domingo, 30 de septiembre de 2018

mpresionante acto político central del Partido Comunista de España y la Juventud Comunista☭ ayer en la #FiestaDelPCE18 📣📣📣
¡Aquí se ve, la fuerza del PCE☭!
La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, multitud y concierto


La imagen puede contener: una o varias personas


La imagen puede contener: una o varias personas, multitud y exterior


La imagen puede contener: una o varias personas y multitud


La imagen puede contener: una o varias personas y multitud

La imagen puede contener: una o varias personas y multitud

La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, gafas y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud, noche y exterior


La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo

La imagen puede contener: 17 personas, personas sonriendo, multitud y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, noche y multitud

La imagen puede contener: una o varias personas y exterior

ACdeC exige al Concello limpiar una finca cercana a la Galiña Azul de O Temple

27.09.2018 | 01:41

Asemblea Cidadá de Cambre-Son (ACdeC) exige al Concello que ejecute con carácter subsidiario la limpieza de un solar próximo a la escuela infantil Galiña Azul de O Temple. Asegura que "actualmente los plumachos invaden el solar, colonizando incluso parte de las aceras" y "una maleza espesa ocupa toda la superficie del solar, siendo un potencial refugio para todo tipo de animales". Critica que el Concello, en respuesta a las quejas, no fije un plazo para la ejecución subsidiaria.

43 cabodano

                               43 anos dos ultimos fusilamentos do franquismo
                                                                    non esquencemos!!
                                    La imagen puede contener: 4 personas, texto

miércoles, 26 de septiembre de 2018



Ante os ataques e amenazas a cargos públicos de IU Asturias
Esquerda Unida de Cambre, rexeita   enérxicamente as constantes amenazas e ataques que diversos cargos públicos de Izquierda Xunida de Asturias veñen sufrindo nas últimas semanas, sendo as do edil José Manuel Pello e a alcaldesa de Riosa Ana Díaz as últimas que se coñecen.
Asimesmo, queremos mostrar todo o noso apoio e solidariedad a os/as compañeros/as de IU Riosa y de toda IU Asturias quénes, desde distintas responsabilidades nas súas respectivas localidades e a nivel rexional, loitan día a día por cambiar y mellorar as condicions de vida dos trabajador@s de Asturias.
Un fraternal e caluroso abrazo de EU de Cambre.
CAMBRE

ACdeC exige aplicar "de inmediato" las medidas del II Plan de Igualdad

26.09.2018 | 01:26
Asemblea Cidadá de Cambre-Son (ACdeC) exige al Gobierno local comenzar a aplicar "de inmediato" las medidas previstas en el II Plan de Igualdad del Concello de Cambre. La formación denuncia que en la presentación del programa Mañanceiro no se utilizó un lenguaje inclusivo, al no nombrar de modo explícito a "madres" y "niñas". Apunta que una de las medidas transversales recogidas en el plan es la programación de una actividad formativa de lenguaje inclusivo al personal municipal en el primer semestre de 2019

COMEDOR W.F.F

La imagen puede contener: texto

martes, 25 de septiembre de 2018

domingo, 23 de septiembre de 2018


Si por un momento apartamos las banderas que nos impiden ver más allá, si echamos a un lado los masters que obstaculizan el camino, si logramos disipar el humo que deja a su paso el terrorista de las Azores, si conseguimos que se apague el ruido que levantan aquell@s que quieren tenernos cieg@s, sord@s y mud@s, podremos escuchar el grito de la memoria de un hombre que pide justicia.
Ha pasado más de un mes desde que nuestro camarada Javier Ardines, concejal de IU en el ayuntamiento de Llanes, un hombre bueno y honrado que dedicó su actividad política a luchar contra la corrupción que había convertido el municipio en un lodazal, fuera asesinado de forma vil y cobarde.
Ha pasado más de un mes y los asesinos siguen en la calle.
Nosotr@s no vamos a descansar hasta que se haga justicia. Se lo debemos. Nos lo debemos.

¡¡¡JUSTICIA PARA ARDINES!!!




