sábado, 30 de abril de 2016
miércoles, 27 de abril de 2016
MOCIÓN PARA A LAICIDADE DO CONCELLO DE CAMBRE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Aténdonos ó que establece a actual Constitución española,
"ningunha confesión terá carácter estatal", o Concello de Cambre ten
como obxectivo democrático fomentar a liberdade de conciencia e a independencia
desta institución do Estado de calquera confesión relixiosa ou ideoloxía
particular, por respecto á pluralidade ideolóxica, de conviccións e crenzas do
conxunto da cidadanía deste municipio.
Para dar cumplimento ó establecido na Constitución Española
o Grupo Municipal a ACdC presenta ó pleno da corporación a adopción dos
seguintes:
ACORDOS
1.- Os
regulamentos municipais de honores e protocolos e dos seus entes públicos
adecuaranse á "non confesionalidade do Estado", principio que ampara
o artigo 16.3 da actual Constitución.
2.- Nos espazos
de titularidade pública que dependan deste Concello non existirá simboloxía
relixiosa, salvo aquela que signifique un ben patrimonial e histórico especialmente
contrastado.
3.- Igualmente
non se promoverán, por parte deste concello, ritos nin celebracións relixiosas
de ningún tipo, sendo todos os actos organizados polo Concello exclusivamente
de carácter civil.
4.- Os membros
da corporación local e o persoal a servizo da administración municipal non
mostrarán, no exercizo do seu cargo ou das súas funcións, ningún xesto de
sumisión ou veneración de persoas ou imaxes relixiosas, nin participarán en
función do seu cargo en ditas manifestacións relixiosas.
5.- Este
Concello e a súa corporación, non se encomendarán a santoral, imaxes ou rituais
relixiosos.
6.- Non se
donará, nin se facilitará solo público, nin locales, nin se concederá
financiación pública ou exencions fiscais municipais para a instalación de
infraestructuras ou realización de actividades a ningunha confesión o
institución relixiosa.
7.- Elaborarase
un censo, que se fará público, dos locais, vivendas ou espazos rústicos que
estean exentos do pago do IBI neste termo municipal.
Ó mesmo tempo o Concello de Cambre pronunciase a favor de
que sexan modificadas as Leis e Acordos estatais pertinentes, para que todas as
entidades relixiosas ou de otra natureza ideolóxica non teñan exencións de
impostos municipais, incluído o IBI, que se deriven da súa actividade, sexa de
carácter relixioso ou mercantil.
8.- O Concello
de Cambre adhírese ó proceso de constición dunha REDE DE CONCELLOS POR UN
ESTADO LAICO que en vindeiras datas celebrará a súa primeira asamblea
constituinte, para o que enviarase o presente acordo ó mail: info@redmunicipioslaicos.org onde estase a coordinar, inicialmente a dita
REDE ata a súa constitución definitiva.
ROGOS:
1º.- Veciños da zona do
Temple denunciaron ante o noso Grupo Municipal, as deficiencias no sistema de protección mediante barandillas na
rúa Constitución, que fan que queden ó descuberto espazos que supoñen perigro
de caídas polo desnivel existente. As mencionadas barandas de protección non
cumpren, ó noso xuizo, as funcións de seguridade pertinentes, poñendo en risco
a integridade física das persoas que diariamente circulan polo lugar, sendo
esta unha rúa das mais transitadas do Concello que, ademais se atopa nas
proximidades dunha Gardería infantil.
PREGAMOS que con urxencia se proceda a tomar as medidas
técnicamente necesarias para correxir a situación e garantir a seguridade das personas.
2º.- A pesar das múltiples
iniciativas presentadas pola existencia de vertedoiros de lixo, unha vez mais
temos que denunciar que, nas inmediacións da zona de Socampo, próximo o paso a nivel, estanse a detectar lugares
nos que se acumulan refugallos e lixo que xa comezan a conformarse coma
vertedoiros ilegais.
