viernes, 31 de enero de 2014




INICIATIVAS PRESENTADAS AO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS CORRESPONDENTES O MES DE XANEIRO (2014)

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SOLICITANDO A RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE LEI DE PROTECCION DOS DEREITOS DO CONCIBIDO E DA MULLER EMBARAZADA DO PARTIDO POPULAR.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
        
O dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade, non se pode enmarcar nun debate alleo á libre decisión das mulleres. É un dereito fundamental e, como tal, non pode ser obxecto de intercambio cos estamentos relixiosos e sociais máis reaccionarios.

O dereito á interrupción voluntaria do embarazo, a libre decisión das mulleres, sen interferencias, sen condicionantes, sen tutelas, nin penalizacións, é un Dereito Fundamental.

En 1985, no noso país, co goberno do PSOE, produciuse unha despenalización parcial e tiveron que pasar 25 anos, até 2010, para unha reforma da lei de interrupción voluntaria do embarazo algo máis avanzada, pero aínda con moitas limitacións.

Agora o PP expón un Anteproxecto restritivo e retrógrado que vulnera dereitos e liberdades das mulleres en relación á súa capacidade de decisión sobre a súa maternidade.
        
Fronte a iso é necesario unha lei:

Que contemple a prevención contra os embarazos non desexados cunha educación sexual que percorra todos os estadios educativos, con perspectiva de xénero.

Que permita ás mulleres interromper o seu embarazo no momento e polas razóns que desexe, sen restricións, sen prazos e sen tutelas na sanidade pública.

Que regule a obxección de conciencia para que esta non sexa unha coartada da clase sanitaria máis reaccionaria.

Que elimine o aborto voluntario do código penal tanto para as mulleres como para as e os profesionais sanitarios que o practican.

Que inclúa a cobertura da totalidade dos métodos anticonceptivos pola sanidade pública.

Unha lei na que non sexa necesario de consentimento materno/paterno para as mozas de 16-18 anos.

Que incorpore a formación en saúde sexual e reprodutiva, tanto no ámbito sanitario como no educativo.

Que garanta a preparación do conxunto de profesionais para a práctica da interrupción voluntaria do embarazo e que esta se inclúa nas carreiras de medicina, enfermaría e outras profesións sociosanitarias.

Que non cuestione a capacidade das mulleres para tomar decisións sobre a súa vida, senón que potencie a súa autonomía,

Que inclúa un protocolo común para a práctica da IVE no Sistema Nacional de Saúde

Que garanta o equilibrio territorial.

POLO EXPOSTO O PLENO MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBRE PROPÓN A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1.- O rexeitamento do Anteproxecto de Lei de Protección dos Dereitos do Concibido e da Muller Embarazada aprobado polo Consello de Ministros/as porque restrinxe dereitos fundamentais das mulleres, solicitando a súa retirada inmediata.

2.- O posicionamento a favor de que calquera reforma que se faga sobre Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, estea encamiñada a ampliar os dereitos que son fundamentais e específicos das mulleres, de forma que as mulleres poidan decidir en sobre se queren ou non ser nais.


                       

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SOBRE A RECLAMACIÓN DAS “CLAUSULAS SUELO”  DAS HIPOTÉCAS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


Unha parte importante das entidades financeiras bancarias, e Caixas de Aforro foron rescatadas polo Estado debido a sua mala xestión.

Os rescates a estas entidades supoñen unha carga financeira para todas as persoas e familias do país, que ven disminuidos os seus ingresos e encarecido o seu nivel de vida, debido en parte aos impostos destinados a pagar os mencionados rescates.

As supostas refinanciacións e axudas que realizan as entidades cara aos seus clientes quedan moi lonxe do decreto de boas prácticas que suscriben, o que supón operacións co fin de facer negocio aproveitando a situación de desamparo dos seus clientes, así como a inclusión de novos avales que serán posteriormente desafiuzados xunto ao deudor principal no caso de non poder facer fronte á débeda. 
 

