INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA”
AO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE XUÑO 2014.
MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUIERDA UNIDA
SOBRE O SERVIZO DE COMEDOR NOS CENTROS EDUCATIVOS
PÚBLICOS DO CONCELLO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O
pasado dia 11 de Xuño, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha
Proposición non de Lei na que se resolve que "O Parlamento de Galicia
insta á Xunta de Galicia a levar a cabo as medidas necesarias para evitar que
ningún neno ou nena careza de alimentación ou sustento necesario por estar en
situación de vulnerabilidade, poñéndose en marcha convenios cos concellos
interesados, podéndose usar as instalacións dos centros educativos en
colaboración cos servizos públicos de benestar" .
O
curso escolar, nos seus niveis obrigatorios, rematou o dia 20 de xuño e moitas
familias galegas non saben como poder garantir unha axeitada alimentación para
os seus fillos e fillas nos dous meses non lectivos, diante da grave situación
socioeconómica pola que están a atravesar, a que o noso concello
non e alleo.
Segundo
os datos oficiais, en Galicia hai 93.000 familias con todos os seus membros en
paro, o 23% da poboación atópase en situación de pobreza, 33.000 familias
sobreviven sen ningún tipo de ingreso e un 26% dos fogares con menores a cargo
están en risco de exclusión social.
Un
de cada catro menores de dezaseis anos vive por debaixo do umbral da pobreza no
noso pais segundo o Instituto Nacional de Estatística, na mesma liña en que se
teñen manifestado organizacións como UNICEF, Caritas e Cruz Vermella.
O
profesorado galego, ó igual que os representantes das asociacións de nais e
pais, relatan a existencia dun número importante de sinais de alarma sobre a
situación que atravesan moitos fogares galegos: nenos e nenas que acoden ó
colexio sen almorzar, episodios de mareos e mesmo desmaios entre o alumnado
durante a xornada escolar, rapaces que comen de xeito compulsivo no comedor
escolar, repetindo varias veces o menú, baixada inxustificada no rendemento
académico etc, síntomas todos eles evidentes de que a pobreza infantil está a
deixar xa unha fonda pegada na vida de moitos nenos e nenas de Galicia.
Diante
destas e doutras situacións, mesmo a Defensora del Pueblo, dona Soledad Becerril,
solicitou a todas as Consellerías de
Presidencia das Comunidades Autónomas que os comedores escolares atendan este
verán ós menores en situación de vulnerabilidade.
Por
todo o exposto e tendo en conta a situacion de urxencia e emerxencia que poidan
ter familias do noso Concello.
O
GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO
-O Pleno do Concello de Cambre, insta ao
Goberno da Xunta de Galicia a poñer en marcha os mecanismos necesarios para
ofrecer o servizo de comedor durante as vacacións nos centros educativos
precisos no Concello de Cambre, e dar así cumprimento ó acordo plenario unanime
acadado no Parlamento de Galicia.
MOCIÓN
SOBRE A CONVOCATORIA DE UN REFERENDO SOBRE O MODELO DE ESTADO
EXPOSICION DE MOTIVOS:
A
extraordinaria importancia dos feitos acaecidos durante estas semanas, que
culminou co anuncio da abdicación do Rei, mostra a necesidade cada vez máis
perentoria de propiciar un cambio profundo que favoreza a rexeneración política
do Estado español. É por tanto a abdicación unha consecuencia directa da
deterioración profunda da Coroa e da decadencia do bipartidismo que foi o
soporte do sistema monárquico.
O
artigo 57.5 da Constitución española establece que as abdicacións teñen que
regularse mediante lei orgánica. Con todo, tal lei aínda non se promulgou e,
con todo, o actual monarca xa manifestou, a través do Presidente do Goberno, a
súa decisión de abdicar en favor do seu fillo.