Este é un problema extendido,
tamén, a outros lugares do noso concello onde é mais fácil burlar o control e
vixilancia. Estes feitos, non só supoñen un problema de salubridade senón tamén
ecolóxico, que repercute negativamente no medioambiente, na saúde das persoas e
no propio deterioro do contorno natural.
Por estes motivos
PREGAMOS se realicen as actuacións necesarias e procedan á eliminación dos materiais depositados en espazos públicos e aplicando tamén a Ordenanza
vixente para este fin, nos lugares
privados.
3º.- Nas inmediacións da
"Curva da Casilla" en Cela, un poste de suxección de liñas
telefónicas está cuberto de abundante vexetación, algo que supón un evidente
risco e que fai necesario se extremen as medidas de seguridade e prevención
ante a posible caída, que chegado o caso, podería ocasionar danos de consideración tanto para as persoas
como a bens materiais.
En base ó anteriormente exposto PREGAMOS se realicen as
xestións oportunas ante quen proceda co fin de correxir
a actual situación.
PREGUNTAS:
1.- Xa non é aprimeira vez que
se eleva ó Pleno o problema existente no
camiño público que transcorre dende a estrada DP-1704, denominado na ficha do
inventario de bens do Concello como
"Graduil-Graduil" co número 182, onde existe un muro de mampostería na súa marxe dereita
que presenta deficiencias no seu estado de conservación, provocando en moitos
caso o desprendemento de pedras que invaden o viario co conseguinte perigo para a circulación.
Polo exposto, PREGUNTAMOS ó Goberno si existe algún
proxecto para resolver o problema que dende hai anos ven sendo
unha demanda veciñal.
2.- En anos anteriores, ó
comezo do verán os camiños do concello presentaban un estado
lamentable de cuidado, resultando
perigoso para a circulación rodada e peonil, motivado a abundante maleza que os
invade, influindo na visibilidade, incrementando o perigro de accidentes, e
tamén o risco de incendios. ¿Qué actuacións ten previstas o Goberno Local
respecto a contratación para o
acondicionamento destas
infraestructuras de titularidade municipal?
3.- Dando por feito que os
traballadores municipais xa teñen pasado o curso de PRL que ten que facilitar o
Concello, como ente contratante segundo os artigos 18 e 19 da ley de PRL de 8
de Novembro, dende o noso Grupo,
PREGUNTAMOS:
¿Que outros cursos
formativos específicos de posto ou de reciclaxe se estan a ofertar aos traballadores tal e
como di o artigo 4, apartado 2 epigrafe b) do Estatuto dos traballadores e
queda reflectido na ley 7/2007 de 12 de Abril no Estatuto Basico do Empregado Publico,
artigo 14, epigrafe g)?
Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo
sábado, 23 de abril de 2016
viernes, 22 de abril de 2016
Sondeo: La coalición Podemos-IU sería segunda fuerza por delante del PSOE
Si se repitieran las elecciones generales, la coalición de Podemos e Izquierda Unida podría ser la segunda fuerza política nacional, ligeramente por delante del PSOE y a cierta distancia del PP, según los datos del Pulso Electoral (I) publicado el pasado 7 de abril. La potencial suma de Podemos e IU alcanzaría el 20.8% de los votos, 0.7 puntos más que el voto estimado del PSOE (20,1%) y se quedaría a 8.2 puntos del PP (29%),
Este ejercicio de simulación contabiliza la predisposición a votar esta candidatura por parte de los potenciales electorados de Podemos e IU, ya que no sería prudente presuponer una suma aritmética directa del voto estimado para ambos partidos. En el momento actual, cuando aún se desconoce la fórmula exacta que tendría la coalición -y sin haber terminado de manera oficial el plazo para formar gobierno-, quienes votarían hoy a Podemos respaldarían esta asociación en mayor medida (76%) que los de IU (59%) y, en el caso de que finalmente se materializara, la votarían con toda seguridad el 67% y el 43%, respectivamente. Estas mayores reticencias entre los probables votantes de IU se reflejan justamente en el nivel de rechazo a la alianza: el 12% de sus votantes y solo el 3% de los de Podemos afirman con rotundidad que nunca le otorgarían su voto.
