INICIATIVAS
PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA AO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE
NOVEMBRO
MOCIÓN PARA A POSTA EN MARCHA EN CAMBRE DUN
PROGRAMA DE RUTAS ESCOLARES SEGURAS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Un
dos maiores retos ao que se enfrenta calqueira Concello, é dar resposta aos
problemas de movilidade, en especial para os nen@s, maiores e persoas con mobilidade
reducida.
En
Cambre, un dos principias problemas son os atascos é a conxestión do tráfico
creada nas inmediacións dos centros escolares de ensino, sobre todo en horarios
de entrada e saída, como é o caso da
área mais urbanizada do Temple, onde os nen@s teñen que facer verdadeiros
malabarismos no desprazamento para chegar os colexios, motivado os múltiples obstáculos ao longo do
camiño.
O
reto por tanto, é facer itinerarios
peatonais seguros. Neste contexto enmárcanse os proxectos de “ruta escolar segura”, que pretenden
dotar os percorridos de maior comodidade
e autonomía posibles.
Estes
proxectos pretenden fomentar a mobilidad sostible entre os máis pequenos,
mellorar a seguridade cidadá na contorna dos centros escolares e a seguridade
viaria no desplazamento. Por tanto, estas rutas escolares seguras serven para
proporcionar aos nen@s aprendizaxes útiles para interactuar coa súa contorna
diaria, adquirindo coñecementos sobre seguridade vial e fomentar hábitos que
reduzan a dependencia do automóbil.
Convocar
á comunidade educativa, aos veciños, é unha tarefa ineludible para o éxito do
proxecto, unha adecuada participación cidadán debe ser o exemplo básico na
promoción da mobilidade sostible, onde a
coordinación e colaboración entre todos os actores implicados, incluidos os do
propio concello, son fundamentais en
todo este proceso.
Entre
as medidas que inclúen estes proxectos de “ruta
escolar segura” figuran a mellora das beirarrúas, a sinalización, vixilancia preventiva das
rutas ou programas de inspeccións e transporte, como o acondicionamiento das
paradas a adecuación do mobiliario urbano ou a limpeza dos percorridos
establecidos.
POLO EXPOSTO O GRUPO
MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES
ACORDOS:
PRIMEIRO.- O concello de Cambre, planificará un proxecto para a implantación dun programa municipal de intinerarios seguros para os centros escolares educativos, como instrumento para impulsar “ruta escolar segura”, garantindo unha adecuada participación cidadán, implicando a toda a comunidad educativa, Asociacións , Protección Civil, Policía local, etc.
PRIMEIRO.- O concello de Cambre, planificará un proxecto para a implantación dun programa municipal de intinerarios seguros para os centros escolares educativos, como instrumento para impulsar “ruta escolar segura”, garantindo unha adecuada participación cidadán, implicando a toda a comunidad educativa, Asociacións , Protección Civil, Policía local, etc.
SEGUNDO.- O concello de Cambre, estipulará en dita
planificación, unha primeira experiencia no
CEIP Portofaro, para comprobar o seu
funcionamento, co fin de aportar novas
suxerencias e correxir posibles aspectos
antes da súa implantación en outros centros do concello.
TERCEIRO.- Da presente Moción, darase conta a todos os centros de ensino público do concello, os
Consellos escolares e AMPAS.
ROGOS:
1.- PREGAMOS o Sr. Alcalde nos informe si
ten coñecemento das actuacións previstas pola Xunta de Galicia, para executar a
memoria valorada presentada polo concello, para mellorar a seguridade vial na
estrada AC-214 entre a Castellana e Pravio.
2.- O noso
grupo municipal presentou unha iniciativa no pleno de setembro pasado, sobre a
realización dun estudo para o acondicionamento de espazos, co fin de instalar
parques de recreo e actividades para persoas maiores.
-PREGAMOS nos informen do motivo de non ter informado
sobre a instalación dos mencionados servizos e a súa ubicación?
3.- PREGAMOS
nos informen da situación actual de
acceso e uso público do parque infantil situado no patio interior da UE-23 na
rúa Tapia.
PREGUNTAS:
1.- Que información ten o Goberno sobre o inicio de negociacións coa
Fundación Tenreiro, para adquirir terreos na parroquia de Cela, según
a Moción presentada polo noso Grupo no pleno de setembro é aprobada por
unanimidade?
2.-
En relación coas noticias publicadas nos
medios de comunicación sobre a gratuidade do peaxe na autoestrada AP-9.
-Pode informarnos o Sr. Alcalde, sobre o acordo acadado no Consorcio das Mariñas sobre a iniciativa de solicitar o goberno do Estado e Xunta de Galicia, para negociar coa concesionaria, a eliminación do peaxe en Bergondo, Guisamo e Macenda ?
3.- O pasado venres, con motivo das obras nas inmediacións do Paraguas,
producironse largas colas e retencións do tráfico o longo do dia, especialmente
no Temple, chama a atención a falta de previsión e
información a cidadanía, que tivo que soportar o enorme caos que dificultou o
desprazamento e movilidades na zona.
-Poden informarnos da situación
producida e dos motivos que impediron unha maior información e coordinación
entre o Concello e a empresa que realiza as obras?
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
ROGOS:
1.- Veciñ@s do lugar denunciaron ante o
noso Grupo, que no lugar de Mercurín no
talud do camiño próximo a capela de San
Benito, un tubo verte ocasionalmente
abundante auga, que dificulta a circulación rodada e peonil.
-PREGAMOS,
se tomen as medidas oportunas para correxir dita situación.
2.-
No camiño público que
transcurre dende a estrada DP-1704, denominado na ficha do inventario de bens
do Concello como Graduil-Graduil, co
número 182, existe un muro de mampostería na súa marxe dereita, que presenta
deficiencias no seu estado de conservación, provocando en moitos caso o
desprendementos de pedras, co conseguinte perigro para a circulación.
-O
Grupo de Esquerda Unida PREGA o Goberno, proceda a levar a cabo as medidas necesarias para o seu acondicionamento.
3.-
Distintas rúas do
Concello carecen de placas identificativas de sinalización. Veciños da rúa Castellana manifestaron
o noso Grupo esta carencia que está a
producir diversos problemas
derivados deste feito.
PREGAMOS
ao Goberno proceda a sinalización de
dita rúa.