As entidades rescatadas, en tanto sobreviven gracias aos impostos das persoas, deben ser especialmente sensibles ao sufrimento das mesmas, debido a que un dos motivos da crise económica que vivimos, entre outros, é a mala xestión de ditas entidades, polo que deben ofrecer solucións ás persoas, que lles permitan, ben sexa  seguir pagando a sua hipoteca sin que supoña unha carga imposible de levar, ben sexa con solucións para garantizar o dereito á unha vivenda digna, así como o dereito a unha segunda oportunidade no caso da dación en pago e a condonación da deuda.   

A sentenza do 20 de marzo do 2013 do Tribunal Supremo pronúnciase sobre as “cláusulas suelo” nas hipotecas.

O fallo da sentenza dispón a nulidade da conocida “cláusula suelo” nos contratos hipotecarios, vinculando dita nulidade, a la falta de transparencia.

Este tipo de prácticas bancarias afectan directamente a centos de miles  de cidadáns e o seu carácter abusivo foi declarado polo Tribunal de Xusticia da Unión Europea, polo Tribunal Supremo, e antes, polos xulgados e audiencias provinciais de toda España.

Non se trata de accións puntuáis de determinada entidade financeira; son estratexias empresariais desenvolvidas pola maioría das entidades financeiras do país, que obraron durante anos impunemente, mentras mirábase cara outro lado por parte do Banco de España e do Consejo Nacional del Mercado de Valores, que non actuaron fronte a elas.

A a esta falta de actuación por parte dos organismos de control, temos que sumarlle a falta de respostas dos órganos de goberno, que acuden novamente na defensa da banca.

O efecto dos suelos hipotecarios notase especialmente nos momentos como o actual, cando a referencia sitúase en niveis históricamente baixos.

Por todo o exposto anteriormente, O Grupo municipal de Esquerda Unida de Cambre entende que existe unha gran desprotección dos cidadáns é que está nas mans dos poderes públicos, entre eles as corporacións locais o deber de plantar cara a esta mala praxis para conseguir a eliminación deste tipo de cláusulas, que determinan un mínimo a pagar incluso cando os índices hipotecarios son inferiores.

A proposta de EU, non é máis que poñer voz ao interés xeral de moitas familias que vense afectadas por condicións abusivas das entidades financeiras, que na maioría dos casos fóronlle impostas contribuindo á creación desta estafa que moitos chaman crisis.


POR TODO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1º.- Que o Concello de Cambre inste mediante a remisión dunha carta ás entidades finaceiras situadas no municipio e que firmaron hipotecas con cláusulas suelo, a que procedan de inmediato á anulación de ditas cláusulas no caso de que aínda non fose realizado por elas mesmas.

2º.- Que esta corporación municipal inste ás entidades financeiras a que se absteñan de vender ou mediar este tipo de productos sen informar coa debida dilixencia e de forma clara aos compradores, de que este tipo de cláusulas pode supoñer unha merma económica variable en función do Euríbor.

3º.- Que o Concello colaborarará cos medios necesarios para informar e asistir ás persoas afectadas polas cláusulas suelo nas reclamacións ou queixas que tiveran que presentar para requerir a sua eliminación en defensa dos seus dereitos como consumidores.

4º.- Reclamar ao Goberno Central a modificación por vía de urxencia do R.D 1/2007 de 16 de novembro sobre defensa dos consumidores, no sentido de introducir a consideración das clásulas suelo como abusivas.

5º.- Dar traspaso do acordó aos efectos correspondentes ao Congreso dos diputados e ao Parlamento de Galicia.



 ROGOS:


1.- Según o informe da EDAR de Bens no que se revelan graves efectos, dos que o mais grave é a existencia de fugas no emisario, entre outras deficiencias, a determinación sobre quen vai ter que correr cos custes das reparacions aínda é un dato que descoñecemos. Os custes dos que estamos a falar que cubrirían as melloras necesarias na depuradora ascenden a mais de 700.000 euros sin contar coa reparación do emisario.