El esquema cuatripartidista emergido de las elecciones generales en diciembre ha mantenido hasta hoy una cierta estabilidad, pero también es cierto que con algunas fluctuaciones importantes. El caso de Podemos e IU es destacado: desde enero la tendencia del primero ha sido decreciente (ha pasado del 22.5% de entonces al 17.0% de ahora) y la del segundo al alza (del 3.2% a más del doble, 6.7%).
El resurgir de IU se explica fundamentalmente por la atracción de votantes fugados de Podemos que, en este momento, se cifra en un 13% y que parece ir de la mano de una gran mejoría de la imagen de Alberto Garzón, que se presenta transversal en el electorado de la izquierda: entre sus propios votantes es prácticamente unánime la aprobación de su actuación política (91%), entre los votantes de Podemos es incluso superior a la de Iglesias (80% frente a 65%) y entre los del PSOE cercana a la de Pedro Sánchez (65% frente a 71% del socialista).
De acuerdo con estos datos -por ahora y con todas las cautelas presentes- se podrían dibujar cuatro escenarios hipotéticos sobre el impacto electoral que tendría esta coalición siempre y cuando la participación electoral fuera similar a la del 20D:
- Escenario crítico: En el peor de los casos, es decir, si solo votaran esta coalición quienes actualmente dicen que seguro lo harían, el resultado que cabría estimar sería el 14.3% de los votos válidos. Menos de la mitad de quienes votaron a Unidad Popular (43%) y dos de cada tres a Podemos (67%) apoyarían la alianza si hubiera de nuevo elecciones.
- Escenario prudente: Si a los que seguro dicen que votarían la coalición se incorporaran una parte importante (75%) de quienes hoy creen probable otorgarle su confianza, el voto estimado sería del 19.1%. En este caso, la hipótesis del 75% se apoya en el porcentaje de potenciales votantes de Podemos e IU que muestran intención de acudir a las urnas con toda seguridad. Otra estimación diferente de participación es susceptible de variar el resultado probable en votos.
- Escenario de suma mayor: Un sumatorio de los potenciales votantes de ambos partidos que responden “sí” cuando se les pregunta si votarían la coalición, ya sea con total seguridad o con cierta probabilidad, se saldaría con el 20.8%. Sería un resultado prácticamente idéntico al que obtuvo Podemos en diciembre junto a las confluencias (20.7%), pero que le permitiría a la coalición superar por unas décimas al PSOE (20.1%), ya que en estos momentos los socialistas se encuentran 1.9 puntos por debajo del número de votos que ahora tienen (22.0%).
- Escenario de efecto multiplicador: el hipotético resultado más alto que cabría estimar sería aquel que sumara a todos los que hoy por hoy tienen intención de votar a Podemos e IU -menos a los que afirman con seguridad que no votarían la coalición- y también a potenciales electores de otros partidos, como los del PSOE (un 2% afirma que seguro que la votaría y 22% que probablemente lo haría). Si la mitad de estos futuros votantes socialistas finalmente se decantaran también por la coalición Podemos-IU, el resultado máximo alcanzable se situaría en el 24.8%.
