INICIATIVAS
PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA
UNIDA” AO PLENO ORDINARIO DO MES DE OUTUBRO
MOCION SOBRE O FALLO DO TRIBUNAL SUPREMO EN
CONTRA DO COBRO DO IBI URBÁN EN SOLOS QUE NON TEÑEN DESENROLO URBANÍSTICO.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O IBI
(Imposto de Bens Inmobles) é o imposto xerador de recursos municipais por
excelencia e, con matices, poderíase chegar a afirmar que é un imposto xusto
que grava a propiedade ou a riqueza dos veciños propietarios. Pero existen
algunhas lagoas na aplicación deste imposto (ou no valor catastral dos terreos
para ser mais exactos) e é a circunstancia que se xenera cando un concello
reclasifica terreos de rústicos a urbanizables ou urbans. Neste caso o valor
catastral se multiplica, e por tanto tamén o IBI soportado polos propietarios
de ditos terreos.
A recente
sentencia do TS, (nº 2159-2014 de 30 de Maio de 2014) que ven a
ratificar a do Tribunal Superior de Xustiza de Extremadura que o 26 de marzo de
2013 fallou a favor dos afectados e en contra da Administración que mantiña o
gravamen de IBI urbán sobre terreos reclasificados. A sentencia non di que o
solo deixe de ser urbanizable senón que o seu valor é rústico mentres non teña
desenrrolo urbanístico.
Existen en
Cambre moitas fincas, clasificadas nas Normas Subsidiarias de Planeamento como
Suelos Aptos para Urbanizar, que non teñen ningún proxecto de actuación
concreto, polo que cos criterios do Tribunal Supremo deberíaselles devolver o
IBI cobrado indebidamente. Según o TS para a validez da calificación catastral
do solo como urban, é necesario que se aprobara con anterioridade o oportuno
plan parcial que estableza as determinacións para o seu desenrrolo, ou que tal
instrumento sexa irrelevante porque o propio PXOM prevea a ordenación detallada
do solo.
A propia
Sentencia indica que cobrar o IBI urbán cando non existen perspectivas de
edificación “podría considerarse unha confiscación real da propiedade”.
Asímesmo a Sentencia acepta as pretensións dos
propietarios o considerar que, aínda que se trate de solo urban, o IBI
correspondente a esta categoría só debe facerse efectivo cando exista un plan
parcial urbanístico ou se construíra algunha dotación tal como estradas ou
alumeado. En caso contrario procede pagar o IBI como o dun terreo rústico.
Esta
contundente sentencia do TS supón unha merma nos ingresos dos concellos.
Entendemos que non se poden cargar de xeito inxusto sobre uns propietarios que,
no mellor dos casos, terán que seguir cultivando os seus terreos durante varias
décadas, tendo que aboar uns impostos que non poderían recaudar cos rendementos
anuais de ditas terras.
Dende
Esquerda Unida coidamos de urxencia adaptar esta sentencia á realidade de
Cambre,
POLO
EXPOSTO, E EN CONSONANCIA COA SENTENCIA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE JUSTICIA DE
EXTREMADURA, RATIFICADA POLO TRIBUNAL SUPREMO, ELEVAMOS Ó PLENO DO CONCELLO DE
CAMBRE A TOMA DOS SEGUINTES ACORDOS:
1º.- Que os servizos
xurídicos do Concello de Cambre estudien y valoren a STS por si pode ser
obxecto de aplicación en Cambre. Asímesmo, que se valore, si amparándose en
dita sentencia se pode realizar de oficio a devolución dos importes cobrados
indebidamente, no seu caso.
2º.- Que os
servizos xurídicos municipais elaboren un estudo sobre o solo de Cambre que nas
normas subsidiarias estean calificados como urbanizables e non se teñan
producido as urbanizacións. Nestes casos, o obxectivo é proceder a revisar os
valores catastrais e o IBI liquidado.
En Cambre, a 25 de outubro de
2014
ROGOS:
1.- A, AA.VV de San Lourenzo ten presentado no concello varios escritos, nos
que denunciaban o deterio da parcela
municipal na que está ubicado o local social,
solicitando o seu acondicionamento e urbanización tendo en conta as
deficiencias estructurais e mantemento que precisa para manter os servizos
básicos , é así deste xeito satisfacer as demandas dos veciñ@s, e ofrecer un
aspecto mais agradable e seguro.
Para o Grupo de
EU, non é normal que un parque
infantil se encontre instalado estructuralmente baixo unha liñea de media tensión,
incumprindo a normativa de seguridade según o Decreto 245/2003 de 25 de abril da Xunta de Galicia, o que
supón un risco para a integridade das persoas, sobre todo de nen@s. Esta norma comprende tanto o equipamento de xogo como
a propia área de instalación dos equipamentos, co obxectivo de garantir un
nivel adecuado de seguridade para as
instalacións e as súas inmediacións..
Entre
outras, tamén solicitaban o saneamento e recollida de augas pluviais, que en tempo de choiva
inundan a parcela, impedindo o acceso a mesma e o propio loca social.