La imagen puede contener: una persona, sentada, texto e interior


Comunicado de Esquerda Unida Federal ante as ameazas e agresións ás compañeir@s de Riosa

Unha vez máis, cargos públicos de Esquerda Unida en Asturias foron ameazados por desenvolver o seu labor no ámbito institucional. Un labor que, como o conxunto de cargos de Esquerda Unida, está centrada en defender os intereses dos e as veciñas dos seus municipios e mellorar as súas vidas.
Nesta ocasión, sufriu ameazas de morte o noso compañeiro José Manuel Pello, concelleiro de EU no municipio de Riosa, sendo un novo caso de ameazas ou agresións a sufridos por cargos públicos de Esquerda Unida nos últimos meses, como ocorreu tamén en Riosa á nosa alcaldesa Ana Díaz, en Málaga ao noso Coordinador Federal Alberto Garzón, en Villarrobledo ao noso concelleiro Manuel “ Manute” Clemente ou o recente asasinato do noso concelleiro Javier Ardines en Llanes.
Desde Esquerda Unida mostramos a nosa solidariedade co concelleiro José Manuel Pello e coa alcaldesa Ana Díaz, así como con toda a asemblea de EU Riosa e coa Federación de Esquerda Unida en Asturias.
Así mesmo, manifestamos o noso rotundo rexeitamento e condena a este tipo de actuacións que, ademais de ameazar e vulnerar a integridade física, coartan o traballo dos nosos cargos públicos. Un traballo envorcado en defender o público e colectivo fronte a quen, parapetados tras o anonimato e a violencia, perseguen intereses estritamente individuais que distan moito de ser proveitosos para a maioría social.
Por último, desde Esquerda Unida solicitaremos de forma inmediata unha reunión co Ministerio do Interior para analizar que pasos van dar para garantir a seguridade dos compañeiros e compañeiras cargos públicos e afiliados/ as de Esquerda Unida. Esperemos que estes feitos non volvan producirse e, en calquera caso, Esquerda Unida vai poñer todos os seus recursos a disposición das compañeiras e dos compañeiros afectados.

                           La imagen puede contener: texto


















viernes, 21 de septiembre de 2018

                                                MOCIÓN PLENO DO 13 DE SETEMBRO


MOCIÓN DA ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE RELATIVA Á PARTICIPACIÓN CIDADÁ E DOS GRUPOS MUNICIPAIS NOS MEDIOS PÚBLICOS MUNICIPAIS ASÍ COMO Á INTRODUCCIÓN DE DIFERENTES SECCIÓNS NOS MESMOS QUE GARANTAN O SEU CARÁCTER PÚBLICO.


O artigo 69 da Lei de Bases de Réxime Local establece que:

1.- As corporacións locais teñen que facilitar a información máis ampla sobre a súa actividade e a participación de todos os cidadáns na vida local.

2.- As formas, os medios e os procedementos de participación que as corporacións establezan no exercicio da súa potestade de auto-organización non poden en ningún caso diminuír as facultades de decisión que corresponden aos órganos representativos regulados pola lei.

Este mandato legal require, polo tanto, que os medios de comunicación locais de titularidade pública, prensa escrita, radio, televisión, webs municipais, etc, respeten os seguintes
principios:

PRIMEIRO: Teñen que actuar como elementos cohesionadores do Concello. Teñen que fomentar a identidade local, dando a coñecer as súas orixes, tradicións e actividades cotiás económicas, culturais, sociais e políticas e os proxectos de futuro.

SEGUNDO: Teñen que informar dun xeito veraz, plural e transparente.
Teñen que dar conta da xestión que fai o equipo de goberno pero tamén mostrando as diferentes sensibilidades políticas que se expresaron nas urnas. A través da crónica xornalística do pleno municipal, teñen que explicar as diferentes propostas de actuación e reflectir os puntos de vista dos diferentes grupos políticos representados e as votaciones emitidas.

TERCEIRO: Teñen que ser un referente informativo para a cidadanía.
Non teñen que estar supeditados aos cambios que se produzan nos equipos de goberno ou cada vez que se celebren eleccións. En periodos electorais, teñen que ser un vehículo comunicativo clarificador das diferentes opcións políticas.

CUARTO: Teñen que fomentar o debate público para a participación democrática.
Os medios de comunicación escritos teñen que dar un tratamento xornalístico profesional ás informacións e teñen que inserir espazos de opinión dos cargos electos, dos grupos políticos, de técnicos especializados, de representantes das organizacións da sociedade civil e das persoas que queiran intervir. O editorial ten que reflectir a opinión da publicación e non ten que estar asinado polo alcalde ou alcaldesa. A través de Internet, téñense que promover consultas populares, foros, etc., ademais de ofrecer solucións fáciles a problemas concretos e trámites burocráticos.

QUINTO: Teñen que promover as actividades da sociedade civil e o asociacionismo.
Os medios de comunicación local de titularidad pública teñen que potenciar o asociacionismo e a iniciativa social mediante a publicación ou difusión de todas as actividades que realizan as organizacións da sociedade civil, especialmente a través da axenda de actividades ou outros formatos informativos.