Existe un respaldo mayoritario a la coalición, aunque es más notable entre los electores de Pablo Iglesias que entre los de Alberto Garzón. Es una incógnita cuál será la reacción de la ciudadanía ante la implementación efectiva de este acuerdo -si es que se produce-, así que está por ver si estas actitudes mantendrán la tendencia en las próximas semanas y, sobre todo, durante la campaña electoral. Hasta entonces, lo que sí parece claro es que el estado de ánimo actual traducido en votos supondría una consolidación del modelo cuatripartidista con alteraciones en las posiciones de las principales formaciones políticas.
jueves, 14 de abril de 2016
PRIMAVERA REPUBLICANA EN CAMBRE
A
II Republica foi realmente o primeiro réxime democratico na nosa historia, con
medidas tan decisivas como a implantación do sufraxio verdadeiramente universal
co recoñecemento o voto das mulleres. A Constitución de 1931 foi tamén a
primeira que abordou o recoñecemento de dereitos sociais, económicos, é as
bases do que hoxe coñecemos como Estado de Benestar. Así mesmo, tratou de
resolver o problema dá articulación territorial de España mediante o sistema de
Estatuto de Autonomía, elaborados por iniciativa dos territorios que aspiraban
o seu autogoberno, e adiantouse en proclamar a renuncia a guerra como
instrumento de política internacional.
TEXTO REPRODUCIDO NO XORNAL “LA
VOZ DE GALICIA” CON MOTIVO DAS ELECCIÓNS
MUNICIPAIS DO 12 DE ABRIL DE 1931. E PROCLAMACIÓN DA II REPUBLICA.
Con gran alegría se procedió en esta
Villa a la proclamación de la
República , asistiendo a esta solemnidad tres significados
miembros del Casino Republicano de La
Coruña , los cuales eran portadores de la bandera tricolor y
el retrato alegórico de la República
para ser colocado en el salón de sesiones de la Casa Consistorial.
El momento de ser izada la bandera en el
balcón principal, fue de gran emoción, efectuándose dicho acto a los acordes de
la Marsellesa
y vivas del numeroso público allí reunido, que aclamaba la enseña de la
libertad y la democracia. Luego la banda de música tocó en el campo de la feria
hasta bien entrada la noche.
Después de levantar acta de la toma de posesión de los concejales
proclamados el dia 12, se nombró accidentalmente alcalde al de mayor edad,
quedando constituida la
Corporación por siete republicanos, ocho demócratas y un
conservador.
El triunfo obtenido por la formación republicana
fue rotundo, puesto que los siete concejales presentados triunfaron por gran
mayoría de votos sobre los conservadores, y teniendo en cuenta que los caciques
tenían su mayor defensor en la secretaría del ayuntamiento, desde donde a pesar
de haber manejado cuantos elementos y resorte tenían a su alcance, no pudieron
conseguir nada contra la voluntad popular.
El júvilo que causo en este pueblo la
implantación de la República
en España, fue tan extraordinario que no acertamos a describirlo. Hubo escenas
emocionantes. Increíble parecía la nueva aurora de la Libertad y la Justicia tan atropelladas
durante los años dictatoriales.
Manifesto Republicano de Esquerda Unida
LEMBRANZA REIVINDICATIVA DA NOSA MELLOR HISTORIA
Lembramos para reivindicar, no 85 aniversario da proclamación da República, a tantas persoas que entregaron o seu traballo para erguer a esperanza compartida de construír un novo país. Non queremos esquecer o exemplo de dignidade democrática que as urnas da primavera republicana de 1931 expresaron ao derrotar a un réxime apodrecido entre a miseria e explotación á que sometía ás clases traballadoras e a corrupción estrutural na que vivían as elites daquela I Restauración Borbónica.
A República constituíu, entón, a resposta das clases traballadoras e populares para disputar ás clases dominantes, a dirección política do Estado, a construción material de condicións de vida dignas para a maioría social traballadora, e en resumo a ferramenta para acadar a hexemonía de valores, a panca básica para a transformación social.
A proclamación da República fora posible polos azos unitarios construídos e que callaron na acción política e electoral conxunta republicana e socialista. A mellora das condicións laborais, os avances na loita pola igualdade que simbolizou o sufraxio universal, os milleiros de novas escolas unificadas, o proceso social polo que o noso pobo gañou dignidade ao derrotar ao caciquismo e plebiscitar o autogoberno… son algúns dos fitos dunha República que na Fronte Popular sinalou o camiño do porvir. Dese alento transformador somos coherdeiros e corresponsables todas e todos os que acreditamos na apertura dun proceso constituínte cando o réxime da II Restauración Borbónica provoca condicións de vida insoportables para tantas e tantos de nós.