É un despropósito que se estea a discernir quen vai asumir estes gastos cando hai só dous anos que se recepcionou unha obra que costou 112 millons de euros. É imprescindible que se esixa a restituciòn inmediata das avarías atopadas á empresa constructora, que entrega unha infraestructura defectuosa pola que téñense que reclamar responsabilidades.

PREGAMOS:

-Nos informe o Sr. Alcalde qué datos coñece respecto da situación dos custes a afrontar para a reparación das deficiencias e quen os vai asumir, así como a postura que adoptará o Goberno de Cambre no caso de que sexa a sociedade xestora da Edar, da que Cambre forma parte.

2.- O noso Grupo xa ten plantexado en varias ocasións a situación precaria na que se encontran  distintas empresas que prestan servizos no concello. Nos últimos anos, estamos asistindo (cando menos) o limbo xurídico no que se están executando varios servizos. Para o Grupo de EU non é normal que finalizado o contrato de xestión e as súas prorrogas correspondentes, as empresas concesionarias sigan prestando o seu traballo sin a existencia dun vinculo contractual;  posto de manifesto nos informes de Intervención nas memorias dos orzamentos anuais do concello, ano tras ano.

Para o noso Grupo non ten xustificación a demora na contratación, e creemos que o goberno municipal debe dar unha explicación a cidadanía.

Por eso plantexamos  o seguinte ROGO:


-Que O Sr. Alcalde, solicite a Secretaría Xeral do concello que emita un informe aclarando as causas que impiden as mencionadas contratacións e a maneira de proceder cando un contrato e as súas prórrogas concluien. Do mesmo xeito informen  sobre os tramites e  xestións que se teñen realizado en este sentido.


3.- O noso Grupo Municipal xa ten plantexado en diversas  ocasións o perigro que supón para a circulación rodada e peonil a ausencia de iluminación na ponte  da ría do Burgo, con beirarrúas deficitarias e escasa capacidade  para a circulación de aproximadamente 70.000 vehiculos diarios. O conselleiro de Infraestructuras da Xunta de Galicia, ten manifestado que as obras empezarian no pasado ano.

-PREGAMOS nos informen da situación do proxecto para a mellora da seguridade viaria no menciona do lugar e o seu entorno.



PREGUNTAS:

1.-  O pasado mes de decembro, o Goberno municipal puxo e marcha unha campaña sobre prevención en materia de seguridade vial para persoas maiores, co obxectivo de prever  accidentes en vías públicas. Chama a atención que lugares onde existe risco permanente de accidentes e como consecuencia denunciado polo noso Grupo, non se teñan tomado as medidas axeitadas para dar solución os problemas, estamos a referirnos o paso de peóns ubicado na Estrada de Cambre o Temple (Volta das Carrozas), o situado no acceso autoestrada no Temple, ou mesmamente a restructuración  do tráfico en varias vias do Temple.

Por esto PREGUNTAMOS:

-¿Para cando pensa o Goberno dar solución a estes problemas?

2.- No pasado pleno do mes de decembro, aprobouse unha nova taxa polo servizo da rede de sumidoiros, o noso Grupo plantexou a posibilidade de que as familias con menos recursos poideran ter algún beneficio fiscal, do mesmo xeito que o establecido na  Ordenanza polo servizo da Rede de Sumidoiros.

-¿Poden informarnos das valoracións feitas polo Goberno en relación a este tema, e das determinacións que pensan tomar?


3.- O Goberno do concello mediante a concelleira responsable de urbanísmo trasladou os grupos da oposición un borrador de Ordenanza de Instalación de Terrazas de hostalería nas vías públicas e espacios privados de uso público do município .

Trancurrido mais de un ano non temos coñecemento do  estado de elaboración  do mencionado documento nin dos motivos que impiden o Goberno  o seu tratamento para a posterior aprobación.