Sen
dúbida, o momento elixido ten un contexto político e social determinado no que
se evidencia, cada vez con maior claridade e forza, que a cidadanía quere
participar activamente na toma daquelas decisións que lle afectan. Hoxe día, a
democracia xa non pode ser unha mera cobertura sen contido, senón que é preciso
que se dote de auténtica lexitimidade, permitindo a participación activa de
todos os seus membros. Por iso, é imprescindible que a cidadanía se manifeste
nesta ocasión sobre o modelo político do que quere dotarse e póñase en marcha,
por tanto, un referendo no que o pobo decida se quere manter a forma monárquica
ou, pola contra, opta polo modelo republicano no que a Xefatura do Estado sexa
elixida mediante sufraxio universal, libre, segredo e directo pola totalidade
da cidadanía.
Este
último é o modelo defendido por Esquerda Unida como parte da súa aposta pola
rexeneración democrática e un verdadeiro proceso constituínte no que se poñan
as bases dunha nova forma de facer política.
Así,
e tendo en conta o importantísimo papel que as institucións municipais teñen
xogado neste tema ao longo da historia do estado español.
O GRUPO
MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO
UNICO.-
O pleno do Concello de Cambre insta o Goberno de España a convocar a
celebración dun referendo no que a cidadanía española elixa líbremente sobre o modelo de Estado e decida entre
monarquía e república.
ROGOS:
1.- No transcurso da Lexislatura o noso Grupo ten presentado distintas iniciativas para a sinalización e localización de infraestructuras
no concello, a pesar das promesas do concelleiro responsable e do propio
Alcalde, comprobamos como estas e outras propostas presentadas por EU e demandadas polos veciñ@s
de Cambre siguen no mais absoluto abandono.
En este caso vamos afondar mais no problema da
sinalización, que de un xeito especial influien na vida de persoas con autismo.
Tratase de unha cuestión de sensibilidade social básica e consideramos que debe
realizarse de un xeito preferente.
-Por esto
PREGAMOS o Goberno a posta en marcha dun plan de sinalización mediante pictogramas para persoas con autismo nos
edificios públicos do concello para facilitar a súa identificación as persoas
con discapacidade intelectual.
2.- Recentemente, a través de aviso na web do Concello
así como información na prensa, o Goberno ven de suspender as charlas
informativas dirixidas ós veciños sobre administración electrónica.
Polo visto, a xustificación pasa polas queixas dos veciños para asistir a ditas
reunións no periodo estival.
-PREGAMOS Se
nos informe do calendario que foi proposto con lugares e datas das charlas
sobre administración electrónica e sobre o número de queixas recibidas en cada
unha das parroquias, así como a data estimada de celebración despois do verán,
ou a concreta, se a houbese.
3.-
A estrada que transcurre
entre Lourenziño e a fabrica de Norgasa, presenta en algún dos seus tramos un
considerable desnivel sin que exista ningún elemento de protección que poida evitar accidentes.
-Por
esto PREGAMOS, se tomen as medidas oportunas para dotar de seguridade a
mencionada estrada.
PREGUNTAS:
1.-O rio Mero é un enclave natural do concello con un gran potencial
turístico. No pleno de setembro de 2013, o Grupo de EU presentou unha Moción, (aprobada
por unanimidade), “Para o
acondicionamento de zonas de baño e recreo nas ribeiras do río Mero”.
Transcurridos oito meses, non temos coñecemento de ningunha resposta ou
actuación prevista por parte da Xunta de Galicia nin do concello, en relación a
iniciativa presentada.
-Pode informarnos o Goberno das xestións
realizadas para que os veciñ@s de Cambre
poidan ter un lugar de esparcemento e
recreo aproveitando o enorme atractivo natural das ribeiras do río Mero?
2.- Según informacións, a Xunta de Galicia ten licitado a
redacción dun proxecto para a ampliación e mellora da estrada AC-214
entre Guisamo e Sigrás, e no treito entre a AC-213 e a N-550, con un orzamento
de 39.932 euros.
-Pode informarnos o Goberno
da situación do mencionado
proxecto?
