viernes, 25 de noviembre de 2011




VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe 25 conmemoramos o dia mundial contra a violencia de xénero, co obxectivo de informar e denunciar esta lacra social no noso entorno mais proximo o Consello Local decidiu sair a rua para esixir e reclamar das institucions unha maior implicación na resolución deste problema ademais de concienciar ós veciños e veciñas de cambre de que situcións deste tiponon se poden permitir e sempre e importa...ntisimo denunciar as situacions destete tipo que coñeza ou no peor dos casos axudar a xente que poida estar padecendoos.


É por isto que o consello local organiza HOXE Venres a partires das Sete en cambre na praza ó lado da farmacia de Cambre.A organización prevista do acto e o seguinte a partir das sete da tarde os compañeiros da organización ou os que o desexen repartiremos un panfleto informativo/reivindicativo e unhas pegatinas co lazo lila polas ruas de Cambre.


Despois sobre as oito oito e cuarto xuntaremonos na praza. Ali as 20:00 horas a Secretaria de Muller do Consello Local Ana Limia, dará lectura dun comunicado.Co Obxectivo de fomentar a participación despois da sua intervencion abriráse un turno voluntario de palabras de toda a xente que asista e manifeste a seu desexo de facelo, dando despois destas intervencions darase por finalizada a concentración e o acto.


Polo tanto Queremos que nos acompañes neste día no que poremos unha mesa informativa a partires das 19:00 horas na Praza Enrrique Piñeiro (enfrente do local de EU Cambre)Agardamos a vosa compañia e presenza neste acto con fin de darlle a importancia que creemos se merece.


Recibide un cordial saudoConsello Local de EU Cambre.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

DESEMPREGADOS DE LONGA DURACIÓN, QUEDAN SIN TARXETA SANITARIA


A Xunta de Galicia mediante decreto publicado no DOG o 9 de setembro pretende bloquear o acceso ao servicio galego de saúde baixo o falaz pretexto do control do fraude.

Para a executiva nacional de EU o bloqueo da tarxeta sanitaria ás persoas desempregadas constitúe un ataque social sen precedentes na historia da democracia. O método consiste en bloquear a tarxeta sanitaria a todas as persoas desempregadas que leven máis de 12 meses en inactivo, quedando así sen prestacións médicas e farmacolóxicas.

Esquerda Unida considera inaceptábel e inmoral que a Xunta do PP excluía as persoas desempregadas do sistema público de saúde, que se debería caracterizar polo seus carácter universal. Con unha artimaña propia de estafadores, o Goberno Feijoo bloquea sen previo aviso a tarxeta sanitaria das persoas sen recursos, así cando acoden aos servizos sanitarios non reciben atención médica ata que reciban a Tarxeta Sanitaria para persoas sen Recursos (TSR), tarxeta que para a súa obtención teñen que facer trámites que se prolongan por espazo de máis de medio ano. Durante este tempo a administración galega, actuando como un pirata, aforra a atención médica das persoas máis necesitadas abandonando a unhas 65.000 familias galegas a súa sorte.

A prohibición do acceso ás persoas sen recursos á sanidade pública evidencia as verdadeiras intencións antisociais do PP que pretende desmantelar o pouco que queda do estado do benestar.
COMUNICADO DE PRENSA

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA SUBLIÑA A LIÑA ASCENDENTE DA ORGANIZACIÓN NA BISBARRA CORUÑESA QUE ACADA UNHA MEDIA DO 6,5% DE APOIOS DOUS PUNTOS POR RIBA DA MEDIA PROVINCIAL

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE OS RESULTADOS COALICIÓN EU-V AMOSAN CON CLARIDADE QUE A PROVINCIA DA CORUÑA ESTARÁ REPRESENTADA POLA ESQUERDA REAL NO PARLAMENTO GALEGO

O COORDINADOR COMARCAL DE EU CORUÑA, CÉSAR SANTISO, INDICOU QUE “A CIDADANÍA ESTÁ A VALORAR MOI POSITIVAMENTE A RESPONSABILIDADE, ÉTICA E COHERENCIA DO TRABALLO INSTITUCIONAL DESENVOLVIDO NOS CONCELLOS CON REPRESENTACIÓN COMO CAMBRE O A CORUÑA”

Hoxe, o coordinador comarcal, César Santiso e o responsábel de organización, Jorge Gil, desenvolveron unha rolda de prensa para amosar a valoración dos resultados electorais do consello político comarcal de EU Coruña.