-¿Para cando ten previsto   o Goberno a presentación da Ordenanza que regule a instalación de terrazas?



COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO

ROGOS:

1.- PREGAMOS se tomen as medidas axeitadas para unha correcta ubicación da sinal de STOP no camiño que transcurre dende San Lourenzo a Andeiro no lugar de Pazos.

PREGUNTAS:

1.- O concello conta con un aparello elavador no cimiterio de Cambre, que na actualidade non se está utilizando.

-¿Poden informarnos dos motivos que impiden o seu funcionamento?



COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE,
CULTURA E TURISMO

PREGUNTAS:

 

1.- A Cabalgata de reises e unha tradición que que fomenta a ilusión entre os nen@s do concello. O acontecido o pasado 5 de xaneiro foi motivo de  críticas, que moitos  non dudaron en calificalo “como unha tomadura de pelo” sobre todo por non ter rematado no polideportivo  de Cambre, lugar que o noso Grupo considera  axeitado, tendo en conta a situación climatóloxica desa data.


-¿Pode infarmarnos o Goberno  do motivo ou motivos que impediron que a cabalgata non rematara nas instalacións deportivas de Cambre, e do custo da instalación das carpas no campo da feira previstas para o evento?



                              En Cambre, a 25 de xaneiro de 2014

                              

                                                Asdo: O Voceiro do Grupo

Rechazado el recurso de las escuelas privadas contra la guardería de O Temple

31.01.2014 | 01:24
La Corporación cambresa aprobó rechazar el recurso interpuesto por la Asociación Gallega de Escuelas Infantiles (Agadei) contra el convenio para la construcción de la guardería prevista en O Temple. La propuesta salió adelante con los votos a favor de todos los grupos municipales, a excepción de PdeC, que se abstuvo ante la falta de "un informe económico" que avale el proyecto y de más información por parte de la Xunta, explicó su portavoz, José Antonio Baamonde.
Ante el aviso de las guarderías privadas de que usarán todos los medios para paralizar la pública, la edil de EU Olga Santos propuso que el alcalde se comprometiese a adoptar "todas las acciones necesarias" para que se lleve a cabo, entre otras, exigir a la asociación que remunere daños y perjuicios si se frena el convenio con la Fundación Amancio Ortega. Rivas rechazó comprometerse a actuar en la "justicia" ya que el caso todavía no está ahí, pero garantizó que pondrá "toda la carne en el asador".

domingo, 26 de enero de 2014

NOTA INFORMATIVA DE “ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE

(Moción “Clausulas Suelo” Hipotecas)

Entre outras  iniciativas  o Grupo Municipal de Esquerda Unida, presentará unha Moción para o próximo pleno sobre a reclamación as entidades financieras do concello, a anulación inmediata de todas as “clausulas suelo” dos contratos Hpotecarios que teñen suscrito cos veciñ@s da localidade e a devolución do “inxustamente cobrado de mais” por esta vía.

A nosa formación política, entende que existe unha gran desprotección dos cidadáns é que está nas mans dos poderes públicos, entre eles as corporacións locais o deber de plantar cara a esta mala praxis para conseguir a eliminación deste tipo de cláusulas, que determinan un mínimo a pagar incluso cando os índices hipotecarios son inferiores.

A proposta de EU non é máis que poñer voz ao interés xeral de moitas familias que vense afectadas por condicións abusivas das entidades financeiras, que na maioría dos casos fóronlle impostas contribuindo á creación desta estafa que moitos chaman crisis.

Unha das propostas de acordo da Moción, consiste en  que o Concello colaborarará cos medios necesarios para informar e asistir ás persoas afectadas polas “cláusulas suelo” nas reclamacións ou queixas que tiveran que presentar para requeir a sua eliminación en defensa dos seus dereitos como consumidores.