-Por todo o exposto, o
Grupo Municipal de EU PREGA o Goberno,
preste a este problema a atención que se merece, establecendo como obxectivo
prioritario e urxente, a elaboración e execución dun proxecto que contemple as
obras necesarias, para adecuar a parcela e reubicar as infraestructuras sinaladas, en función das
necesidades plantexadas polos veciñ@s de San Lourenzo.
2.- Ante a
situación de precariedade na que se
encontran algunhas infraestructuras eléctricas de servizo público do concello, PREGAMOS nos informen si O Goberno ten
solicitado algunha auditoría sobre o estado dos cadros das instalacións
eléctricas de servizo público do
concello.
3.- Ante as continuas
queixas dos veciñ@s, comprobamos cómo
"proliferan no concello vertedoiros
ilegais e incontrolados de lixo e escombros”.
Unha situación, que xa temos posto en coñecemento dos responsables do Goberno en reiteradas
ocasións.
Trátase de lugares onde se depositan dende neumáticos usados,
escombros e outro tipo de materiais de procedencia descoñecida, algúns deles contaminantes, como
o amianto. Chama a tención como se invaden
camiños e espacios públicos impedindo en algún caso a circulación de
vehiculos, coma o camiño que transcurre entre a área recreativa das Gamelas e o camiño de San Benito.
-PREGAMOS se proceda a
retirada dos materiais acumulados no mencionado lugar, e se
adopten as medidas oportunas para evitar a súa
proliferación no término
municipal, tales como a vixilancia e o cumprimento das vixentes
Ordenanzas municipales para tal efecto.
PREGUNTAS:
1.-
O Goberno de Cambre leva toda a lexislatura
insistindo na teima de cumprir e facer
cumprir a legalidade, sirva de exemplo o
argumento que esgrime para xustificar a revision catastral. Ó noso GM parecenos
ben que o alcalde teña sempre presente nas súas accións de goberno este motivo.
Pero lamentablemente, o problema é cando falamos de cumprir normativas, como o
R.P.C.
Este regulamento so seu capitulo IV donde fala do DEREITO de
audiencia pública, refirese as mesmas
coma sesions especificas abertas a todos
os que o desexen para ser informados e escoitados respeto de temas de
competencia municipal, ademais concreta isto no articulo 15.2 onde textualmente indica…. A alcaldia convocará polo menos unha cada
ano para presentar o programa de actuación municipal e as
ordenanzas municipais,cunha antelacion minima de 15 dias ó pleno no que se
presenten….
¿Cantas veces o Sr Alcalde aplicou
a normativa vixente convocando Audiencia pública dentro da súa obriga de
cumprir a legalidade que marca o R.P.C. aprobada polo pleno Municipal e apoiada
polo PP de Cambre no 2011?
2.-
A actividade marisqueira na ría do Burgo, foi e segue sendo un tema de gran importancia na estructura económica e
social da Comarca. Os lodos depositados
nos seus cauces, danan gravemente o ecosistema e calidade das súas augas,
afectando a biodiversidade mariña.
As forzas
políticas que ocupan as diferentes administracións recoñecen a gravedade do
problema, pero non ofrecen solucións para correxilo, tratase en definitiva
dunha cuestión que afecta a zona con un triple impacto negativo, medioambiental,
económico e sanitario, sendo un dos
principias problemas a acumulación de lodos que invaden as poucas zonas
productivas.
Sendo imposible
negar o considerable grao de deterioro deste espacio natural e fonte de recursos, dende o noso Grupo municipal xa
temos presentado múltiples iniciativas co fin de dar solución o problema que
presenta a degradada ría, tamén foron moitas as promesas realizadas
polos responsables públicos (sobre todo en época electoral), pero o certo é que
resulta incomprensible a situación actual de abandono.
Ante o borrador
de orzamentos do Estado para o ano 2015, onde non figura nin unha sola partida
nin programa para investimentos na ría do Burgo, o Grupo municipal de EU fai a
seguinte PREGUNTA:
-Ten previsto o goberno de Cambre algún
tipo de medida para que se habilite nos ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO unha
partida orzamentaria para o PROXECTO DE REXENERACION DA RÍA DO BURGO?
3.- A primeiros de Outubro vimos de coñecer que o Tribunal Supremo condeou
ó Concello da Coruña a aboar a Abegondo un importe de 120.000 euros polo IBI do
embalse de Cecebre mais as costas do proceso xudicial.
EU,
en moita ocasións prantexamos esta situación no relativo a Cambre ante este
Goberno Municipal, e xa en lexislaturas anteriores.
Tendo
en conta as declaracións do Alcalde de Cambre hai 10 meses nas que informaba
que confiaba en comezar a cobrar os abonos en breve.
Por esto PREGUNTAMOS:
En que momento se atopan as xestións
realizadas co Concello da Coruña, si se percibiron xa aboamentos, así como qué
cantidade total é a que ten que aboar o Concello da Coruña a Cambre e en qué
plazo?
COMISIÓN
INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
ROGO:
1.- A beirarrúa que transcurre
dende Pumar Méndez a Socampo, presenta
un estado de abadono, por encontrase invadida pola maleza que impide a
circulación das persoas
-PREGAMOS se actúe con
urxencia e se proceda a súa limpeza e desbroce.
En Cambre, a 25 de
outubro de 2014