INICIATIVAS PRESENTADAS POLO
GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA, AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL
CORRESPONDENTE O MES DE MAIO DE 2012.
MOCIÓN DO
GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA, SOBRE A REALIZACIÓN DUN CENSO DE BENS A NOME
DA IGREXA CATOLICA EN CAMBRE.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS:
O déficit que España ten e a caída da actividade
económica, é consecuencia dunha inadecuada xestión das institucións públicas,
do espolio desenvolvido polos mercados, os especuladores e os bancos, da
permisividade para a circulación de diñeiro negro e pola enorme fraude fiscal
existente, todo iso recae, exclusivamente, sobre as costas da cidadanía, que
sofre: un agonístico paro, co aumento da pobreza, un perigoso recorte de
innumerables e básicos dereitos sociais, o aumento do IRPF, xunto á baixada
unilateral dos salarios e o aumento de diversos impostos, incluído o imposto de
bens inmobles (IBI)
Que o RDL 20 de 30.12.11 de medidas urxentes en
materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit
público, insta á Corporacións Locais a unha subida do IBI de entre o 4 e o 10%
Esta irregular situación, agrávase coas exencións
fiscais das que gozan diversas entidades, en especial a igrexa católica (que é
a maior posuidora de bens inmobles) e outras confesións.
O pasado 2 de marzo o Grupo Parlamentario de
Esquerda Unida no congreso dos deputados fixo unha serie de preguntas nas que,
entre outros puntos concretos, interrogaba ao Goberno do PP se tiña previsto
seguir o exemplo de Italia, onde recentemente se acordou que a Igrexa pague o
IBI polos seus bens inmobles; Tamén nos interesamos polas medidas do Goberno
para terminar cos privilexios fiscais inxustificados, seguindo a orientación da
Comisión Europea.
A resposta escrita do Goberno do PP foi: “tales bens
estarán inscritos a favor da entidade católica que corresponda e serán os
Concellos os que deben xirar o correspondente imposto e a igrexa xustificar, no
seu caso, a exención correspondente”.
A fraude fiscal e a exención de impostos como o do IBI
e outros, grava enormemente ás nosas arcas municipais, feito que consideramos
enormemente inxusto.
POR ISO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN
AO PLENO A DOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO: Que
se faga un censo, no Concello de Cambre, dos bens inmobles rústicos e urbanos
que están censados e rexistrados a nome da igrexa católica e doutras confesións
relixiosas, así como das súas entidades e asociacións afíns.
SEGUNDO: Que no caso de que no noso Concello se
estea aplicando algún tipo de coeficiente reductor da taxa de recollida de
residuos sólidos urbans á Igrexa Católica, sexa informada esta Corporación
Municipal.
En Cambre, a 22 de xuño de 2012
ROGOS:
1.- Veciños da zona, (sobre todo agricultores)
denunciaron ante a nosa organización o mal estado da ponte en Brille (Andeiro),
onde un dos laterais atopase fundida e desplazada da estrada formando un
socavón, o que supón o evidente perigro para as persoas e vehiculos que
diariamente circulan pola zona.
-Por esta
razón EU PREGA se realice unha
actuación para garantir a seguridade e
non ter que lamentar ningún accidente.
2.- En varias
ocasións o Grupo Municipal de EU denunciou o sistema de protección
existente na Plaza Manuel Lugrís. Os sistemas de protección para evitar caidas neste recinto son uns soportes
metálicos verticais onde estan anclados uns perigrosos cables de aceiro que
poñen en risco a integridade fisica dos nenos e nenas que frecuentan e xogan en dita praza.
Non estamos ante un posible problema, estamos ante
un problema real, que ten probocado cortes e feridas. A mais deste feito non
podemos esquecer a inutilidade total deste sistema de protección, para evitar
as posibles caidas dende alturas que superan nalgún lugar os dous metros.
Por todo esto
o noso Grupo PREGA que coa
máxima urxencia, se elimine dito sistema de protección, instalando outro mais axeitado de acordo coa normativa
vixente para este tipo de instalacións, do mesmo xeito, se proceda a
adoptar as medidas técnicamente necesarias para que temporalmente poidamos
garantir a total seguridade das persoas, sobre todo dos nen@s.
