poder sobrevivir cunhas mínimas condicións, e estamos vendo como se poñen en perigo con medidas impostas dende organismos antidemocráticos como o FMI e o Banco Mundial a través da Troika Europea. Estas medidas teñen como obxectivo favorecer ás entidades que ofrecen plans de pensións privados, e queremos recordar que as pensións non son privilexios, son dereitos irrenunciables.
Por este motivo, e pola situación actual, está convocada unha manifestación o día 25 de febreiro na Coruña co tema central da defensa das pensións, e coas nosas reivindicacións habituais resumidas en pan, traballo e teito.

ACORDO ÚNICO:
Esta Corporación Municipal apoia a mobilización convocada polas MMdD
prevista para o vindeiro 25 de febreiro na Coruña e fai un chamamento aos veciños e veciñas deste concello para participar na mesma.

ROGOS:
1.- Os fortes temporales de vento e choiva acontecidos nas últimas semanas provocaron a caida e desplazamento dos contenedores de lixo, por carecer de aparellos de suxección. Este feito ten ocasionado diversos problemas para o tráfico rodado e peonil. O problema ten maior incidencia nas zonas mais urbáns do concello, supoñendo un perigro para a circulación. Como exemplo podemos recordar como na estrada da Castellana ou no centro de Cambre, varios aparellos apareceron desplazados do seu lugar, contra vehículos e entorpezendo a circulación.
PREGAMOS se adopten con urxencia as medidas correctoras necesarias para solucionar o problema, como primeira medida nas zonas urbanas e nas estradas con mais circulación.

2.- Na estrada de Cambre O Temple, no lugar da Cruz, o arborado de mimosas está enriba da beirarrúa e do vial de circulación de vehículos. Recentemente desprendéronse dúas ramas de considerable porte, que puideron ocasionar consecuencias graves.
Por isto PREGAMOS, se tomén as medidas correspondentes para evitar calqueira accidente, e se informe o noso Grupo de ditas medidas.
  
3.- Temos coñecemento da petición que o Alcalde fixo a GNF solicitando que se proceda a talar as ramas das árbores que teñan risco de romper e caer sobre os tendidos eléctricos provocando cortes de suministro, sobre todo en momentos de temporal como os acaecidos hai uns días. Do mesmo xeito, somos coñecedores de que existe unha iniciativa por parte do Alcalde de Abegondo e presidente do Consorcio para facer unha frente común entre os alcaldes e reclamar ás eléctricas formalmente ante as situacións que ano tras ano se veñen producindo polo estado deficiente das liñas e a tardanza na actuación ante averías.
PREGAMOS:
Que se nos informe sobre ambas iniciativas.


 PREGUNTAS:
1.- Con anterioridade o noso Grupo xa ten denunciado e posto en coñecemento do Goberno as deficiencias existentes no sistema de peche dos contenedores de lixo, que carecen de gomas de amortiguación nas súas tapadeiras, producindo forte ruido, que o noso xuizo e dos veciños supera os niveis de emisión sonora permitidos e contemplado na Ordenanza para esta cuestión.
¿Poden informarnos sobre as medidas tomadas e futuras?


2.- ¿Poden informarnos que utilidade se está dando o antiguo local de correos ubicado no edificio do Centro de Saúde de Cambre?

3.- Na literalidade da presentación do entroido Cambrés atopámonos coas manifestacións do concelleiro de Cultura que afirma que "a programación que se presenta é mais completa, diversa, ampla e variada que a de anos anteriores". Diremos que estamos totalmente dacordo con esta afirmación si nos atemos ás innovacións introducidas no noso entroido pequenos tales como que sexan 11 días de festa, a recuperación do enterro da sardiña, os testamentos, o concurso de postres típicos e a posta en disposición dunha nave para a elaboración das carrozas. Asímesmo parécenos moi acertada a programación infantil con maxia, música ao vivo, atraccións e obradoiros, e tamén a posta en marcha do servizo de bus municipal no entroido pequeno. A única salvedade que podemos poñer a esta programación, tendo en conta que tamén declara o Concelleiro que pretenden poñer en valor a cultura galega e a historia de Cambre, é a actuación o día grande de Karina, persoa, que ata onde nos sabemos, pouca ou ningunha relación ten con Cambre nin con Galicia. Si a pretensión era tal e como declara o concelleiro na Web do Concello "chegar a un público interxeracional" ocórresenos unha morea de nomes galegos que poderían ter ocupado ese espectro de idades e xeracións. Sirvan como exemplo no estilo de Karina, Xil Ríos, Pili Pampín, Lucía Pérez. Si se pretende dar un pouquiño mais de calidade artística, poderíamos pensar en Fuxan os Ventos, Milladoiro, Ugía Pedreira, Xabier Díaz, Guadi Galego.
¿Pode o Concelleiro responsable facernos entender a decisión de contratar a Karina para o día grande do entroido pequeno, sendo o primeiro que sempre abogou polo fomento da nosa música e os nosos artistas nas festas que se celebran durante o ano no noso Concello?


Cambre a 20 de Febreiro de 2017

Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son 
La imagen puede contener: texto



Prezadas compañeiras,
Prezados compañeiros,

o movemento das Marchas da Dignidade, plataforma de mobilización unitaria da que Esquerda Unida forma parte dende os seus inicios, volverá a sair as rúas en todo o Estado o vindeiro sábado 25 de novembro nunha nova xornada de loita, reivindicación e dignificación social esta vez para reclamar e defender o dereito a un sistema público de pensións. 

Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación na mobilización para esixir un país que garanta pan, traballo, teito e no concreto, tamén un presente e futuro en forma de pensións para as capas traballadoras. As Marchas da Dignidade son un exemplo xenuíno do valor e forza que representa o camiño da unidade popular, da posibilidade de confluencia dos conflictos sectoriais e territoriais, dos diferentes axentes políticos, sociais e sindicais en base a un programa de loita unificado. Nun momento que vemos como o bloque da restauración avanza no seu reame político é preciso ser quen de contribuir á recomposición da oposición popular dando corpo social as alianzas forxadas no pasado ciclo electoral. Nesta liña o conflicto e á mobilización social son as nosas prioridades.

En Galicia está convocada manifestación que, por primeira vez, tomará a cidade da Coruña como centro de loita. Cuestión que esixe un maior nivel de esforzo e implicación da nosa organización para asegurar o éxito da convocatoria. 

Anexamos a información relativa a manifestación:

Horario e percorrido

25 de febreiro ás 12 horas con saída de dúas columnas dende praza de España e Pazo da Ópera confluíndo á metade do camiño e finalización nos Xardíns de Mendez Nuñez. Na vindeira semana enviaremos información detallada sobre o punto de quedada para a militancia Esquerda Unida.

Repartos

Sábado 18: 12h Biblioteca de Montealto 17h Feirón de Sada
Domingo 19: 11h Acea de Ama 12h Campo da Leña
Luns 20: 19h rúa Pose, Gaiteira
Mércores 22: 11h centro saúde Ventorillo 19h rúa Barcelona esquina rúa Cuba
Xoves 23: 11h mercado San Agustín, 19h cruce ronda Outeiro / avenida de Arteixo

Información e redes


Se estades interesados en colaborar en algunha das actividades previstas ou tedes calquera dúbida estamos a vosa disposición dende a dirección local.


Saúde e Loita!

--
Coordinación Local
Esquerda Unida A Coruña

jueves, 16 de febrero de 2017

Emprego e salarios dignos: á rúa 19F
Cartel conxunto CCOO e UGT para webs e redes sociais [JPG]
Cartel conxunto CCOO e UGT para webs e redes sociais [JPG]

A imposición de políticas de austeridade e continuos recortes, tanto no eido social como laboral, disparou as taxas de desemprego ata niveis insoportables e provocou a dualidade do mercado de traballo. Isto derivou nunha sociedade máis empobrecida e nun retroceso inxustificado de dereitos sociais e laborais.

A tímida recuperación económica que se rexistra desde o 2015 non está a chegar nin aos salarios nin á rede de protección social. E, por se fose pouco, a cidadanía tense que enfrontar á suba do custe dos servizos básicos.
Os gobernos non poden mirar cara outro lado e as organizacións patronais tampouco. Son culpables do que pasa, da suba incontrolada dos prezos, da perda de poder de compra dos salarios, das pensións e das rendas de protección.

Por todo isto, UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia chaman a cidadanía galega a saír á rúa este domingo contra o encarecemento da vida, especialmente contra a suba dos servizos básicos esenciais.
Hai que saír á rúa para demandar subas salariais, das pensións e das rendas de protección. Subas que permitan recuperar o poder adquisitivo, retomando o IPC como índice de actualización.

Hai que saír á rúa para reclamar máis e mellor emprego; contra a precariedade laboral; contra a brecha salarial; pola recuperación de dereitos e da calidade dos servizos públicos; por unha prestación de ingresos mínimos que axude a combater a desigualdade e a pobreza; e pola derrogación das reformas laborais.



MANIFESTACIÓNS
— Santiago: 12 h, Alameda-Praterías
— Ourense: 12 h, ao redor da Subdelegación do Goberno

CONCENTRACIÓNS
— A Coruña: 12 h, Delegación do Goberno
— Ferrol: 12 h, edificio da Xunta
— Lugo: 12 h, Subdelegación do Goberno
— Pontevedra: 12 h, Subdelegación do Goberno
— Vigo: 11.30 h, museo MARCO
CAMBRE

En Marea preguntará en el Parlamento a la Xunta si habrá peaje de la ártabra en Cambre

16.02.2017 | 00:53
El grupo parlamentario de En Marea preguntará en la Cámara gallega si se prevé un peaje en el entronque con la vía ártabra proyectado en A Gándara, en Cambre. La iniciativa fue remitida al grupo de En Marea por el grupo municipal de Asemblea Cidadá de Cambre (ACdC), que pretende aclarar información tras las "manifestaciones contradictorias realizadas por el Gobierno del concello de Cambre y responsables de la Xunta", como detalla el escrito, que se preguntará como pregunta para su respuesta oral.
"Responsables de la Xunta manifiestan que en los planos de la planta de esta futura infraestructura no figura, por lo que la Consellería de Infraestruturas insiste en que el documento, salvo error, no contempla dicho peaje", mientras que la memoria del proyecto sí prevé un área de peaje, como denunció el Gobierno local, quien además había acordado con concellos del área que el entronque fuese en Cuatro Caminos y sin peaje. La Xunta sacó a exposición pública el proyecto la semana pasada. El documento prevé un trazado de 3,6 kilómetros desde la Nacional-VI con un acceso al polígono de Espíritu Santo.