INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" PRESENTADAS AO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE FEBREIRO.
MOCIÓN 8 DE MARZO CONTRA O ATAQUE AOS DEREITOS DAS MULLERES.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Estamos asistindo a un dos momentos históricos de maior ataque aos
dereitos das mulleres. A dereita está agredindo aos pilares máis básicos da
democracia, como é a aspiración á que temos dereito todas as persoas á liberdade,
á autonomía persoal, ao acceso aos recursos e á igualdade entre todos os seres
humanos.
Esta grave regresión maniféstase de xeito categórico respecto dos
dereitos humanos das mulleres, froito do reforzamento das posicións máis
retrógradas do sistema patriarcal, que, coa escusa da crise económica, viu as
posibilidades abertas para deconstruir todo o conseguido.
O dereito das mulleres a elixir sobre a súa maternidade, é dicir, si
queren ou non ser nais, é un dereito rotundo que debe estar presente en calquera
circunstancia. É un dereito fundamental e, como tal, non pode ser obxecto de
intercambio cos estamentos relixiosos e sociais máis reaccionarios.
As normas segregadoras e sexistas como a de reforma laboral e a recente
Lei de educación que se están adoptado, xunto cos recortes en sanidade e na
asistencia na dependencia, a provisionalidad nos empregos, a privatización do
público… son medidas que están producindo un impacto de xénero que está xerando
o incremento da feminización da pobreza e a intensificación dos valores
represores da autonomía das mulleres.
A asignatura de relixión na escola pública e a exclusión da educación
sexual e reproductiva dela, non só é consecuencia da inxerencia do clero
herdeiro do franquismo nas decisións gobernamentais, senón que pretenden
instaurar o modelo xa caducado, de mulleres obedientes e sumisas.
POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A
ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
1º.- Elevar ao
Goberno de España a solicitude/esixencia de que non se atente contra os
dereitos fundamentais das mulleres e que non teña lugar a tramitación do
proxecto de lei contra o aborto.
2º.- Que se amplíen
os dereitos recoñecidos no texto vigente para que o aborto deixe de ser un
delito e poida practicarse libremente na sanidade pública en todo o territorio
español.
3º.- O Pleno do Concello de Cambre, adhírese a todas as
manifestacións do movemento feminista e organizacións de mulleres, que en
reivindicación dos acordos subscritos se convóque.
4º.- O Concello de Cambre,
comprométese a potenciar os valores de igualdade real, poñendo para iso todos
os medios ao seu alcance, como é a defensa da sanidade e a educación públicas e
laicas e plans de emprego e formación igualitarios.
5º.- Deste acordo se dará traslado ao Goberno de España,
aos Grupos Parlamentarios do Congreso de Deputados. Ao goberno, e aos Grupos
Parlamentarios da Xunta de Galicia.
MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE
“EU” QUE PROPÓN A TRAMITACION PARA A FORMALIZACIÓN EN DEFENSA DA AUTONOMIA
LOCAL CONTRA OS ARTIGOS PRIMEIRO E SEGUNDO E DEMAIS DISPOSICIÓNS AFECTADAS DA
LEI 27/2013, DE 27 DE DECEMBRO DE 2013, DE RACIONALIZACION E SOSTENIBILIDADE DA
ADMINISTRACIÓN LOCAL.
EXPOSICION DE
MOTIVOS:
Os artigos 140 e 141 da CE non só garanten e protexen a
existencia de municipios e provincias, senón que configuran ambas as dúas
entidades integrando un nivel na articulación territorial do Estado, atribuíndo
aos seus órganos, concellos e deputacións, as funcións de goberno e
administración de municipios e provincias, ao tempo que lexitiman as súas
políticas como expresión do pluralismo político e manifestación do principio democrático.
A Lei 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e
Sostibilidade da Administración Local inverte radicalmente esta interpretación.
O Estado deixa de ser garante da autonomía para municipios e provincias e
pretende pasar a impedir ou dificultar a mellora e ampliación da autonomía
local polas Comunidades Autónimas.
Son tres grandes bloques de contidos da Lei 27/2013 os que
lesionan a garantía constitucional da autonomía local:
-O desapoderamento competencial dos municipios con
vulneración da garantía constitucional da autonomía local recoñecida nos
artigos 137 e 140 da Constitución.
- A inclusión de mecanismos de tutela, condicionantes e controis de
oportunidade con vulneración da garantía constitucional da autonomía local.
-Vulneración do principio democrático no ámbito local.
Por iso PROPONSE AO PLENO:
PRIMEIRO.-Iniciar a tramitación para a
formalización do conflito en defensa da autonomía local contra os artigos
primeiro e segundo e demais disposicións afectadas da Lei 27/2013, do 27 de
decembro de 2013, de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local
(BOE n.º 312 do 30 de decembro de 2013) de acordo ao texto que se achega,
segundo o sinalado nos arts. 75 bis e seguintes da Lei Orgánica 2/1979, do 3 de
outubro, do Tribunal Constitucional.
SEGUNDO. - Para tal efecto, solicitar Ditame
do Consello de Estado, conforme ao establecido no art.º 75 ter 3 da Lei
Orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, por conduto do
Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a petición da entidade local
de maior poboación (art.º 48 Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de
Réxime Local), así como outorgar á devandita entidade a delegación necesaria.