SEXTO: Teñen que evitar o partidismo e a falta de profesionalidad.
Mediante un tratamento contrastado e o máis completo posible das principais informacións, dando voz aos diferentes protagonistas, rendendo contas da xestión realizada e fomentando a participación cidadá. Os medios non se poden utilizar como ferramenta de propaganda política do partido ou a coalición que detenta o poder.

SETIMO: Teñen que espertar o interese da cidadanía.
Mediante a utilización dunha linguaxe clara, preciso, respetuoso coa diversidad de homes e mulleres das diversas procedencias e condicións sociais que dan vida ao municipio, ao alcance do gran público, con titulares comprensibles e atractivos. Teñen que xerar procedementos que favorezan a identificación e a implicación da cidadanía na información e a participación democrática.

OCTAVO: Teñen que funcionar a través de órganos de xestión participativos.
Os medios de comunicación local de titularidad pública teñen que funcionar con estruturas organizativas, consellos editoriais ou consellos de administración que garantan a profesionalidad das persoas que traballan e a participación do conxunto do consistorio, das organizacións da sociedade civil e da cidadanía local.

NOVENO: Téñense que xestionar axustándose ás posibilidades económicas de cada municipio.
As institucións ou organismos públicos que xestionen os medios de comunicación local de titularidad pública teñen que deseñar plans municipais de comunicación a partir dun diagnóstico e unha análise da situación comunicacional local e teñen que definir os obxectivos que se teñen que lograr establecendo os recursos humanos e técnicos e as dotaciones económicas necesarios, sempre de acordo coas posibilidades e necesidades de cada municipio.

ctualmente en Cambre, contamos con dous medios de comunicación municipal públicos: A PÁXINA WEB MUNICIPAL @CONCELLODECAMBRE e o xornal NOVAS DE CAMBRE.

Con respecto á publicación NOVAS DE CAMBRE preséntase en formato xornal que é repartido e buzoneado e que sae cunha tirada de 12.000 exemplares por número é un custe de mais de 13.000 euros, que supón unha importante saída de cartos das arcas municipais, e que, por este único motivo podemos decir que é propiedade de todas e todos os veciños e, polo tanto, non pertence nin pode ser copado por ningún partido, organización ou sindicato, así como tampouco pode ser monopolizado polo equipo de goberno baixo a excusa de que non aparecen as siglas dos partidos que o conforman. Debe, por tanto, cumplir os principios arriba indicados.

As dúas tiradas que se fixeron deste xornal, incumpriron co obxecto que ten calquera medio de información pública que se precie e cos principios sinalados anteriormente.

Únicamente se deron a coñecer os proxectos ou noticias que o goberno municipal quixo trasladar ós veciños, pero non se fixo mención a ningún periodo de exposición pública, a axenda de actividades, as indicacións para poder realizar trámites administrativos, teléfonos de interés, horarios de interese, situación económica do Concello, ofertas de traballo, ofertas formativas, procesos participativos, direccións de interese, procedimento para a participación dos veciños e veciñas nos plenos, iniciativas dos grupos da oposición, publicacións en Boletíns Oficiais, etc...

Tampouco se permitiu ós grupos que lexítimamente ostentamos representación na Corporación participar da súa redacción, configuración, deseño, orzamento, tirada etc, incumplindo, por tanto co mandato legal conforme o que calquera medio de comunicación que sexa considerado público, debe expresar as diferentes sensibilidades políticas con representación no Concello.

Dende a Asemblea Cidadá de Cambre, entendemos que deben ter representación as AAVV, como xa tiveron, pero tamén ten que existir unha sección de cartas que os veciños e veciñas dirixan a Alcalde ou calquera dos e das concelleiras que formamos parte da Corporación, con mención expresa dos nosos datos e horarios de contacto.

Asímesmo, é necesario habilitar un espazo para que os grupos municipais poidamos dirixirnos os veciños de maneira directa.

O indicado ata aquí é aplicable á páxina web, na súa totalidade, tamén pública e tamén necesariamente espello da diversidade existente no concello e na corporación, que, ó noso entender tamén debería contar cun espazo de expresión das veciñas e veciños, un lugar de foro e debate aberto, así como cun espazo no que os grupos políticos poidamos facer coñecer á veciñanza cales son as xestións que levamos a cabo e facer o rendemento de contas cos que algúns nos sentimos obrigados.