Esta iniciativa forma parte dunha campaña  tanto a nivel institucional como de información e asesoramento  aos afectados,  EU de Cambre, poñerá os seus locais a disposición dos veciñ@s  co fin de asesorar, xestionar e facilitar a documentación para que os afectados poidan presentar a súa reclamación. Así, o noso local municipal na rúa Praza Europa 7,  estará aberto os xoves de 19:00 a 21:00 horas, e a nosa sede na R/ Cruceiro os domingos de feira de 11.00 a 13:00 horas.

                           Asdo: Grupo Municipal de EU de Cambre


  
                      ESQUERDA UNIDA

                         INFORMA:


CONOCE OS TEUS DEREITOS FRENTE OS ABUSOS BANCARIOS: CLÁUSULAS SUELO EN IPOTÉCAS.

 -Si tes unha hipotéca e a túa cuota nunca baixa?

 -O mais probable é que teñas unha cláusula suelo

Si non sabes ou aínda non tes claro que é a cláusula do suelo, podes acudir a informarte o domingo dia 19 de 11:00 a 13:00 horas no noso local na R/ Cruceiro, ou os xoves de 19:00 a 21:00 no local municipal na Praza Europa,7.

miércoles, 22 de enero de 2014

NOTA INFORMATIVA 
“ECONOMISTAS FRENTE A LA CRISIS”




Jorge Fabra Utray, Julio Rodríguez López e José Ignacio Pérez Infante, presidente e membros destacados de  Economistas frente a la crisis estarán   na Coruña mañá mercores,  22 de xaneiro,  para falar do pensamento económico ao servizo da  cidadanía.

O acto será no Salón de Actos da Cámara de Comercio na rúa Alameda 30-32, as 20Horas

Estará moderado por José Manuel  Lago, economista e membro do Gabinete Económico da Confederación Sindical de Comisións Obreiras CC.OO.




(Entrada libre ate esgotar aforo)

lunes, 20 de enero de 2014

19 de Xaneiro, 2014

CONVOCATORIA DE CONCURSO/OPOSICIÓN PARA A PROVISIÓN INTERINA DE UNHA PRAZA VACANTE DE COORDINADOR/A DEPORTIVO/A.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral deste concello no prazo de sete (7) días hábiles a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria nun xornal dos de maior difusión da provincia

CONVOCATORIA DE CONCURSO/OPOSICIÓN PARA A PROVISIÓN INTERINA DE UNHA PRAZA VACANTE DE COORDINADOR/A DEPORTIVO/A.
Por Resolución da Concelleiro delegado da área de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación  de  data  17 de xaneiro  de 2014, aprobouse a convocatoria e Bases para a provisión interina  dunha praza de coordinador deportivo vacante no cadro de persoal deste Concello.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral deste concello no prazo de sete (7) días hábiles a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria nun xornal dos de maior difusión da provincia. Tamén se publicará o anuncio da convocatoria xunto coas Bases desta no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web “www.cambre.org”.

As Bases pódense consultar no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web www.cambre.org.


Cambre, 17  de xaneiro  de 2014
O Concelleiro delegado da área de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación



Arquivos:
Basescoorddptvo.pdf
anunciopdf.pdf

Conxelación do Salario Mínimo

PDF
Correo-eImprimir
Alternativa Galega de Esquerda presentou unha Proposición non de lei na que insta ao goberno galego a rexeitar a conxelación do salario mínimo interprofesional proposto polo goberno central para este ano e elaborar as normas laborais oportunas que doten a Galicia dun marco normativo propio nesta materia que permitan dar solución ao problema.
Así mesmo, esixen a Xunta de Galicia que se dirixa ao goberno central para que leve a cabo as modificacións oportunas co obxectivo de blindar os incrementos mínimos do salario mínimo con respecto ao IPC interanual habilitando mecanismos legais que permitan acadar o 60 por cento do salario meido tal e como se comprometeu o estado na carta social europea.
O goberno central aprobou a conxelación do salario mínimo interprofesional para este ano, medida adoptada ao carón das novas subidas enerxéticas o que evidencia cales son as prioridades dos gobernos do Partido Popular centradas en favorecer as grandes multinacionais e a continuación espremer as clases populares. Esta inxusta decisión afecta a milleiros de galegos e galegas que perderán aínda máis poder adquisitivo e sitúan o salario mínimo por debaixo do limar da pobreza para as familias con máis dun membro.
Alternativa Galega de Esquerda asegura que se trata dunha medida antieconómica que retrae o consumo interno e que afonda na recesión e na crise económica polo que esixe ao goberno galego que amose o seu rexeitamento e adopte as medidas precisas para evitar as consecuencias negativas que terá no noso país.