TERCEIRO. - Facultar e encomendar o Alcalde
para a realización de todos os trámites necesarios para levar a cabo os acordos
primeiro e segundo e expresamente para o outorgamento de escritura de poder tan
amplo e bastante como en dereito se requira a favor da Procuradora Dña.
Virxinia Aragón Segura, col. n.º 1040 do Ilustre Colexio de Procuradores de
Madrid para que, en nome e representación do Concello de Cambre de forma
solidaria e indistinta, interpoña conflito en defensa da autonomía local contra
a lei 27/2013, do 27 de decembro de 2013 (BOE n.º 312 do 30 de decembro de
2013), de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local seguíndoo por
todos os seus trámites e instancias ata obter sentenza firme e a súa execución.
ROGOS:
1.- Tras mais de medio ano dende que o
Concelleiro responsable da área de Deportes, Xuventude e Voluntariado adquirira
co noso grupo municipal o compromiso de procurar un parque adaptado para os
maiores en Cambre, aínda non temos ningunha información ó respecto das
xestións, informes ou traballos realizados, no caso de que os houbera, para a
consecución dun espazo adaptado ás persoas maiores que, no caso de Cambre,
teñen que desprazarse a outros lugares do Concello para poder facer uso dos
aparellos específicos para o seu lecer e exercicio.
-PPREGAMOS
se nos informe das xestións realizadas e de si vai ser acondicionado o parque
para maiores en Cambre ou non.
2.- O
Concello ten o deber de protexer, defender, realzar e dar a coñecer o valor
cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que radique no
seu término municipal.
Así, deberán
realizar a tramitación administrativa que proceda para reclamar dos propietarios as accións necesarias que garantan a
conservación do ben.
Unha parte do patrimonio da Igrexa en Cambre permanece sen darlle
utilidade, en algún caso (coma a casa rectoral de Pravio ou o mosteiro de Bribes, con
especial deterioro). Estas propiedades registradas a nome da igrexa
católica, foron levantadas co esforzo e contribución de moitas aportacións
pesoais e económicas tanto públicas como privadas.
Resulta necesario evitar o seu
deterioro ou desaproveitamento para que dalgún xeito revirtan ó servizo do pobo
que as fixo realidade. Para conquerir este obxectivo, é preciso iniciar
contactos co arcebispado de Santiago e establecer fórmulas posibles de
utilización e a adopción de medidas que eviten o deterioro dos mencionados
inmobles.
O noso Grupo ten coñecemento que
en datas recentes o Alcalde tiña previsto reunirse coa xerarquía eclesiástica
para tratar este problema.
-Polo exposto o Grupo municipal de “EU”, PREGA o Sr. Alcalde nos informe
dos resultados das xestións e das
medidas a tomar, en relación o problema.
3.- Un dos
problemas que ocasionaron os fortes temporales de vento e choiva nas últimas semanas, foi a caida e
desplazamento dos contenedores de lixo, por carecer de suxeción e aparellos de
anclaxe, este feito ten ocasionado diversos accidentes no tráfico rodado e
peonil. O problema ten maior incidencia nas zonas mais urbáns do concello
supoñendo un perigro para a circulación.
PREGAMOS se adopten con urxencia as medidas
correctoras necesarias para solucionar o problema, como primeira medida nas zonas urbanas e nas estradas con mais circulación.
PREGUNTAS:
1.- O 065 e un servizo de
transporte público que garantiza a
movilidade a persoas con dependencia sin recursos. Este transporte adaptado corre o risco de ser desmantelado sin ningún tipo de
consenso, deixando os seus usuarios ante a indefensión.
Igualmente,
esta medida condena o desemprego a traballadores e traballadoras que perderán o
seu posto de traballo, pola aplicación de medidas de recorte do goberno da Xunta de Galicia, na sua aposta
por precarizar o emprego en xeral, e desmontar os servizos públicos en
particular, afectando en este caso, as persoas mais vulnerables.
-¿Pode informarnos o Goberno en que medida afectará o noso concello, e sí
existe algunha previsión para garantir a movilidade os usuarios?
2.- O Goberno ten entre as súas funcións dotar de
alumeado público os distintos camiños públicos do concello.
¿Cando ten previsto
o Goberno dotar de alumeado, a
parte da rúa Freixo que carece deste servizo?
3.- As
compañias de suministro eléctrico, presentan as facturas para o seu pago que en
moitos casos son difíles de comprender. Recentemente a Deputación de A Coruña
por medio da Fundación Axencia Enerxética, informaba sobre a prestación dun servizo gratuito de revisión
das facturas eléctricas, co fin de interpretar os recibos e detectar posibles
irregularidades. Para este fin o Concello deberá asinar un acordo de
colaboración coa propia Axencia.
-¿Pode informarnos o Goberno si ten suscrito dito acordo ou si está nas súas previsións realizalo a
corto prazo?
En
CAMBRE a 25 de febreiro de 2014
Asdo: Grupo Municipal de EU
COMISIÓN INFORMATIVA DE
OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
ROGOS:
1.- PREGAMOS
procedan a instalar unha arqueta no regato da
rúa Balado (esquina muralla “Cenador”)
co fin de evitar posibles accidentes.
PREGUNTAS:
1.- ¿Cando ten previsto o Goberno o
traslado da marquesina da parada do bus no Temple, e en que lugar pensa
ubicala?