En base ó anteriormente exposto, o Grupo Municipal da ACdC presenta para debate e aprobación os seguintes:

ACORDOS:

PRIMEIRO.- Habilitar en "Novas de Cambre" e na páxina web municipal unha sección pública de cartas dos veciños ó alcalde e concelleiros da Corporación.

SEGUNDO.- Habilitar en "Novas de Cambre" e na páxina web municipal unha sección económica fixa para informar dos gastos orzamentados e da situación económico-financiera do Concello.

TERCEIRO.- "Novas de Cambre" e a páxina web municipal, faranse eco dos acordos tomados nos Plenos ordinarios e extraordinarios e das iniciativas aprobadas emanadas de calquera dos grupos municipais, facendo mención expresa de qué grupo ou grupos partiron ditas iniciativas.

CUARTO.- Elaborarase con carácter urxente un protocolo de funcionamento dos medios municipais para blindar a súa transparencia e obxectividade sexa quen sexa o que goberne.

QUINTO.- Instaurarase unha sección fixa con publicación de ofertas de traballo e de formación do Concello de Cambre.

SEXTO.- Habilitarase un espazo para ONGs do Concello e que sirva de altofalante para novos voluntarios.

SÉTIMO.- Manterase un espazo para as Asociacións de Cambre e darase a coñecer o teciño asociativo do Concello.

OITAVO.- Habilitarase un espazo proporcional á súa representación tanto na páxina Web do Concello como en Novas de Cambre, para cada grupo municipal da Corporación.
O espazo non ocupado por calquera grupo será destinado ó que o grupo que lle corresponda decida, e no seu caso, cederase ás Asociacións veciñais ou ás cartas ou comunicacións de veciños ó Alcalde ou concelleiros e concelleiras.


Asdo: Olga Santos López

Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son


jueves, 20 de septiembre de 2018





PREGUNTAS  DO GRUPO MUNICIPAL DA "ACdC" AS COMISIÓNS INFORMATIVAS DO DIA 20 DE SETEMBRO


COMISIÓN INFORMATIVA DE ECONOMÍA, FACENDA,
SEGURIDADE CIDADÁ E PARTICIPACIÓN.

PRIMEIRA PREGUNTA

Trala aprobación da moción da ACdC relativa a Cambre como Concello
contrario á aplicación do TTIP

¿Poden informarnos sobre a existencia dalgún tipo de resposta con respecto á toma de acordos?

SEGUNDA PREGUNTA

¿En relación ó estipulado no noso Regulamento de Participación Cidadá, durante esta lexistalura cantos consellos sectoriais municipais se teñen nomeado e en qué datas e cales están en funcionamento?

TERCEIRA PREGUNTA

¿Tense recibido no algúnha denuncia ou escrito no Concello como consecuencia dalgún dano co beirado na zoa de aparcadoiro do Campo da Feira en Cambre?



COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, OBRAS, MEDIO
AMBIENTE, PATRIMONIO E DESENROLO SOCIOECONÓMICO

PRIMEIRA PREGUNTA

¿Fíxose algún tipo de xestión por parte do Concello ou recibiuse algunha consulta particular con respecto á localización ou inventariado de uralitas existentes en Cambre?

SEGUNDA PREGUNTA

En diferentes lugares do Concello os camiños carecen de medidas de protección e seguridade para a circulación peonil. ¿Ten previsto o goberno algunha actuación para mellorar a seguridade da circulación das persoas nas zonas perigosas?

TERCEIRA PREGUNTA

¿Poden informarnos de todas as xestións realizadas ó longo da lexislatura de cara a dar cumplimento á moción aprobada para o acondicionamento dunha zona de baño e recreo nas ribeiras do Río Mero?


COMISIÓN INFORMATIVA DE SERVIZOS, XUVENTUDE, CULTURA,
DEPORTES, RECURSOS HUMÁNS E BENESTAR SOCIAL.
PRIMEIRA PREGUNTA

¿Cal é o listado de actuacións realizadas no parque infantil das Palmeiras e no de Ramón Barba no que vai de lexislatura?

SEGUNDA PREGUNTA

¿Poden informarnos das xestións que se realizan como plan preventivo de limpeza dentro dos meses de verán das conduccións de pluviais?

TERCEIRA PREGUNTA

¿Existe algunha previsión ou medida prevista para o que queda de 2018 e 2019 de cara a facer un mantemento continuado das rozas nos camiños públicos municipais?