Esquerda Unida considera que os resultados coalición EU-V amosan con claridade que a provincia da Coruña estará representada pola esquerda real no Parlamento galego. Así, a provincia coruñesa acadou unha media próxima ao 5% e superior á galega.

O consello comarcal de Esquerda Unida subliña a liña ascendente da organización na bisbarra coruñesa que acada unha media do 6,5% de apoios dous puntos por riba da media provincial. Nova que amosa a satisfacción do consello comarcal coruñés que valora os resultados obtidos como moi favorábeis e avala a decisión de ampliar a acción política da organización ao resto de concellos da comarcal onde non existen asembleas locais, como Arteixo ou Culleredo onde se acado o 5,65%.

César Santiso indicou que “a cidadanía está a valorar moi positivamente a responsabilidade, ética e coherencia do traballo institucional desenvolvido nos concellos con representación como Cambre o A Coruña, localidades onde acadamos o 7% dos votos emitidos”, media superior en máis de punto e medio a dos municipios da comarca que non teñen representación, que acadaron un 5,29%, resultando que aínda así supera a media provincial e nacional.

Santiso comentou que EU-V duplicou o número de apoios a nivel estatal, e os triplicou a nivel galego, cuadriplicando incluso nalgúns municipios. “Obter 1.680.810 votos e grupo parlamentar de 11 deputados cunha lei electoral inxusta e democraticamente deficitaria é unha proeza. Máis o noso sentimento é agridoce pois a ampla maioría absoluta acadada polo PP significa que o Goberno de España profundará nas políticas neoliberais que nos meteron nesta crise e aplicará moitos recortes socias contra as familias traballadoras. Por iso adiantamos que EU-V traballará arreo tanto nas institución como na rúa, promovendo a mobilización da cidadanía, para evitar que se sigan a recortar os dereitos da maioría social”.

Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida

domingo, 20 de noviembre de 2011

Nota Informativa

ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE RECLAMARA MEDIDAS PARA EVITAR DESHAUCIOS NO MUNICIPIO



O Grupo de EU de Cambre presentará unha moción no Pleno do vindeiro día 17 para solicitar da Corporación Municipal que “aprobe unha modificación da regulación hipotecaria que inclúa a figura de dación en pago, de maneira que, nos casos de vivenda habitual, se o banco executa a hipoteca e queda coa vivenda, a totalidade da débeda quede liquidada.”





Ademais dende EU instarán ó Goberno Municipal a creación dunha comisión especial mixta na que participen representantes do pleno municipal e das asociación de afectados, veciñais así como outras organizacións sociais coñecedoras da problemática. Dita comisión terá como obxectivo buscar alternativas que eviten os desfiuzamentos por motivos económicos e nos casos que non sexa posible, garantir o reacollo digno das familias afectadas.



EU de Cambre reivindica a necesidade deste tipo de medidas ante as consecuencias do que califican como crise do capitalismo, que está levando a inusitados niveis de crueldade dos bancos, con desfiuzamentos das familias que non poden pagar as súas hipotecas por ter perdido ós seus empregos e atoparse sen recursos. Sen esquencer, por outra banda, a necesidade e obrigatoriedade dos poderes públicos de defender e facer efectivo o dereito constitucional de todos a unha vivenda digna.

Asdo: Grupo Municipal de “Esquerda Unida”

miércoles, 16 de noviembre de 2011






INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DO MES DE NOVEMBRO.



MOCIÓN PARA INSTAR O GOBERNO DO ESTADO A MODIFICAR A LEI HIPOTECARIA CO FIN DE REGULAR A DACIÓN EN PAGO E ADOPTAR AS MEDIDAS NECESARIAS PARA EVITAR OS DESAHUCIOS POR MOTIVOS ECONÓMICOS.