                                      

viernes, 17 de enero de 2014

"¿Qué sería de este mundo sin militantes?, ¿Cómo sería la condición humana si no hubiera militantes? No porque los militantes sean perfectos, porque tengan siempre la razón, porque sean superhombres y no se equivoquen… No, no es eso.

Es que los militantes no vienen a buscar la suya, vienen a dejar el alma por un puñado de sueños. Porque, al fin y al cabo, el progreso de la condición humana requiere, inapelablemente, que exista gente que se sienta en el fondo feliz en gastar su vida al servicio del progreso humano. Porque ser militante no es cargar con una cruz de sacrificio, es vivir la gloria interior de luchar por la libertad en el sentido trascendente."

Pepe Mújica,
Presidente de la República del Uruguay

viernes, 10 de enero de 2014

AS DEPUTADAS DE EU, YOLANDA DÍAZ E EVA SOLLA, INTERPELARAN NO PARLAMENTO GALEGO AO GOBERNO DO PP PARA QUE EXPLIQUE AS MEDIDAS DE PRESIÓN QUE ESTÁ A EXERCER SOBRE O CADRO DE PERSOAL DO SERGAS

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE A XUNTA ESTÁ A ATACAR OS DEREITOS DOS TRABALLADORES PÚBLICOS SANITARIOS, ASÍ COMO OS DOS DOENTES

O COORDINADOR COMARCAL DE EU, CÉSAR SANTISO, INDICO QUE “A XUNTA PRETENDE CERCENAR DEREITOS DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS PARA COLOCAR NA ESTRUTURA DIRECTIVA AOS SEUS AMIGOS SEN atender aos criterios de igualdade, mérito e capacidade”


A mesa sectorial aos representantes dos traballadores e traballadoras do SERGAS rexeitou o decreto polo que se quere crear a estrutura organizativa de xestión integrada que pretende a alteración –léase degradación- dos dereitos e obrigas do persoal que hoxendía se rexe polo estatuto marco 55/2003.

Esquerda Unida considera que a Xunta está a atacar os dereitos dos traballadores públicos sanitarios, así como os dos doentes. A manobra dos gobernos do PP pasa pola modificación do Estatuto Marco para permitir a laboralización do persoal, o 25 de xullo, día da patria galega, publicouse no BOE a lei 10/2013, de 24 de xullo, que traspón unha directiva europea da troika. Así no artigo 65 bis, de servizos de xestión clínica e nunha nova disposición transitoria oitava, desprotéxense no fundamental aos traballadores e traballadoras que pasen a desenvolver funcións de xestión clínica, os cales logo de pasados os tres primeiros anos nesa función só terán dereito a computar o tempo a efectos de antigüidade.

Este borrador, logo de pór as bases da futura privatización mediante o despezamento dos servizos sanitarios en empresas concesionarias, deixa todo o demais interesadamente aberto: non se clarexan as condicións de traballo, a mobilidade interna, os traslados, os reingresos, ou o sistema retributivo, que apenas obedecerán a outro criterio que o puro capricho arbitrario da dirección e a lóxica implacable dos recortes economicistas.