Asdo: Olga Santos López

Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son


domingo, 16 de septiembre de 2018

Pleno agosto 2018



No pleno de xullo, o Goberno municipal de Unión X Cambre, PSOE Cambre e BNG CAMBRE, NEGÁRONSE rotundamente a ter en conta a nosa proposta de que todos os grupos políticos con representación na Corporación poidésemos participar nos medios de comunicación públicos atentendendo a criterios de proporcionalidade. 



Está demostrado que DILAPIDAN miles de euros de todas as veciñas e veciños en facerse autopromoción e a copar a web e o xornal municipal con fotos do alcalde e diferentes concelleir@s do goberno inaugurando obras ou, incluso, autoasignándose iniciativas que partiron doutros grupos, tal e como nos ten pasado en numerosísimas ocasións a Asemblea Cidadá de Cambre.



Levaremos ó pleno deste xoves, 13 de Setembro, unha moción para a defensa da pluralidade política, a transparencia e o fin do estilo caciquil e autoritario do Sr. Alcalde, que vende transparencia e programas de participación pero á hora da verdade únicamente él e os seus "socios" de goberno poden participar nos medios que pagamos todas e todos os veciños do Concello.


                       ROGOS E PREGUNTAS PRESENTADAS          POLO GRUPO MUNICIPAL DA "ACdC" AO PLENO DO DIA                                          13 DE AGOSTO 









jueves, 13 de septiembre de 2018

CAMBRE

ACdC reclama un espacio para la oposición en la web y el periódico municipal

13.09.2018 | 02:01

Asemblea Cidadá de Cambre-Son (ACdC) reclama al Concello que permita a los grupos de la oposición disponer de un espacio dentro de los medios de comunicación municipales: la web del Ayuntamiento y en el periódico Novas de Cambre.
"Ambos medios son municipales y en ellos no tenemos la participación que corresponde a los grupos de la oposición", afirma la formación.

sábado, 8 de septiembre de 2018

EU Informa:

Este xoves preguntaremos ó Goberno do Concello de Cambre, múltiples cuestións. 
Estas preguntas as facemos en sesión de Comisións Informativas, que non son públicas pero dende a Asemblea Cidadá de Cambre darémoslle a publicidade que merece o esclarecemento destas cuestións.

*** Ante a inacción da inmensa maioría das Concellerías de titularidade de Unión X Cambre, PSOE Cambre e BNG CAMBRE, preguntaremos a todas elas cales son as propostas que emanaron de cada unha, estes tres últimos anos.
*** Respecto ós apercibimentos ós titulares de fincas sin rozar preguntaremos cantas denuncias e sancións levan impostas.
*** Tamén trasladaremos a queixa de moitas veciñas e veciños sobre a insalubridade durante as festas pola inexistencia de WC portátiles de uso público.
*** Outro dos asuntos que nos preocupa e sobre o que o Goberno de Cambre non toma medidas é a constante suciedade da nosa auga. 
*** Queremos saber qué se ten feito cara a conversión da Fraga de Cecebre nun espazo público para disfrute de todas e todos. 
*** Preocúpanos a cantidade de nenas e nenos que quedan cada ano sin praza nas nosas escolas infantís. Preguntaremos polas cifras.
*** Tamén queremos saber cales son as obras e xestións feitas durante estes tres anos de lexislatura de cara a erradicar a cantidade de barreiras arquitectónicas que existen nos locais socioculturais do noso Concello.



INICIATIVAS COMISIÓNS 
INFORMATIVAS 
CORRESPONDENTES O PLENO APLAZADO 
DO MES DE AGOSTO


COMISIÓN INFORMATIVA DE ECONOMÍA, FACENDA, SEGURIDADE
CIDADÁ E PARTICIPACIÓN.

1º.- ¿Cal é o listado coas propostas emanadas de cada unha das
concellerías que pertencen á presente C.I. dende o inicio de lexislatura ata a

actualidade?

2º.- Recentemente asistimos á polémica sobre o mantemento e
conservación dos diferentes terreos en perfectas condicións de seguridade salubridade e ornato público, que obriga ós propietarios de soares e fincas a proceder á limpeza da vexetación que poidera cubrir ou perxudicar as rúas e camiños públicos. 

¿Poden informarnos a día de hoxe, cantas denuncias, tanto de
veciños como de persoal do Concello, lévanse recibido en relación con posibles nfranccións, facendo mención da cantidade de expedientes sancionadores que
se levan incoados como consecuencia das anteriores, e sancións impostas no seu
caso?