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Visto que co estalido da crise e o aumento do paro, centenares de milesde familias chegaron a unha situación límite que non lles permite cubrir as súas necesidades máis básicas.

Visto que segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, só entre 2007 e 2010 no conxunto do Estado producíronse preto de 300.000 execucións hipotecarias, e que as previsións din que entre 2011 e 2012 poderíase chegar a cifra de 500.000.




Visto que cando isto sucede, as familias non só se enfrontan á perda da súa vivenda senón tamén a unha condena financeira para sempre: a entidade bancaria interpón unha demanda e iníciase o proceso de execución hipotecaria que finaliza coa poxa do inmoble. Se a poxa queda deserta (cousa que no actual contexto de crise sucede en máis do 90% dos casos), coa lei vixente a entidade bancaria adxudícase a vivenda polo 50% do valor de tasación e segue reclamando o pago da débeda restante, máis os intereses e costas xudiciais, ás persoas en situación de insolvencia, mediante o embargo de nóminas, contas, etc, así como embargos aos avalistas. É dicir, ademais de perder a vivenda, miles de familias enfróntanse a unha condena financeira para sempre que se traduce nunha condena a exclusión social e a económia sumerxida.

Visto que esta lexislación que permite que as entidades financeiras adxudíque as vivendas polo 50% do valor de tasación non só é anómala e non ten comparativa coas lexislacións doutros países da nosa contorna, senón que ademais era descoñecida polas familias cando asinaron os contratos hipotecarios. Feito que se suma á publicidade enganosa coa que se comercializaron a maioría desas hipotecas, á sobrevaloración nas tasaciones e á linguaxe de difícil comprensión utilizado nos contratos que agora se descobre que en moitos caso escondía todo tipo de cláusulas



abusivas.




Visto que consideramos inadmisible e totalmente inxusto que nun Estadosocial e democrático de dereito, todas as consecuencias da crise recaian sobre a parte máis vulnerable do contrato hipotecario e en cambio as entidades financeiras, en boa medida responsables da actual crise,reciban axudas millonarias que saen dos impostos, sen ter que asumirningunha responsabilidade, ao mesmo tempo que seguen xerando miles de millóns de beneficios anuais.




Considerando que todo o aquí exposto vulnera o actual marco xurídico,posto que o dereito á vivenda é un mandato constitucional, especialmente recollido no artigo 47 da Constitución española, que di: “Todos os españois teñen dereito a unha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito” pero tamén no artigo 33, que limita claramente o dereito á propiedade privada ao cumprimento da súa función social (e que a día de hoxe incúmprese sistematicamente nos pisos baleiros acumulados por bancos e caixas), ou no artigo 24 que garante a tutela xudicial (vulnerado nos procesos de execucións hipotecarias onde se produce clara indefensión), así como os compromisos xurídicos en materia de dereito a vivenda asumidos polo estado español ao ratificar tratados internacionais vinculantes como son, entre outros, a Declaración Universal de Dereitos Humanos (artigo 25) e o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (artigo 11), especialmente a partir da súa Observación Xeral número 4 que concreta o contido do dereito a unha vivenda adecuada, e a Observación Xeral nº 7 que define os desaloxos forzosos como unha das principais vulneracións do dereito á vivenda.




Considerando que todo o aquí exposto depende basicamente dunhanormativa de competencia estatal, pero cuxos efectos dramáticos concrétanse no ámbito municipal, posto que é aos concellos onde diríxense maioritariamente as persoas e familias afectadas en busca de axuda. Así, os concellos convértense en dobremente prexudicados: en primeiro lugar porque se vulneran os dereitos fundamentais dos seus cidadáns; en segundo lugar, porque en pleno contexto de crise, cando os recursos son máis escasos que nunca, reciben todas as peticións de axuda das persoas e familias empobrecidas.



Considerando que a perda de vivenda priva ao individuo ou a familia de toda residencia, e que, á súa vez, a ausencia de residencia exclúelles de toda vía administrativa, levando por iso a perda de dereitos, impedindo ás persoas afectadas realizarse tanto profesional como familiarmente.