As deputadas de EU, Yolanda Díaz e Eva Solla, interpelaran no parlamento galego ao goberno do pp para que explique as medidas de presión que está a exercer sobre o cadro de persoal do SERGAS, co seguinte tenor:
- Que medidas de presión está a desenvolver o goberno galego para facer efectivo entre as traballadoras e traballadores o chamado “efecto arrastre” nas verbas do responsable de asistencia sanitaria da consellaría?
- Que efectos se derivan, segundo coñece o goberno galego, da transposición á nosa lexislación da lei 10/2013, de 24 de xullo?
- Non resta sen definir ulterior normativa para concretar a privatización desas áreas de xestión clínica nas que se fragmentaría o SERGAS?
- Que estudos económicos e de plantilla elaborou o goberno galego para fundamentar a elaboración deste decreto de áreas de xestión clínica?
- Como valora o goberno galego o rexeitamento xeralizado deste borrador de decreto por parte das organizacións que representan aos traballadores e traballadoras do sistema sanitario público galego? Vanse conseguir dos orzamentos para as prestacións sanitarias? Vanse conseguir de ulteriores recortes no salario do persoal do SERGAS?
- De onde agarda acadar os fondos para entregar incentivos ao persoal segundo prevé o acordo de xestión clínica? Non semellan contradictorios tales incentivos cos continuados recortes salariais impostos aos traballadores da función pública?
- Acaso este decreto non se inxire na estratexia Sergas 2014 que na súa visión estratéxica pretende a entrada neste sector das empresas privadas?
- Dados os negativos efectos que se desprenden do borrador de decreto das áreas de xestión clínica tanto para a atención aos doentes como para o persoal estatutario do SERGAS, non contempla o goberno galego retirar o referido borrador de decreto?

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indico que “a Xunta pretende cercenar dereitos dos traballadores e traballadoras para colocar na estrutura directiva aos seus amigos sen atender aos criterios de igualdade, mérito e capacidade”.

Consello Comarcal da Coruña

Esquerda Unida

domingo, 5 de enero de 2014



  Declaración de IU sobre la reforma     de la ley de aborto

IU rechaza el Anteproyecto de Ley de protección de los derechos del concebido y de la mujer embarazada del Partido Popular

El derecho a decidir de las mujeres sobre su maternidad, no se puede enmarcar en un debate ajeno a la libre decisión de las mujeres. Es un derecho fundamental y, como tal, no puede ser objeto de intercambio con los estamentos religiosos y sociales más reaccionarios. 

IU defiende el derecho a la interrupción voluntaria del embarazo, a la libre decisión de las mujeres: sin interferencias, sin condicionantes, sin tutelas, ni penalizaciones 
En 1985, en nuestro país, con el gobierno del PSOE, se produjo una despenalización parcial y tuvieron que pasar 25 años, hasta 2010, para una reforma de la ley de interrupción voluntaria del embarazo algo más avanzada, pero aún con muchas limitaciones. 

Ahora el PP plantea un Anteproyecto restrictivo y retrógrado que vulnera derechos y libertades de las mujeres en relación a su capacidad de decisión sobre su maternidad. 

IU defiende una ley sobre interrupción voluntaria del embarazo en la que se contemple, como mínimo, la prevención contra los embarazos no deseados con una educación sexual que recorra todos los estadios educativos, con la coeducación real y efectiva, con la trasmisión de valores de igualdad entre mujeres y hombres; una ley que permita a las mujeres interrumpir su embarazo en el momento y por las razones que desee, sin restricciones, sin plazos y sin tutelas; una ley que regule la objeción de conciencia para que ésta no sea una coartada de la clase sanitaria más reaccionaria; una ley que elimine el aborto voluntario del código penal tanto para las mujeres como para las y los profesionales sanitarios que lo practican. 

Desde IU declaramos: 

1. El rechazo del Anteproyecto de Ley de Protección de los Derechos del Concebido y de la Mujer Embarazada aprobado por el Consejo de Ministros/as porque restringe derechos fundamentales de las mujeres. 

2. Posicionamiento a favor de que cualquier reforma que se haga sobre Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo, esté encaminada a ampliar los derechos que son fundamentales y específicos de las mujeres, de forma que las mujeres puedan decidir en sobre si quieren o no ser madres. 