3º.- ¿Cal é a valoración e previsión para futuras ocasións, que se fai con especto ás múltiples queixas recibidas con respecto ó tema da insalubridade e malos olores como consecuencia da ausencia de urinarios públicos durante as festas patronais de Cambre?

COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, OBRAS, MEDIO AMBIENTE,
PATRIMONIO E DESENROLO SOCIOECONÓMICO

1º.- ¿Cal é o listado coas propostas emanadas de cada unha das concellerías que pertencen á presente C.I. dende o inicio de lexislatura ata a actualidade?



2º.- Existen múltiples queixas sobre a suciedade da auga corriente en diferentes lugares do concello, con especial incidencia na zona do Temple.

¿Poden informarnos sobre a orixe desta insalubre situación así como do relato das xestións realizadas polo persoal competente para poder subsanar esta reiterada molestia ás veciñas e veciños de Cambre?

3º.- En diferentes ocasións tense prantexado ó Goberno municipal a
cuestión de convertir un espazo público e dar utilidade xeral a un espazo tan importante para o Concello como é a Fraga de Cecebre. 

¿Existe no Concello algún tipo de proxecto iniciado que poida permitir que o Concello ou calquera outra administración pública adquira a mencionada propiedade?

COMISIÓN INFORMATIVA DE SERVIZOS, XUVENTUDE, CULTURA, DEPORTES,
RECURSOS HUMÁNS E BENESTAR SOCIAL.

1º.- ¿Cal é o listado coas propostas emanadas de cada unha das
concellerías que pertencen á presente C.I. dende o inicio de lexislatura ata a actualidade?

2º.- ¿Cantas nenas e nenos quedaron sen praza nas escolas infantís do noso Concello nos anos 2015 a 2018?

3º.- A través dunha iniciativa da ACdC trasladamos a inicio de lexislatura ó Goberno a existencia de múltiples barreiras arquitectónicas en moitos dos locais socioculturais do Concello. ¿Poden informarnos pormenorizadamente das actuacións realizadas en cada un dos locales socioculturais do Concello orientadas á eliminación de ditas barreiras arquitectónicas, ó longo da lexislatura?


Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son

lunes, 3 de septiembre de 2018

Resposto ás preguntas que me facedes sobre custo e tirada do xornal pagado por todos os veciños e veciñas de Concello de Cambre para promoción política de Unión X CambrePSOE CambreBng Cambre.



12.000 x 2 xornais = 24.000 EXEMPLARES
13.460 € x 2 xornais = 27.000 EUROS
¿Como vai o compromiso coas rozas do Goberno de Unión X CambrePSOE Cambre e Bng Cambre?
Recordemos as datas que, despois de moitos meses de pelea e loita, conseguimos que nos deran como compromiso (actualmente incumplido) dende a Asemblea Cidadá de Cambre.
ATA O 24 DE XUÑO - CECEBRE E PRAVIO
ATA O 8 DE XULLO - ANCEIS, SAN LOURENZO E CAMBRE
ATA O 22 DE XULLO - LEMA, PEIRAIO, BRIBES E APEADEIRO
ATA O 7 DE AGOSTO - BREXO E SANTA MARIA DE VIGO
ATA 0O 28 DE AGOSTO - ANDEIRO, ALTAMIRA E SIGRÁS


Outra mostra mais do peso que ten para o Goberno de Unión X CambrePSOE Cambre e Bng Cambre, unha simple nota en prensa e unha publicación en FAcebook.
Nos, a Asemblea Cidadá de Cambre e Eu Cambre estamos mais que satisfeitos por ter conseguido que a seguridade das crianzas do Concello de Cambre, quedara garantida grazas á nosa esixencia de asegurar o pechamento do transformador.


                                         La imagen puede contener: exterior
Tres anos seguidos pedindo dende Asemblea Cidadá de Cambre, e xa antes, con Eu Cambre que se desbrozara o camiño e agora, cunha simple publicación na prensa e en Facebook, conseguímolo nunha semana.
¿Pouco respeto ós grupos da oposición ou medo ós medios de comunicación e redes sociais?
Vamos, o que ven sendo un Goberno de cara á galería... (Unión X CambrePSOE CambreBng Cambre)
O cometido da Asemblea Cidadá de Cambre está cumplido, @s veciños deConcello de Cambre poderán usar un camiño que é de todas. Seguiremos loitando porque se lle poñan uns cantos puntos de luz...

OLGA SANTOS LOPEZ.- Voceira do Grupo.

La imagen puede contener: exteriorLa imagen puede contener: exterior