Considerando que, como consecuencia do anterior, os desafiuzamentos aínda máis cando supón o mantemento dunha débeda en forma de condena financeira levan altos niveis de inseguridade que desencadean a alteración da orde pública e a paz social, e considerando que os concellos teñen o encargo de manter a seguridade e a orde no conxunto do territorio municipal.

O GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:








PRIMEIRO.- Pedir ao Goberno central que, tal e como vén propondo aPlataforma de Afectados pola Hipoteca e outras organizacións sociais,aprobe unha modificación da regulación hipotecaria que inclúa a figura da dación en pago, de maneira que, nos casos de residencia habitual, se o banco executa a hipoteca e queda coa vivenda, a totalidade da débeda (principal, máis intereses e costas xudiciais) quede liquidada, tal e como sucede noutros países da UE ou en EEUU.




SEGUNDO.- Instar ao Goberno a aprobar unha moratoria ou implementar as medidas necesarias para paralizar os desahucios das familias en situación de insolvencia sobrevinda e involuntaria. Para os miles de desahuciados xa producidos, que se aproben con carácter de urxencia medidas destinadas a que os miles de pisos baleiros que están acumulando as entidades financeiras como consecuencia deses embargos sexan postos inmediatamente a disposición das familias desahuciadas e sen recursos en réxime de alquiler social, non superando nunca o 30% da renda familiar dispoñible.




TERCEIRO.- Máis aló das medidas de competencia estatal, estudar asmedidas a emprender a nivel municipal para paralizar os desahucios, creando unha comisión especial mixta na que participen representantes do pleno municipal e das asociacións de afectados, veciñais e outras organizacións sociais coñecedoras da problemática. O obxectivo principal de devandita comisión será buscar alternativas que eviten os desahucios por motivos económicos. Nos casos que non sexa posible, garantir o realoxo digno das familias afectadas.

CUARTO.- Dar traslado destes acordos ao Consello de Ministros, e en especial ao Ministerio de Economía e ao Ministerio de Xustiza, así como aos grupos parlamentarios do Congreso e o Senado, ao Parlamento Autonómico, á Plataforma de Afectados pola Hipoteca e ás asociacións veciñais do municipio.


ROGOS:

1.- A recuperación, vixilancia e mantemento do público é unha obrigación do Goberno municipal. O estado da maior parte das marquesinas do concello non están cumprindo a función para a que foron instaladas, e o seu estado de deterioro pode poñer en perigro a integridade fisica das persoas.

Por esto PREGAMOS se sinalicen as marquesinas deterioradas apercibindo do perigro, e realicen as correspondentes actuacións para proceder a súa inmediata reparación ou reposición, según proceda.

2.- A pesar da insistencia do noso Grupo, na estrada CP-1702 nas inmediacións do Instituto David Buxán, a dia de hoxe segue sin contar con paso de peóns, e dos elementos minimamente necesarios para garantir o máximo posible a seguridade das persoas.



Polo exposto, PREGAMOS o Goberno realice as xestións oportunas ante a Deputación Provincial para habilitar un paso de peóns e demais medidas de precaución para minorar o risco de perigro na zona.

3.-
Veciñ@ da urbanización da Barcala denunciaron ante o noso Grupo municipal o estado que se encontran dous cuadro eléctricos situados na entrada da Urbanización e nas inmediacióna da Galescola, ditas instalación poden producir risco para a seguridade das persoas, Por esto o noso Grupo PREGA realizar con urxencia cantas accións sexan necesarias para correxir as deficiencias nas instalacións mencionadas.


PREGUNTAS:

1.- ¿En que situación se encontran os traballos sobre o inventario de camiños públicos do Concello, e cando ten previsto o goberno local entregar aos grupos da oposición o documento e a súa data de exposición pública?

2.- O Parque infantil situado na praza interior do número 14 da Costa da Tapia, correspondente a UE-23, na actualidade segue sen estar aberto ó publico.

-¿Cal é o motivo ou motivos que impiden que os veciños non poidan facer uso de ditas instalacións?