3.- No
pasado mes de decembro presentamos un
ROGO co fin de valar e proceder a limpeza dun solar situado na rúa Cruceiro, o
que se está a convertir nun vertedoiro
de lixo onde a vexetación invade parcialmente a beirarrúa.
-Cal foi o motivo para que
non se teñan tomado as medidas oportunas para correxir a situación de abandono?
COMISIÓN
INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
ROGOS:
1.- Nas
inmediacions das antiguas instalacións
de talleres Lambda en Pravio,
contiguo o camiño de Cela a Fontenla, a sinal de STOP está caida motivado o
derrumbamento dun muro.
-PREGAMOS, se proceda a
tomar as medidas necesarias para a súa reposición e acondicionamento do lugar.
2.- No
lugar de A Patiña en Cela, frente o número 3-A, existe unha arqueta con perigro
para a circulación das persoas que transitan polo lugar.
-PREGAMOS o seu acondicionamento.
PREGUNTAS:
1.- O
noso Grupo xa ten denunciado o depósito de lixo existente no cruce de Fabás e a
estrada de Cela.
-Poden informarnos
sobre a demora da súa retirada?
Cambre,
xuño de 2014
Asdo: Grupo Municipal de Esquerda Unida
MOCIÓN
CONXUNTA DOS GRUPOS MUNICIPAIS SOCIALISTA E DO GRUPO DE
ESQUERDA UNIDA do relativa a adoptar, de xeito inmediato, un “PLAN
ESPECÍFICO DE APOIO Á ALIMENTACIÓN INFANTIL QUE INCLÚA O SERVIZO DE COMEDOR NOS
CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DO NOSO CONCELLO”, a fin de que sexa debatida e
votada na sesión ordinaria correspondente ó mes de Xuño de 2014.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pasado dia 11 de Xuño, o Parlamento de Galicia
aprobou por unanimidade unha Proposición non de Lei na que se resolve que "O
Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a levar a cabo as medidas necesarias
para evitar que ningún neno ou nena careza de alimentación ou sustento
necesario por estar en situación de vulnerabilidade, poñéndose en marcha
convenios cos concellos interesados, podéndose usar as instalacións dos centros
educativos en colaboración cos servizos públicos de benestar".
A longa e profunda situación económica e social
que vimos padecendo, xunto cunha política descontrolada, de austericidio, por
parte dos Gobernos Central e Autonómico do Partido Popular, de recortes sociais
e desmantelamento dos servizos públicos básicos e dereitos conquistados nos
últimos anos, está a provocar un preocupante aumento da pobreza no noso país. Pero o máis grave é que o risco de pobreza afecta sobre
todo aos nenos e nenas. Un recente informe da organización Save The Children
cifraba en case que tres millóns, o número de nenas e nenos en situación de
pobreza.
Desgraciadamente, España ostenta o título de ser
unha das sociedades máis desiguais de Europa. Así o reflicten numerosos
informes como o que recentemente ven de publicar o Instituto Nacional de
Estatística, que indica que prácticamente un de cada tres cidadáns está en
risco de pobreza ou exclusión social e que un de cada catro menores de dezaseis anos vive por debaixo do umbral da
pobreza no noso país. As cifras de privación material severa, de baixa intensidade de emprego nos
fogares e de pobreza relativa, son dramáticas. Segundo os datos oficiais, en Galicia hai 93.000 familias con todos os
seus membros en paro; o 23% da poboación atópase en situación de pobreza,
33.000 familias sobreviven sen ningún tipo de ingreso e un 26% dos fogares con
menores a cargo están en risco de exclusión social.
A pobreza infantil estase a facer cada vez máis
intensa, aumentando a distancia entre as rendas dos pobres e o limiar da
pobreza. Dito doutro xeito, e tal como apuntan organizacións como UNICEF ou a
Cruz Vermella: cada vez hai máis nenos e nenas pobres e cada vez son máis
pobres. Calquera dato negativo que aportemos, desgraciadamente, serán cifras en
constante progresión. As políticas públicas ben orientadas poden facer moito
pola infancia para contrarrestar os efectos das devanditas situacións de
pobreza. O informe de UNICEF sobre pobreza infantil chaga á conclusión de que
canto maior sexa a porcentaxe de gasto dos gobernos en políticas de atención ás
familias e prestacións sociais, menor e máis baixa é a taxa de pobreza
infantil.