A MELLOR RESPOSTA A CRISE É A REPÚBLICA
Onte coma hoxe, a reivindicación da República constitúe a mellor resposta unitaria democrática e social que a cidadanía pode pousar para enfrontar o secuestro da soberanía popular e a redución dos procedementos democráticos a unha mera fórmula baleira. A resposta á miseria social que estende polo noso país ese capataz que presume do déficit público cando case setecentas mil persoas en Galicia se atopan en situación de pobreza ou exclusión social e logo de un septenio de crise-estafa e da ruptura dos acordos constitucionais do 78, mediante a deturpación da Constitución coa reforma do artigo 135 e as leis de estabilidade orzamentaria que nos reducen a reino vasalo intervido de facto pola troika, que xa reclama unha nova libra de carne traballadora en forma de ulteriores recortes orzamentarios e privatizacións.
A República constitúe a mellor resposta unitaria que poden xerar as clases traballadoras e populares para pór fin ao rebaixamento dos salarios e o aumento das desigualdades salariais, o aumento dos ritmos de traballo, a perda xeral de dereitos laborais que supuxeron as contrarreformas laborais de Zapatero e Rajoy, que puxeron na picota a negociación colectiva e, en xeral, para confrontar a realidade do aumento da explotación nas relacións sociais de produción.
A República constitúe a mellor resposta unitaria que poden achegar as mulleres feministas para soster - cando a crise se emprega como pretexto para xustificar as desigualdades e a sistemática de violencia material e simbólica sobre elas- a loita pola igualdade e para combater a feminización da pobreza, a erosión e privatización dos servizos públicos, a fenda salarial e a súa reclusión na modalidade contratual do traballo a tempo parcial, así como a guettización en sectores produtivos de baixo valor engadido, intensivos en man de obra e con baixos salarios e pésimas condicións laborais, o que fai inviable a conciliación e a corresponsabilidade.
A República constitúe a mellor resposta unitaria para unha cidadanía farta das tramas de corrupción política-empresarial que malbaratan os recursos públicos en beneficio dunha fracción minúscula da sociedade: a irmá do rei Juan Carlos na trama Panamá, o curmán do rei e a súa irmá na trama Noos, as mensaxes privadas de ánimo dos reis a un empresario da elite, familia dun dos grandes construtores do franquismo imputado polo financiamento ilegal do PP, os escuros negocios do pai do actual rei… a coroa semella unha esterqueira moral feita de consentidos negocios turbios que sela o entramado de intereses da resturación oligárquica en curso.
RESTAURACIÓN OLIGÁRQUICA OU PROCESO CONSTITUÍNTE
A disxuntiva hoxendía enfronta a resignación da restauración oligárquica ao redor do rei Felipe VI, o tripartidismo e o Consello Empresarial da Competitividade ou a esperanza da ruptura democrática coa apertura dun proceso constituínte que permita ás xentes do común participar efectivamente na toma das decisións clave que afectan as nosas vidas, xa no traballo, xa nos servizos públicos, ou para as pensións ou sobre o modelo de Estado.
A democracia republicana compendia a resposta unitaria que temos que construír as diversas forzas políticas, sindicais e sociais que queremos construír un novo país, distinto e mellor do que nos impoñen as forzas do turno monárquico. Esa apelación republicana resulta un chamado a todas as persoas que se consideran cidadás e non aceptan a condición que nos queren impor de facto, a de súbditos.