3.- ¿Ten o Goberno do concello a confirmación oficial das partidas orzamentarias da Xunta de Galicia para o ano 2012?, de ser afirmativa a resposta, ¿Que valoración fai dos investimentos previstos pola Comunidade Autónoma para o noso Concello?


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO.

ROGOS:

1.- Os cristales da porta de acceso o Centro Sociocultural “Garrulaxe” están rotos e con perigro de producir algún accidente: e polo que PREGAMOS procedan a súa reposición e acondicionamento.

2.- Nas obras de asfaltado e acondicionamento da estrada CP-1706 no lugar da Patiña, eliminaronse as bandas rugosas existentes.

PREGAMOS a súa reposición para atenuar o risco de accidentes na zona, e se instalen elementos menos agresivos con similar eficacia.

3.- Ante as suxerencias que nos teñen feito veciñ@s de Cambre sobre o acceso dende a Estrada da Estación a Agra de Samosteiro, o noso Grupo PREGA que por parte dos servizos técnicos do concello se estudie a posibilidade de prohibir xirar os vehiculos procedentes da rúa Estación.

4.- Diante da igrexa e cimeterio de Pravio, habitualmente hai vehiculos aparcados obstaculizando o espacio existente para a circulación peonil, esto obriga as persoas a invadir a rúa, co conseguinte perigro de accidentes sobre todo en dias de celebracións na igrexa.

O noso Grupo PREGA o Goberno, se tomen as medidas axeitadas para correxir a situación de indefension das persoas.


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO.

PREGUNTAS:

1.- As mareas vivas producidas a finais do mes pasado, provocaron inundacións en baixos da rúa Poligono.

¿Pensa o Goberno tomar algún tipo de medidas para mellorar as condicións e minimizar o impacto das inundacións provocadas polas crecidas?

2.- ¿Que información ten o Goberno sobre o alumeado público de San Lourenzo, recepcionado fai mais de dous anos. Ten tomado ou pensa tomar algún tipo de medidas para dar solución a situación?

3.-
¿Ten o Goberno previsto algunha actuación inmediata de mellora e acondicionamento do parque infantil situado nas inmediacións da Casa das Palmeiras.

4.- ¿Pode informarnos o Goberno do motivo que impide utilizar no cimeterio municipal o aparrelo elevador de cadaleitos?


Novembro de 2011

Asdo: Grupo Municipal

viernes, 11 de noviembre de 2011


CASA MODERNISTA DA ARRIGADA ANO DE 1912










SR.ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE

LUIS M. TAIBO CASÁS, voceiro do Grupo Municipal de ”Esquerda Unida”, tendo en conta o tratado na Xunta de Voceiros do dia 10 do presente mes, respecto o tratamento e utilidade da casa da Arrigada, realiza a seguinte PROPOSTA:

CREACIÓN DUNHA “AULA DA NATUREZA E CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO RIO MERO”, NO EDIFICIO MODERNISTA DA ARRIGADA.

Xustificación da Proposta:

En repetidas ocasións, ten xurdido nos debates dos Plenos Municipais a necesidade de dar resposta eficaz os distintos problemas derivados da transformación do Concello de Cambre nun territorio en acelarado proceso de urbanización é ós cambios que impón o modelo de vida actual.


Entre os problemas que é necesario atender de xeito inaplazable encontranse os relacionados co Medio Ambiente, porque non é posible negar o considerable grao de deterioro que, nos últimos tempos sufre a natureza do noso concello.


Para o Grupo Municipal de “Esquerda Unida” a defensa do Medio Ambiente é moito mais que unha romántica posición de conservación da natureza. É sobre todo unha aposta polo futuro, en difinitiva convertir a casa modernista da Arrigada nun centro educacional coa natureza e a historia como protagonistas principiais.

Unha aula da Natureza, concibese como unha oferta educativa para que os Colexios, Institutos, colectivos ou asociacións, poidan realizar programas de Educación Ambiental, Recreativo e Cultural co fin de dar a coñecer entre outras cousas, a flora e a fauna do noso concello, e así recuperar, conservar, protexer, poñer en valor e difundir os bens integrantes do noso patrimonio mais recente.