3.- Cando
se construiu a presa de Cecebre, expropiaronse terreos no noso término
municipal para a construcción do encoro. O noso Grupo municipal xa ten
preguntado o Goberno do concello si por parte de EMALCSA se recibía algunha
compesación económica, corresponde as propiedades expropiadas.
-PREGAMOS
nos informen das xestións realizadas ante a Deputación Provincial para esixir o
concello da Coruña o pago do mencionado imposto.
PREGUNTAS:
1- O Grupo municipal de EU ten presentado varias
iniciativas a favor do transporte público no noso Concello e no conxunto da área metropolitana. Tamén os distintos
gobernos de Cambre teñense manifestado a favor do tren de proximidade, é pola
creación de infraestructuras para potenciar o servizo.
Por esto PREGUNTAMOS:
-¿Que xestións ten
realizado o Goberno local ante ADIF, e o
propio Goberno do Estado, para potenciar o ferrocarril de proximidade e a
construcción dun apeadeiro nas cercanías da urbanización da Barcala?
2.- No pleno do pasado
mes de decembro, tratamos sobre o problema das medicións das radiacións das
antenas de telefonía móbil instaladas nun edificio da Costa da Tapia. Tendo en
conta a preocupación existente entre a cidadanía e transcurrido un tempo mais
que prudencial para facilitarnos información sobre o tema.
O noso Grupo PREGUNTA unha vez mais ¿si se ten realizado algún
tipo de medicións e comprobacións sobre o nivel de emisións de radiacións
emitidos por ditas antenas?, de ser afirmativo ¿cales foron os resultados?
3.- Numerosos usuarios dos centros de saúde do
Concello de Cambre teñen contactado con EU para manifestar o seu descontento e
queixas polo servizo de cita previa recentemente imprantado nos ditos centros.
As queixas baséanse fundamentalmente no elevado custe que supón unha chamada a
un servizo 902, así como polo engorroso que resulta ir seleccionando as
diferentes opcions do menú ata chegar a pedir a cita, algo que para moitas
persoas supón unha obriga de desprazarse físicamente ata o centro.
En base ò anteriormente exposto o noso GM, pregunta
¿Ten o goberno coñecemento desta situación e teñen
previsto dar algunha solución alternativa para pedir cita previa?
En
Cambre, a 22 de xuño de 2012
COMISIÓN
INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO.
ROGOS:
1.- Co obxectivo de mellorar a
seguridade no vial de Cela a Meixigo, SOLICITAMOS se instalen biondas de
seguridade na parte esquerda da estrada
onde existe unha curva pronunciada a altura do número seis, ou no seu lugar outras medidas de seguridade conforme as
normativas de protección establecidas.
2.- A
senda peonil do paseo fluvial do rio Mero, encontrase nun estado bastante
lamentable devido a maleza que invade, sabemos que o seu mantemento non depende
do Concello, si non da administración autónómica.
-Por esto, PREGAMOS se requira a Xunta
de Galicia para que manteña dito paseo nas condicións optimas para o seu
disfrute.
3.- Transcurridos varios anos
de executarse as obras de acondicionamento, recuperación medioambiental
e posta en valor da área de espallamento das Gamelas, o que se dotou de mesas, bancos e outros elementos para área recreativa con unha inversión de diñeiro
importante.
-Ante o deplorable estado de abandono nas labores de mantemento
PREGAMOS se realicen os traballos necesarios que require o lugar.
COMISIÓN
INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO.
PREGUNTAS:
1.- Que xestións se teñen realizado para dar
solución a ubicación do paso de peóns situado na Volta das Carrozas, co fin de
mellorar a situación e aumentar a seguridade?
2.- A rede de
camiños públicos do concello, constituie un elemento indispensable para a
comunicación entre distintos lugares, a proliferación de maleza empeza a provocar situacións que dificultan a
circulación e incrementa o risco de incendios e accidentes.
-Por esto PREGUNTAMOS:
-Qué prazos e actuacións ten previstas o
Goberno respecto o desbroce e
acondicionamento destas infraestructuras?
En Cambre, a
22 de xuño de 2012
Asdo. Grupo Político Municipal