A República é a sola posibilidade dun porvir sen barbarie ao constituír a mellor ferramenta para que o pobo galego constrúa coas outras nacións do Estado un proceso constituínte que afirme a soberanía popular, amplíe os dereitos económicos, sociais e culturais, afirme as liberdades nacionais ao través das prácticas e mecanismos da democracia participativa, xere unha atmosfera ética para o exercicio das responsabilidades públicas e realice a pedagoxía da solidariedade internacionalista coas persoas que viven e traballan connosco e para coas persoas refuxiadas a causa das guerras neocoloniais do imperialismo.
O novo país que arelamos as mulleres e homes de Esquerda Unida, feito cos vimbios da ampliación dos dereitos, a afirmación das liberdades, a democracia participativa e a xustiza social ten as cores emancipadoras da República.
Por iso, neste 14 de abril,
Na procura dos dereitos do noso pobo
No compromiso coa xustiza social
Na loita pola igualdade
Na afirmación da nosa lingua e cultura
Na preservación da nosa terra
Viva a República!!
miércoles, 13 de abril de 2016
martes, 12 de abril de 2016
FESTA EN CONMEMORACIÓN DO LXXXV ANIVERSARIO DA II REPUBLICA
O próximo sábado dia 16, EU de Cambre, como ven sendo habitual nos últimos anos, celebrará a “IX Festa Republicana” co obxectivo de celebrar o 85 aniversario da proclamación da II República, o acto terá lugar no local social da S.D.C.R do Sporting Cambre en Quintán (Cambre) a partir das 13:30 horas.
Será unha festa pública e aberta a toda a cidadanía, na que compartiremos todas xuntas unha comida de confraternidade. No transcurso do acto, darase lectura a un manifesto de compromiso cos valores cívicos da II República, recordando o papel das demócratas, do movemento obreiro e da esquerda na súa loita pola recuperación da memoria histórica. Ademais, contaremos coa presenza da deputada de AGE e secretaria do PCG, Eva Solla. Dende EU Cambre entendemos que a República non só é memoria do pasado si non tamén, proxecto de futuro.
Como en edicións anteriores, serán sorteados libros e bandeiras Republicanas entre os asistentes.
Será unha festa pública e aberta a toda a cidadanía, na que compartiremos todas xuntas unha comida de confraternidade. No transcurso do acto, darase lectura a un manifesto de compromiso cos valores cívicos da II República, recordando o papel das demócratas, do movemento obreiro e da esquerda na súa loita pola recuperación da memoria histórica. Ademais, contaremos coa presenza da deputada de AGE e secretaria do PCG, Eva Solla. Dende EU Cambre entendemos que a República non só é memoria do pasado si non tamén, proxecto de futuro.
Como en edicións anteriores, serán sorteados libros e bandeiras Republicanas entre os asistentes.
Asdo: Consello Político Local de EU de Cambre
ESQUEDA UNIDA APOIA A
FOLGA DE ESTUDANTES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E SUPERIOR CONVOCADA PARA O
MÉRCORES 13 DE ABRIL
Esquerda Unida aposta pola inmediata
derogación da lei Wert e do Decreto 3+2
Compostela, 12 de abril de 2016. A Área de Educación de Esquerda Unida expresa o seu total apoio á convocatoria de folga de estudantes de universidade e educación secundaria "convocada para este mércores 13 de abril a través de asembleas estudantís unitarias promovidas polo movemento estudantil galego en reivindicación da inmediata derogación da LOMCE e o Decreto 3 + 2.
Considerada de forma unánime pola
comunidade educativa como unha lei de corte extraordinariamente regresivo e
conservaddor, e precedida das maiores mobilizacións da historia da democracia
en España en contra dunha lei educativa, Esquerda Unida quere sinalar o
compromiso adquirido no seu momento pola totalidade das forzas parlamentarias
da oposición ao goberno do PP de derogar a LOMCE, polo que considera a
proposición de ley do PSOE aprobada no parlamento o pasado 5 de abril como
insuficiente, e propón a inmediata derogación da mesma.