EU ten entre os seus valores, o despertar a conciencia crítica a través de dinámicas de sensibilización e concienciación da Natureza, e consideramos que temos neste momento unha importante ocasión para que o noso pobo poida contar cunha Aula da Natureza e Centro de Interpretación do río Mero con obxectivos de desenvolvemento orientados a sensibilización, conservación e coñecemento dos antecedentes históricos do Medio Ambiente Natural de Cambre.

A dia de hoxe Cambre conta no seu patrimonio cun edificio singular de 1912 (o próximo ano cumpre 100 anos) no lugar da Arrigada, catalogado nas súas Normas Subsidiarias como edificio de especial protección, que ben podería cumprir as funcións e ofrecer programas educativos aos nosos escolares, e tamén como elemento atractivo para os cambres@s e persoas que nos visitan.

Este edificio situado o noso xuizo, nun enclave axeitado próximo a zona emblematica das Insuas, conta nas súas inmediacións con montes, bosques, humedais e o emblemático rio Mero (un dos símbolos mais importantes do noso concello)

O desenrolo e posta en valor do río Mero e os seus humedais, e unha aposta que o conxunto da Corporación debería contemplar a corto prazo, como foco de atracción turística, que ben pode ser un referente a nivel comarcal para dar a coñecer ese gran recurso que baña unha boa parte do concello de Cambre, tendo en conta as grandes posibilidades en canto o turismo activo, natureza e patrimonio.

ENTRE OUTROS OBXECTIVOS, PODEMOS DESTACAR OS SEGUINTES:

1.- Desenrolar un equipamento cultural e creativo, descubrindo e difundindo os valores ambientais, mediante a integración e implicación da poboación
2.- Difundir o coñecemento da flora e da fauna do noso concello
3.- Facilitar o acceso o medio natural as persoas que por dificultades físicas, psiquicas ou sociais, non teñen oportunidades
4.- Obter un rendimento económico na actividade empresarial de Cambre, como pode ser a oferta turística, aumentando o fluxo dos visitantes.
5.- Estudiar as condicións do rio
6.- Estudiar as diferentes masas de vexetación e seguimento da fauna
7.- Taller de reciclaxe creativo
8.- Recuperación da zona axardiñada das inmediacións da casa


En CAMBRE, a 11 de novembro de 2011

Asdo: Grupo Municipal de “Esquerda Unida” de Cambre
ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE RECLAMARA MEDIDAS PARA EVITAR DESHAUCIOS NO MUNICIPIO


O Grupo de EU de Cambre presentará unha moción no Pleno do vindeiro día 17 para solicitar da Corporación Municipal que “aprobe unha modificación da regulación hipotecaria que inclúa a figura de dación en pago, de maneira que, nos casos de vivenda habitual, se o banco executa a hipoteca e queda coa vivenda, a totalidade da débeda quede liquidada.”


Ademais dende EU instarán ó Goberno Municipal a creación dunha comisión especial mixta na que participen representantes do pleno municipal e das asociación de afectados, veciñais así como outras organizacións sociais coñecedoras da problemática. Dita comisión terá como obxectivo buscar alternativas que eviten os desfiuzamentos por motivos económicos e nos casos que non sexa posible, garantir o reacollo digno das familias afectadas.

EU de Cambre reivindica a necesidade deste tipo de medidas ante as consecuencias do que califican como crise do capitalismo, que está levando a inusitados niveis de crueldade dos bancos, con desfiuzamentos das familias que non poden pagar as súas hipotecas por ter perdido ós seus empregos e atoparse sen recursos. Sen esquencer, por outra banda, a necesidade e obrigatoriedade dos poderes públicos de defender e facer efectivo o dereito constitucional de todos a unha vivenda digna.

Asdo: Grupo Municipal de “Esquerda Unida”

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Cambre
Tras las obras, su mantenimiento El Concello planea cubrir los gastos de la futura Casa da Cultura con la concesión de la cafetería y el traspaso a Sanidade del centro de salud.