O déficit alimentario afecta o desenrolo físico e
intelectual do menor. O impacto da mala nutrición ou a falla de estímulos
educativos en idades temperás pode ter consecuencias de difícil e custoso
arranxo. O profesorado galego, ó igual
que os representantes das asociacións de nais e pais, relatan a existencia dun
número importante de sinais de alarma sobre a situación que atravesan moitos fogares
galegos: nenos e nenas que acoden ó colexio sen almorzar, episodios de mareos e
mesmo desmaios entre o alumnado durante a xornada escolar, rapaces que comen de
xeito compulsivo no comedor escolar, repetindo varias veces o menú; baixada
inxustificada no rendemento académico etc, síntomas todos eles evidentes de que
a pobreza infantil está a deixar xa unha fonda pegada na vida de moitos nenos e
nenas de Galicia. Fronte a esta situación hai concellos que están a poñer en marcha
políticas sociais que funcionan e outros que non.
Os servizos de comedores escolares permitiron
mitigar esta realidade durante o curso escolar, pero atopámonos ante un período
vacacional incerto no que esta necesidade pode quedar desatendida ao pechar o
centro escolar, e por tanto o servizo de comedor. O curso escolar, nos seus niveis obrigatorios, rematou o dia 20 de
xuño e moitas familias galegas non saben como poder garantir unha axeitada
alimentación para os seus fillos e fillas nos meses non lectivos, diante da
grave situación socioeconómica pola que están a atravesar, a que o noso
concello non e alleo. É por todo iso que tanto
os Socialistas de Cambre como Esquerda Unida de Cambre consideramos que este
servizo directo de atención no comedor debe manterse en etapas de vacacións escolares,
mediante un Plan Específico.
Segundo a ONG Educo, as vacacións escolares
deixarán este verán milleiros de nenos sin a única comida completa do día, a
que recibían nos comedores escolares. Mesmo
a Defensora del Pueblo, dona Soledad Becerril, solicitou a todas as Consellerías de Presidencia das
Comunidades Autónomas que os comedores escolares atendan este verán ós menores
en situación de vulnerabilidade.
Por todo o anterior e tendo en conta a situacion de urxencia e emerxencia que poidan ter
que atravesar familias do noso Concello;
os Grupos Municipais dos Socialistas de Cambre e Esquerda Unida presentan ante
o pleno a seguinte proposta de acordos:
1.- Instar ó Goberno
Municipal a poñer en marcha, de maneira inmediata, un “Plan específico de Apoio á Alimentación Infantil que inclúa o servizo
de comedor nos centros educativos públicos do concello" que conteña as
medidas e recursos suficientes para garantir que as familias con menores ao seu
cargo, que se atopen en situación de precariedade teñan cubertas as súas
necesidades básicas de alimentación, e garantir o acceso dos menores, polo
menos, a tres comidas diarias, facilitando o acceso a unha dieta o máis
equilibrada posible para evitar problemas de malnutrición infantil; habilitando
para iso todos os medios a disposición das administracións públicas, en
colaboración coas entidades do terceiro sector, e tendo en conta a contorna
familiar e o plan escolar.
2.- O Pleno do Concello de
Cambre insta ao Goberno da Xunta de
Galicia a poñer en marcha os mecanismos e actuacións necesarios para ofrecer, dende a finalización do
curso escolar no mes de Xuño de 2014, o servizo de comedor durante as vacacións nos
centros educativos precisos no Concello de Cambre, e dar así cumprimento ó
acordo plenario unanime acadado no Parlamento de Galicia, e que ademáis poidan
complementar a oferta de actividades infantís programadas en períodos
vacacionais.
Cambre, 23 de
Xuño de 2014.