INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL AO PLENO DO MES DE XANEIRO
MOCIÓN
DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU” SOBRE
A ELABORACIÓN DUN PROXECTO PARA
O CERRAMENTO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO COLEXIO PORTOFARO.
Xustificación:
Un sistema educativo de calidade implica entre outros factores, que as
infraestruturas escolares dispoñan das mellores condicións de uso para a súa
utilización.
Entre os problemas que é necesario atender respecto do anterior,
atópanse os relacionados coas
instalacións deportivas, para facilitar
a práctica do deporte en distintos niveis e modalidades, para os
escolares do centro de ensino.
No colexio Portofaro, existen instalacións deportivas cubertas, que limitan de unha maneira importante a práctica
deportiva e de outros eventos relacionados co ocio. A xuízo do noso grupo, o
concello debería aproveitar as
inversións realizadas con anterioridade,
para poder rentabilizar o seu uso coa maior efectividade.
Fronte a esta realidade o noso Grupo Municipal, amósase decidido
partidario dun compromiso firme por parte do Concello, para intervir no
problema, mediante unha iniciativa política clara, e dar unha resposta a unha
necesidade longamente demandada.
POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN O
PLENO, A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:
UNICO.- O Pleno da Corporación, encomenda o Goberno
Municipal a tarefa de elaborar un proxecto para dotar o pavillón polideportivo
do colexio Portofaro dun cerramento perimetral, co fin de permitir o desenrolo das actividades propias
da instalación, con independencia das condicións climatoloxicas.
En CAMBRE, a 23 de xaneiro de 2015
ROGOS:
1.- Unha das
cuestións básicas que deben ter os espacios para a circulación peonil, é
unha correcta iluminación. O noso
Grupo Municipal xa ten plantexado o problema que supón a falta de visibilidade na
ponte vella da ría do Burgo.
-PREGAMOS nos informen sobre as medidas previstas para
solucionar o problema.
2.- Con anterioridade, o noso Grupo xa ten denunciado a
necesidade dun plan preventivo para a revisión e limpeza de sumidoiros e
pluviaias, co fin de evitar os problemas derivados como consecuencia das deficiencias no
mantemento preventivo nas redes de
saneamento do concello, feitos como o ocurrido recentemente en Socampo, veñen
producindose con demasiada frecuencia en distintos lugares polo abandono do equipo de goberno no
cumprimento das súas funcións en estes problemas.
Considera o noso Grupo, que cumpre
con urxencia realizar un plan de inspección na rede de sumidoiros, para
evitar que sigan producindose estas situacións, e garantir o servizo nas mellores
condicións de hixiene e danos no medio
natural.
-Por todo o exposto, o noso
Grupo PREGA ao goberno, que coa máxima urxencia, se poña en marcha un plan de
revisións na rede de sumidoiros e pluviais do sistemas públicos do concello, procedendo a limpeza da suciedade
acumulada, e a súa reparación en caso necesario, garantindo o bon estado de limpeza e hixiene
nas instalacións.
3.- O vial que transcurre dende
a estrada CP.- 1706 e AC.- 214, soporta unha importante circulación. Nas
inmediacións da Casilla en Cela, as biondas de protección instaladas no limite
coa liña do ferrocarril, presentan un importante estado de deterioro.
-PREGAMOS se adopten as medidas correctoras necesarias para a mellora da seguridade no
lugar.
En CAMBRE, a 23 de xaneiro de 2015
Asdo: O Voceiro do Grupo
COMISIÓN INFORMATIVA DE
OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
PREGUNTA:
1.- No pleno
do mes de outono, EU denunciaba a proliferación de vertedoiros de
lixo ilegais e incontrolados. Estes feitos foron posto en coñecemento dos responsables do Goberno en reiteradas
ocasións.
-Transcurridos tres
meses, o noso Grupo PREGUNTA polas medidas que se teñen tomado respecto do
problema, e si os servizos do Concello ten elaborado algún informe sobre a
localización e eliminación de depositos de verquidos incontrolados.
En
CAMBRE, a 23 de xaneiro de 2015
Asdo:Grupo
Municipal