3. Llamamiento, a la sociedad en su conjunto, a la movilización y la denuncia en contra de la restrictiva reforma del aborto del Partido Popular. 

IU, por su parte, se movilizará activamente en contra de la restricción de derechos de las mujeres y por la defensa de un Derecho al Aborto, libre, público, gratuito y fuera del Código Penal
.

viernes, 3 de enero de 2014

¿Qué sería de este mundo sin militantes?, ¿Cómo sería la condición humana si no hubiera militantes? No porque los militantes sean perfectos, porque tengan siempre la razón, porque sean superhombres y no se equivoquen… No, no es eso.

Es que los militantes no vienen a buscar la suya, vienen a dejar el alma por un puñado de sueños. Porque, al
fin y al cabo, el progreso de la condición humana requiere, inapelablemente, que exista gente que se sienta en el fondo feliz en gastar su vida al servicio del progreso humano. Porque ser militante no es cargar con una cruz de sacrificio, es vivir la gloria interior de luchar por la libertad en el sentido trascendente." 

Pepe Mújica,
Presidente de la República del Uruguay

CAMBRE

Cambre registra 80 roturas en la red de suministro de agua desde 2011

EU exigirá que Intervención y los servicios técnicos del Concello elaboren un informe y critica que la mayoría del plan de obras de la Diputación se destine a reparar tuberías y no los tanques

03.01.2014 | 01:36
Imagen del depósito de A Castellana, uno de los dos que sufren pérdidas. / víctor echave
Imagen del depósito de A Castellana, uno de los dos que sufren pérdidas. / víctor echave
Un informe realizado por la empresa concesionaria revela pérdidas en dos de los depósitos
La red de suministro de agua de Cambre ha sufrido ochenta roturas en distintos puntos desde 2011 hasta la actualidad. Un informe elaborado por la empresa concesionaria del servicio, Augaservi SL, revela que, además de decenas de fugas y averías en las tuberías, dos de los depósitos que almacenan el agua han sufrido pérdidas. El grupo municipal de Esquerda Unida exigirá en pleno que el departamento de Intervención y los servicios técnicos del Ayuntamiento elaboren sendos estudios en que se analice el estado de la infraestructura.
El informe reúne datos de estudios realizados en los últimos años y recoge en detalle el número de averías o pérdidas de agua que se detectaron en distintos puntos de la red. Feal, en Pravio, fue la zona más afectada, al sufrir ocho roturas, seguida de Peiraio (Bribes) y San Lorenzo, con siete averías cada una.
Los depósitos en los que, según el estudio, se han detectado pérdidas son el viejo de A Castellana y el de Lema. El documento detalla también que "no se puede comprobar" si los depósitos de Mota y Pena tienen fugas "porque es un solo vaso". Además, existen "consumos de carga de camiones que no están controlados" en los hidrantes -bocas de riego o tubos de descarga de líquidos-, señala el informe.
EU exigirá en pleno que Intervención y los técnicos municipales estudien el estado de la red municipal de agua. "El agua es una cruz en este concello", asegura el portavoz de la formación, Luis Taibo, y sostiene: "Lo importante es detectar las averías e irlas solucionando, pero para eso hacen falta estudios".
Taibo apunta que se perdían 400.000 metros cúbicos de agua anuales. "No se puede seguir así con el tema del agua. Quedan muchas cosas por solucionar, como las fugas. Y hay dos depósitos de los que no son capaces -la empresa- de comprobar si pierden agua", apunta el edil. El líder de EU de Cambre asegura que, cuando se realizaron los diferentes estudios en los últimos años, se hizo alguna reparación, pero no una obra como tendría que acometerse".
El portavoz critica que, como se aprobó en el último pleno ordinario, "se destine la mayoría de los fondos del Plan de Obras y Servicios (POS) de la Diputación a reparar las tuberías cuando hay dos depósitos con fugas".