Instalar la futura Casa da Cultura en Villa Concepción costará casi la misma cantidad que el Concello de Cambre destinó el año pasado a inversiones. Obtenido el dinero para realizarlo, gracias a fondos europeos y provinciales, la preocupación ahora es cómo mantenerlo. El Gobierno local prevé lograrlo con el traspaso del centro de salud de Cambre a Sanidade y la concesión de la cafetería


ANA BLASCO CAMBRE Rehabilitar, adecuar y equipar Villa Concepción para convertirla en la deseada Casa da Cultura de Cambre costará, según Esquerda Unida, lo mismo que adquirir quince pisos en la localidad, cantidad que se acerca a lo destinado a inversión real por el Concello en la pasada legislatura.


Cambre cuenta para ello con financiación europea y provincial. Pero, una vez abiertas las puertas del nuevo equipamiento, también tendrá que hacerse cargo de su mantenimiento. El portavoz de EU-IU, Luis Miguel Taibo Casás, puso ayer en duda la capacidad de las arcas municipales para hacer frente a este nuevo gasto. En respuesta, el Gobierno local expuso en el pleno de ayer la fórmula que pretende emplear para que, no solo no aumenten los gastos corrientes de la Administración local, sino que se reduzcan.


La solución pasa por traspasar a la Consellería de Sanidade la gestión del centro de día de la capital municipal, que supone un gasto de 70.000 euros anuales. La Xunta ya se prestó a ello, pero es necesario cederle el inmueble entero donde, en la actualidad, se emplaza también la sala de exposiciones del municipio y la Biblioteca Central.


La pinacoteca encontrará un nuevo hogar en Villa Concepción, pero para la biblioteca el Gobierno local todavía busca acomodo en la parroquia de Cambre. Disponen para ello de un año, el tiempo en el que deben estar listas las obras de reforma de la casa solariega de O Seixal para no perder la ayuda europea. En ese momento, pretenden trasladar los dos servicios y liberar el inmueble del centro de salud para que la Xunta se haga cargo de sus gastos y, además, cumpla con su promesa de ampliarlo con un departamento bucodental y otro de fisioterapia.


Los 70.000 euros que el equipo de gobierno espera ahorrar anualmente con esta operación, se invertirán en el mantenimiento de la futura Casa da Cultura, donde lo que resultará más costoso será la contratación del personal para la conserjería.


Además, cuentan con un ingreso extra: el de la concesión de la cafetería que se instalará en la planta baja de Villa Concepción. Estiman que esta cantidad puede rondar los 16.000 euros mensuales, pero advierten de que todavía hay que estudiarlo.


Los socialistas, solicitaron que se posibilite la entrada de empresas cambresas en el concurso para reformar Villa Concepción y que se haga un exhaustivo seguimiento de las obras. El BNG llamó la atención sobre el hecho de que con esta Casa da Cultura no se cubre la necesidad que tiene el municipio de un auditorio y EU también destacó el complicado acceso al inmueble.
laopinióncoruña.es » Gran Coruña

Un vecino de Brexo-Lema se enfrenta a un desahucio por una deuda de mil euros. El colectivo Stop Desahucios A Coruña solicita una moratoria en los juzgados

Un vecino de Brexo-Lema se enfrenta a un desahucio por una deuda de mil euros
Por un retraso en cuatro pagos de la hipoteca, de menos de 300 euros cada uno, el banco le ha comunicado que el día 16 deberá abandonar la casa en la que vive con su hija de 15 años


ANA BLASCO. CAMBRE Más tiempo pide José Manuel Puente Marrozos al banco, para poder pagar su deuda, y más diligencia exige a la Xunta en el pago de los casi 7.000 euros que le debe por la regeneración de la ría. Puente está a punto de perder su vivienda.


El próximo 16 de noviembre la entidad financiera con la que tiene contratada su hipoteca tratará de desahuciarle de su vivienda, ubicada en Brexo-Lema, tras una deuda de poco más de mil euros. El colectivo Stop Desahucios ya ha anunciado que tratará de evitarlo.