De igual xeito Esquerda Unida, comparte
a proposta do estudantado galego en relación á inmediata derogación do Decrerto
3+2, que ao prolongar por dous anos os estudos de máster, profundiza na
progresiva privatización da universidade, ao tempo que dispara os custos para o
estudantado, facendo inasumible para cada vez sectores de poboación máis amplos
a finalización dos estudos superiores.
Gabinete
de prensa de EU
jueves, 7 de abril de 2016
Grupo Político Municipal . Praza de
Europa, 7 www.asembleacambre.es
ACdC DESMINTE AS DIFAMACIÓNS DO ALCALDE CO DOCUMENTO QUE
ACREDITA QUE PRESENTOU ATA 28 PROPOSTAS PARA INCLUIR NOS ORZAMENTOS 2016.
UXC
MINTE ÓS VECIÑOS CANDO DI QUE NON RECIBIU
NINGUNHAAPORTACIÓN D A OPOSICIÓN
Dende o
grupo municipal da ACdC, queremos manifestar o noso malestar polas constantes
mentiras e difamacións que se transmiten non só de forma individual ás veciñas
e veciños, senón tamén de xeito público a través dos medios de comunicación por
parte do goberno municipal, coa intención de encubrir a súa incompetencia.
Onde o goberno
de UXC-PSOE declara non recibir da oposición ningún tipo de proposta respecto
aos futuros orzamentos, dende o grupo municipal da ACdC, atopámonos en
condicións de demostrar estas falsas acusacións aportando como proba o
documento sellado co cuño do rexistro de entrada de 28 propostas para ser
incluídas nos orzamentos de 2016.
Consecuentemente
cos plazos de presentación e elaboracións dos orzamentos ditas propostas as
rexistramos con data de 10 de Novembro de 2015, co ánimo de non retrasar o
calendario de aprobación dos orzamentos que finalizou o último día de decembro
de 2015.
A incompetencia
do actual Goberno de Cambre, no só leva a presentar os orzamentos con 4 meses
de retraso, senón que pretenden facer corresponsables a grupos da oposición,
cando dende a ACdC nos mostramos en todo momento colaborativos e proactivos,
presentando propostas que enriqueceran o documento final.
Por si esto
fora pouco, dende novembro ata o día de hoxe, non tivemos resposta en ningún
sentido sobre o tratamento que se fixo con estas propostas, ou si se ían a ter
ou non en conta, sendo esta unha nova mostra da falta de diálogo que ten este
goberno coa ACdC.
Adxuntamos a
esta nota de prensa o documento orixinal co selo de rexistro como xustificación
documental da nosa acusación, e requerimos ó Alcalde a que desminta as
difamacións vertidas.
Olga Santos Voceira da ACdC
lunes, 4 de abril de 2016
viernes, 1 de abril de 2016
ESQUERDA UNIDA ESIXE A DEPURACIÓN DE
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS E PENAIS TANTO TURCAS COMO EUROPEAS POR CRIMES
CONTRA A HUMANIDADE
Compostela, 31 de marzo de
2016. O membro da dirección de Esquerda Unida e deputado de AGE
Xabier Ron denuncia que “o homicidio de persoas refuxiadas, entre elas
menores, por parte de Turquía coa complicidade da UE representa o ASASINATO DA
DEMOCRACIA”. Ademais, Esquerda Unida esixe a depuración de
responsabilidades políticas e penais tanto turcas como europeas por crimes
contra a humanidade.
“Se se confirman as informacións
extraídas polo Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos sobre os asasinatos
indiscriminados cometidos pola policía turca, e dados a coñecer esta tarde, reafirmamos
que este é un acordo criminal e esiximos non só o seu final, senón tamén a
depuración de responsabilidades políticas e penais por crimes contra a
Humanidade”, remata o deputado.
Grazas
pola vosa atención
Gabinete
de prensa de EU
Suscribirse a:
Entradas (Atom)