INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DA "ACDC" AO PLENO ORDINARIO DO DIA 27 DE XANEIRO
ROGOS
1.- Recentemente soubemos que a Xunta
rexeitou no Parlamento a proposta do Concello de realizar o enlace da Vía Ártabra
en Cuatro Camiños e defenden a alternativa de A Gándara. O director da Axencia
Galega de Infraestructuras Francisco Meléndez en resposta a unha pregunta de En
Marea negou asímesmo que o proxecto inclúa unha área de peaxe.
As
informacións vertidas entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cambre
seguen a ser confusas para a maioría dos veciños.
En
relación ó anteriormente exposto o GM da ACdC
PREGAMOS: Se
nos informe das xestións realizadas ou previstas polo Concello de
Cambre unha vez coñecida esta noticia.
2.- Unha vez sacado a concurso o contrato de
retirada de vehículos da vía pública e depósito o mes de xaneiro pasado e vista
a ausencia de ofertas temos coñecemento de que o interés do goberno é contratalo
de xeito conxunto con outros concellos. Tamén sabemos que se levan a cabo
conversas con outros concellos para consorciar o servizo de emerxencias.
PREGAMOS: Se
nos informe do estado das conversas e xestións en ambos servizos cos
diferentes Concellos así como as respostas recibidas destes entes.
3.- Dentro do evento denominado
"Noutrora" que entendemos que nace co ánimo de rememorar os anos de
finais do século XIX e principios dos XX en Cambre, e tendo en conta que temos
unha moción aprobada co obxecto de rememorar os xogos antigos e tradicionais da
nosa vila, observamos que dentro do espazo adicado a este evento poidéramos
atopar atraccions infantís, dende o noso punto de vista, pouco respetuosas co
entorno no que se ubicaba o Noutrora.
PREGAMOS: Que
si na intención da concellería responsable deste evento
está perpetualo en vindeiros anos, teñan a ben ter en conta a posibilidade de
coordinar a súa celebración coa evocación tanto das vestimentas, como xa se
fixo, como das tradicións, entre as que se atopaban os xogos populares para
nenos e adultos, e evitar, na medida do posible, o impacto de atraccións
actuais mecánicas, que, ó noso parecer, rouban moito espazo para as persoas que
queren disfrutar da entorna e pouco disfrute para os nenos.
PREGUNTAS
1.- Unha vez coñecido o resultado da auditoría
encargada polo goberno municipal para a medición das emisións radioeléctricas
das antenas de telefonía movil do noso Concello, obtemos dúas conclusións básicamente:
Por unha banda, sabemos que a metade aproximadamente das antenas non contan coa
debida licencia municipal e por outra banda, que as medicións dan como
resultado que ningunha das antenas do Concello supera os niveles de emisión
permitidos pola lei.
Entendemos que en relación ás licenzas o
concello deberá poñerse en contacto coas compañías para que presenten a
documentación necesaria e poder otorgar dita licencia, algo que si teñen a ben
agradeceríamos informaran ós presentes.
En relación ás medicións, o noso grupo se
prantexa a seguinte pregunta:
-¿A
auditoría realizada foi feita de xeito que as compañías non sabían que se facían
as medicións ou pola contra hai que avisar ás compañías do momento e día no que
se fan as medicións ás antenas?
2.- Tendo en conta as queixas e defectos que
se detectaron na tempada pasada de desbroces, e tendo en conta que a empresa
adxudicataria foi expedientada no seu momento
¿Poden explicar
como van a mellorar o método de poda e desbroce para esta tempada 2017?
3.- A falta de seguridade viaria na estrada
AC-214 á altura de Pravio segue a ser un problema no noso Concello pola
cantidade de tráfico pesado que soporta como consecuencia dos intentos de
evitar os atascos na N-VI e as retencións na entrada da Coruña. Debemos ter en
conta que a titularidade de esta estrada é autonómica e que coa dotación do PAI
2015 fixéronse melloras na zona materializadas en sendas peatonais,
aparcamentos e beirarrúas. Aínda así esta estrada segue a ser perigosa e debería
seguir sendo unha prioridade para o Goberno a garantía da seguridade viaria
nesta zona.
¿Poden informarnos das conversas e xestións que o
Goberno de Cambre leva a cabo coa Xunta de Galicia e si é o caso, o resultado e
estado das mesmas?
Cambre
a 24 de Abril de 2017
Asdo:
Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal
Asemblea Cidadá de Cambre- Son