José Manuel es mariscador en el litoral de O Burgo. Explica que, con su profesión, solo puede "vivir al día", pero su situación económica se ha complicado no solo con el cierre de la ría al marisqueo, sino también con el retraso en los pagos de la Consellería de Pesca. Asegura que hace seis meses que le adeuda casi 7.000 euros por los trabajos de regeneración de la ría. Con ese dinero podría cubrir la cantidad que a él le reclama el banco, 5.800 euros.


Relata que se demoró cuatro meses en el pago de la hipoteca. En total, poco más de mil euros. La reacción del banco fue exigirle que saldara el total de la deuda sobre la casa: más de 30.000 euros. Cuando acudió a su sucursal, le dieron otra opción: podía solucionarlo entregando 5.800 euros antes de cinco días. Pero José Manuel no disponía del dinero.


Su entidad financiera le ha comunicado que el próximo viernes procederá al desahucio de la única vivienda de la que disponen tanto él como su hija de 15 años. Tiene la esperanza puesta en que el banco le conceda más tiempo y pueda hacer frente a la deuda con el crédito que la Cofradía de Pescadores acaba de solicitar al Instituto de Crédito Oficial. Que la Consellería de Pesca le pague lo que le debe, lo ve más complicado.


"Si me llevan la casa, no tengo para pagar un alquiler", teme este vecino de Brexo-Lema que, al verse sin más salidas, solicitó la ayuda de los Servicios Sociales del municipio. Denuncia que el Concello no le ha devuelto la llamada. "Parece que están muy ocupados", lamenta. El que sí le ha ofrecido todo su apoyo es el colectivo Stop Desahucios A Coruña. "Hemos solicitado una moratoria en el Juzgado porque hay por el medio una menor", cuenta un portavoz y avanza que también acudirán al banco para negociar porque "no es una deuda extraordinaria".


La Xunta y la entidad financiera "van de la mano en poner en la calle a nuestras familias, una no haciendo frente a sus obligaciones, asfixiando a las familias, y la otra, aprovechando la oportunidad para quedarse con las viviendas, más el dinero ya cobrado", reprueba a través de su blog el colectivo, que el miércoles estará en Brexo-Lema.

martes, 1 de noviembre de 2011

laopinióncoruña.es » Gran Coruña

Cambre / Culleredo
EU recurre la contratación del asesor de comunicación cambrés

REDACCIÓN CAMBRE


Esquerda Unida (EU) de Cambre ha interpuesto un recurso contencioso-administrativo contra la contratación "irregular" del asesor de comunicación del Gobierno municipal. EU explica, en un comunicado remitido ayer, que el pasado julio el Ejecutivo local nombró como personal de confianza al jefe de prensa "sin que el pleno lo aprobase previamente", tal y como estipula la Lei de Bases de Réxime Local. Hace alusión además a un informe de Intervención contrario a este nombramiento, del que se hizo, apunta, "caso omiso".














PROGRAMA DE "IU". ELECCIONES 2011


Estimados amigos y amigas:


El Programa Electoral con el que nos presentamos a estas elecciones generales no es un programa al uso. Es parte de un proceso, la Convocatoria Social, que tiene como objetivo la convergencia de todos aquellos y aquellas que quieren cambiar las cosas y que saben que, juntos, podemos dar una salida social a la crisis.


Ha sido un enorme esfuerzo de elaboración colectiva en el que han participado más de 15.000 personas, a través de más de 500 asambleas que se han celebrado a lo largo y ancho del país.Queremos agradecer a todas y cada una de las personas que han dedicado tiempo, reflexión y propuestas para avanzar en este esfuerzo colectivo. Agradecer, de manera muy especial, a las más de 200 asociaciones y organizaciones sociales y políticas que han contribuido con sus ideas.


A todos ellos decirles que para IU la elaboración de propuestas y programas es un proceso vivo que continuará después del 20-N. Por eso os animamos a seguir debatiendo y aportando ideas en torno a los documentos sobre las “9 revoluciones” que encontrareis en la web www.convocatoriasocial.org


IU se compromete con estas propuestas y trabajará, tanto en el Parlamento y como en la calle, para hacerlas realidad.Una vez más, gracias.


Cayo Lara. Coordinador General de IU

Marga Ferré. Secretaria de Programas de IU